Estrea da película "A praia dos afogados"



A Praia Dos Afogados - TRAILER galego from Tornasol Films on Vimeo.

Estamos de noraboa no cine en galego, posto que estes días estréase "A praia dos afogados", película baseada na novela homónima de Domingo Villar. Esta novela negra publicouse en 2009 continuando o éxito acadado pola súa primeira obra: "Ollos de auga", onde o escritor nos familiarizou cos personaxes do investigador, Leo Caldas, e do seu estreito  colaborador,  Rafael Estévez. 

Xa está tamén para saír publicada a seguinte entrega do que vai camiño de converterse nunha saga, con moi fieis seguidores, que levará por título: "Cruces de pedra".

A película está dirixida por Gerardo Herrero e no guión colaborou Domingo Villar xunto con Felipe Vega. Rodouse en Vigo, onde se desenvolve a acción e está protagonizada por Camelo Gómez. Nela tamén interveñen actores galegos, como Luis Zahera e Celso Bugallo. 

Agora haberá que esperar, coma sempre, que a deusa fortuna nos acompañe para poder gozar cunha desas proxeccións na nosa lingua.

Un artigo de Disquecool no exame da selectividade en lingua galega

disquecool - O medio de tendencias made in Galicia
O blog DISQUECOOOL  foi a fonte de onde se tomou un dos textos do exame de selectividade de lingua galega e literatura en setembro. Trátase dun blog que se está a converter en imprescindible para todos os que botamos unhas horas a ler pola rede diariamente, posto que trata temas de actualidade dun xeito fresco e sen ningún tipo de xustillos.


A entrada empregada como escusa para realizar o comentario foi unha que leva por título "Se queres ser moderno de verdade, pasa do smartphone"

MÚSICA. OUTONO 2015. POP-ROCK

Jaime Urrutia - Dónde estás? - Videoclip Amigos


Rb.

Estrea de curso e de cartel das bibliotecas escolares


Con este cartel da autoría de Fran Bueno dámosvos a benvida ó novo curso escolar 2015-16. 

O lema deste ano: "Biblioteca escolar, base de exploracións" deixa a porta aberta a todo o que podedes descubrir na nosa biblioteca.