CONCERTO DE FIN DE CURSO


 Para rematar un ano tan duro para todas as persoas que formamos a comunidade educativa do IES de Vilalonga nada mellor que facelo con música.

Moitas grazas a Juan e ao seu alumnado de 2º e 3º ESO A e a Marcos, Anxo, Daniel e Natalia por facer que fose un peche espectacular!!! Que artistas!!!






ENTREGA DE PREMIOS

 Esta tarde de celebración aproveitamos para entregar os premios do XV Certame Literario do IES de Sanxenxo e os do noso propio centro. Non todos puideron vir, pero gardarémoslle os premios.

Seguide creando e concursando!!! Parabeńs a tod@s!!!

Gañadoras e finalistas do certame IES de Sanxenxo:












Gañadoras do concurso do IES de Vilalonga:




AS HERBAS DE SAN XOÁN

 A poucos días de que chegue unha das grandes festas da nosa terra e para que as novas xeracións sigan manténdoa, hoxe fixemos unha charla e un paseo didáctico para coñecer e recoñecer as herbas de San Xoán. Con Manolo Domínguez, da empresa de educación ambiental Ventos, coñecemos a riqueza da nosa flora e das nosas tradicións. Só se ama e se respecta o que se coñece.





Proxecto interdisciplinar matemáticas- xeografía e historia.

Desde os departamentos de Matemáticas e Xeografía e Historia vimos traballando durante este curso en pequenos proxectos interdisciplinares nas aulas de 1º ESO.

Nesta avaliación mergullámonos nas primeiras civilizacións fluviais para investigar en que contexto histórico xorde Mesopotamia e a escritura humana; como se organizaban estas sociedades e de que maneira se administraba a xustiza.
A través do Zigurat de Ur o alumnado aplicou os seus coñecementos en volume, proporción e sistemas de numeración; aplicou o teorema de Pitágoras e comprobaron o coñecemento matemático que tiñan os sumerios.
O resultado de todas estas cuestións foron plasmadas en distintos borradores ao longo da avaliación co obxecto de crear un artigo científico para difundir de maneira clara e precisa os resultados destas indagacións.
Entre os artigos presentados polo alumnado de 1º ESO, destacamos o excelente traballo de Daniel Simes pois sintetiza perfectamente os obxectivos formulados ao inicio do proxecto. Parabéns Dani:




PREMIOS CONCURSO IES VILALONGA "ABRIL DOS LIBROS, MAIO DAS LETRAS"

 

Parabéns a todos por participar un ano máis no certame de escritura do IES. De entre todas as persoas foron seleccionadas como gañadoras as seguintes.

 Entregaremos os premios o día 22 de xuño pola tarde.

 

Abril dos libros, maio das letras

 

CATEGORÍA B (1º e 2º ESO)


FINALISTA

CURSO

POSICIÓN

Uxía Rozas Pérez

2º B

1º premio

Candela Estévez Deza

2º B

2º premio

Ignacio Carballa Maza

1º B

3º premio



CATEGORÍA C (3º e 4º ESO)


FINALISTA

CURSO

POSICIÓN

Claudia Pérez Viñas

4º A

1º premio

Santiago Esteban López-Gil

4º B

2º premio

Deserto

-

3º premio


PREMIOS XV CERTAME LITERARIO IES SANXENXO

 

Xa temos os resultados do XV Certame literario IES de Sanxenxo. Parabéns a todas as persoas premiadas!!

 Entregaremos os premios o día 22 de xuño pola tarde.

 

CATEGORÍA B (1º e 2º ESO)


FINALISTA

CURSO

POSICIÓN

Uxía Toba Poza

2º B

1º premio

Manuela Garrido Míguez

2º B

4ª finalista

Candela Estévez Deza

2º B

6ª finalista

Enma Rodríguez Blanco

1º A

8ª finalista



CATEGORÍA C (3º e 4º ESO)


FINALISTA

CURSO

POSICIÓN

Emma Domínguez Fernández

4º B

2º premio

Candela Pérez González

3º A

1ª finalista

Mateo Otero Torres

3º A

3º finalista

Claudia Pérez Viñas

4º A

6ª finalista


SUXESTIÓNS DE LECTURA EN CASTELÁN E GALEGO PARA 3º E 4º DE ESO

Xa non queda nada.... as vacacións están á volta da esquina, tralo esforzo realizado durante o curso, ben merecemos gozar do sol, do mar, da ansiada liberdade e dos amigos/as, con sentidiño, eso si, que o becho aínda anda por aquí!

