Amosando publicacións coa etiqueta ILUSTRACIÓN b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ILUSTRACIÓN b>. Amosar todas as publicacións
Exposición dos traballos do CONCURSO DE ADHESIVOS 2017
Durante este trimestre contamos coa exposición dos traballos que participaron no CONCURSO DE ADHESIVOS 2017 organizado polo EDLG.
Este ano foron os seres míticos galegos os protagonistas das ilustracións e lemas que parciparon no concurso: trasnos, sereas, urcos, meigas, nubeiros, unicornios, homes do saco, lobishomes, Santa Compaña e demais fauna máxica galega decoraron os nosos corredores.
Con lemas tales como: "Soña en galego", "Penso, logo falo", "Por unha Galiza de lenda", "Nas nubes sempre está, máis o galego nunca esquecerá" "Mergúllate no galego", "Terra de meigas", "Animais fantásticos e onde atopalos en Galicia", "Exercita o galego", "Embrúxate co galego".
Día da ilustración 2016

Desde o 2014 a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu no calendario de lectura a celebración do DÍA DA ILUSTRACIÓN en Galicia, coincidindo coa data do 30 de xaneiro, nacemento de Castelao.

Nada mellor para celebralo que poñernos ó tanto das 204 ilustradoras españolas que deberiamos coñecer. Abre esta ligazón e goza coas súas ilustracións.
CONCURSO DE ADHESIVOS 2015-16 do EDLG
O GALEGO REGRESA Ó FUTURO. Outros 100 anos pola lingua.
Coa idea de desenvolver un lema con este tema, desde a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés este curso tentamos recoller o labor do traballo feito polas Irmandades da Fala hai xa, no vindeiro ano, cen anos e darlle un pulo futurible até o 2116 cando menos.
Entendemos que é bo mesturar a idea dun futurible de ciencia ficción coa normalización do noso idioma nun hipotético 2116, se é que fose preciso seguir a profundar nesta arela nese tempo ou simplemente xogarmos coa idea dun Regreso ó futuro, ó igual que na película da que se celebrou o aniversario este ano.
Para combinar estes dous conceptos: ciencia ficción e normalización lingüística, deixamos aquí outros recursos como o de debuxar a R2-D2 da Guerra das Galaxias.
Estrea de curso e de cartel das bibliotecas escolares
Con este cartel da autoría de Fran Bueno dámosvos a benvida ó novo curso escolar 2015-16.
O lema deste ano: "Biblioteca escolar, base de exploracións" deixa a porta aberta a todo o que podedes descubrir na nosa biblioteca.
"Vida de nai"
![]() |
"Vida de nai" é unha das novidades que poderedes atopar na nosa biblio neste comezo de curso.
Nesta banda deseñada achégansenos as tribulacións diarias da nai de hoxe en día, moitas das veces sobrepasada no seu quefacer diario para poder atender os seus fillos e o seu traballo.
É unha obra que pode interesar ós pais e nais do noso alumnado e que será do gusto dos rapaces e o profesorado, que tamén están reflectidos neste cómic.
"Destroza este diario"
Sergio Mora e Sonja Wimmer, xunto co alumnado da escola Llotja ensínannos neste vídeo o proceso de creación-destrución, no que ti tamén podes participar. Trátase do concurso "Destroza este diario".
Crea, pinta, molla, cuspe, pisa, machuca... e manda o que es capaz de facer a http://www.elartistaerestu.com/
MANUEL UHÍA
O xoves 12 de abril estivo no centro Manuel Uhía co alumnado de 1º de ESO.
O vídeo seguinte é un pequeno "recorte" do seu obradoiro de ilustración.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