Hai outro pracer que debedes cultivar e non esquecer, é por iso que elaboramos as seguintes listaxes de libros que vos poden acompañar alá a onde vaides, que vos poden agardar ao lado do sofá, da cama, non van protestar nunca aínda que cheguedes tarde á cita, pero chegade diariamente.
LEDE, LEDE, E LEDE. A lectura danos ás, protéxenos dos mostros e preparanos para a vida.
BO VERÁN e MOITA LECTURA!




(NOTA: moitos dos títulos que incluimos atoparedelos na biblioteca)

AUDIOLENDA LONGLEAT HOUSE

Dous alumnos de 1º de BACH baseáronse nunha das lendas do proxecto "Lendas de aquí e de acolá", realizado co IE Cañada Blanch de Londres, para facer na materia de TIC unha gravación sonora da lenda británica relacionada coa Longleat House e a súa pantasma. 

Magnífico resultado que compartimos con vós!






Parabéns Jaime Camiña Caneda e Mario Santiso Ferreiros, gran traballo.
Ide pensando en unirvos e crear as vosas audiolendas para o curso que vén!

O cambio climático, é hora de actuar!!!

 


O IES de Vilalonga tivo a oportunidade de colaborar co Proxecto Ecociencia promovido pola Universidade de Vigo. Dirixido a concienciar ao alumnado de secundaria sobre a necesidade de conservar o medio ambiente e sobre o grave problema que supón o cambio climático en xeral.

O alumnado de 4º ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía, como verdadeiros xeólogos e ecólogos, especialistas na materia puideron construír unha liña do tempo do planeta, dirixir unha campaña de publicidade de concienciación sobre a deforestación e a perda de biodiversidade ou elaborar un discurso dirixido aos membros integrantes da ONU.

Deste xeito, grazas á propia observación e intenso traballo realizado ao longo de dúas semanas puidemos percatarnos de que o cambio climático é un problema de todos e todas e que é posible coidar do medio ambiente coa posta en práctica de sinxelas actuacións.


EXPOSICIÓN DE ÁRBORES DA CONTORNA

 O alumnado de 1º ESO A e B fixo unhas fermosas láminas sobre as especies de árbores autóctonas e naturalizadas en Galicia.

Unha forma de coñecer e divulgar o noso patrimonio natural.









CROWDFUNDING PARA O BANCO DE ALIMENTOS "RÍAS BAIXAS"

 O alumnado de Ciclo Medio e de FPBásica de Administrativo vai facer un crowdfunding en beneficio do Banco de Alimentos Rías Baixas para mercar produtos de necesidade nun ano no que a pandemia da covid-19 supuxo a imposibilidade da recollida de alimentos nas diversas campañas habituais e, por outra banda, incrementou o número de solicitantes de axuda.

Para levar a cabo esta iniciativa, o venres 11 de xuño, en horario de entrada e recreos, porán dúas urnas para depositar as donacións, unha na entrada do Edificio 1 co lema “1 euro por un desexo” e outra na entrada do edificio 2 “Un sorriso por 1 euro” . Co recadado mercarase leite para o banco de alimentos Rías Baixas, concretamente para a súa sede nas Telleiras.
Parabéns ao alumnado e profesorado do IES de Vilalonga pola súa iniciativa e compromiso coa sociedade!
(cartel feito polo alumno Rodrigo Tacón)

UN VERÁN DE AVENTURAS

Iniciamos con esta campaña de animación á lectura para o verán unha serie de "anuncios" literarios que seguirá o curso que vén.

Co lema "O verán é para vivir aventuras e algunhas están entre estas follas. Descúbreas" presentamos un fragmento da obra Sen piedade, de Pedro Feijoo.

Esperamos que vos animedes e que pasedes un bo verán e unha boa aventura.