Bo Nadal!


Un ano máis a comunidade escolar do IES de Vilalonga, e en especial a Biblioteca e o EDLG, felicitan as festas a todos os que visitan a nosa bitácora. Damos as grazas  ó noso compañeiro, profesor e pintor, Eduardo Baamonde, que nos cede, ano tras ano, o seu traballo para este fin.

Este ano coa crise vemos que o noso Apalpador particular ten algúns problemas co seu traxe,  no canto de perder quilos anda a perder os agasallos, e por riba parece que algúns tamén llos rouban. De todos xeitos esperamos que moitos deles vos cheguen e consigan colmar os vosos desexos.

100% CEF

100% CELSO EMILIO FERREIRO, aquí podes ver o documental completo que  estreou o día 12 do 12 do 2012, case ás doce da noite, a TVG. Baixo a dirección de Aser Álvarez e con Luis Tósar, protagonizando a Celso Emilio Ferreiro, esta obra achéganos unha fonda visión da vida do autor a través de moitos persoeiros que o coñeceron e conviviron con el.

Os poemas  musicados por autores como Luís Emilio Batallán, Xiana Lastra e Mini e Mero, co punk dos Labregos do Tempo dos Sputniks e co rap máis contemporáneo de Ferriman, Nuno e Fred engaden un fondo musical de grande riqueza.

" A letra miúda"

A Coordinadora Galega de ENDL edita o primeiro número de A letra miúda, unha publicación dixital dirixida ao profesorado dos centros de ensino non universitario.

Trátase dunha revista dixital que pretende a autoformación do profesorado en cuestións de sociolingüística básica orientadas cara ó ensino

Moito Culturgal


O  CULTURGAL deste ano deixounos moitas cousas.  De entre elas, polo pulo de autoestima que supuxo, destacariamos a campaña desenvolta pola   CTNL (COORDINADORA DE TRABALLADORES/AS DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA).
Na que unhas 700 persoas visibilizamos o noso apoio á lingua, sacándonos unha foto para expresármonos sen complexos de ningún tipo: "GÚSTAME O GALEGO", pinchando neste lema podedes atopar todas as fotos da páxina  do facebook, que se creou  ex profeso. Tal foi o éxito da campaña que están a organizar a súa difusión polas distintas comunidades escolares.

Nestroutra páxina: DISQUECOOL atoparedes outras moitas iniciativas, novidosas e  interesantes, do Culturgal deste ano. Ademais dos moitos escritores, músicos, actores e creadores de toda índole que conformaron o fervedoiro de actividades da nosa feira da cultura.

RECITANDO CELSO EMILIO



Un grupo do noso alumnado de 1º da ESO recitou na biblioteca "Deitado frente ao mar" uníndose así á homenaxe colectiva que onte, 12 do 12 do 2012, se realizou ás 12.00 h, para pechar os actos do aniversario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Deste xeito uniuse á convocatoria feita pola Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización Lingüística e da nosa propia Coordinadora de ENDL do Salnés.

De todo: música, librerías e blogues estupendos, cine, televisión

1)
Música
Lidia Pujol, Dulce Pontes, Mayte Martín
 

2)
Librerías. Blogues
 Proseguimos neste outono que comezamos dedicados ao amor. Agora vos presentamos tamén, con amor, unha librería e o seu blogue
(Madrid)

Entra, consulta todas as súas seccións. En "tengan cuidado ahí fuera" encontramos poemas, libros...,que sempre nos deixan ver o mundo tal como é en cada intre: Utopía (novela) e un poema de Lope de Vega en Una historia de amor para toda la vida; Gil de Biedma  e José Hierro en Buenos tiempos para la lírica... Se a podes visitar, atenderante moi ben

... e con máis amor, outra librería: Librería Metáfora
(Pontevedra)
Pequena pero selecta. Comeza. Fala co seu libreiro
3)
Cine
"unha fermosa película:
de Fernando Trueba
4)
Televisión
máis amor:
Xornadas da ELP na Coruña: "Un nuevo amor", en V Televisión: 
 El amor en el s. XXI, Entrevista de Fernanda Tabarés a Manuel Fernández Blanco. Moi interesante.

CELSO EMILIO FERREIRO 12/12/12 ÁS 12

Durante os días 12 e 13 de abril deste ano a relación de centros que cito a continuación: IES SANXENXOIES VILALONGACEIP A FLORIDACEIP DORRÓNCEIP PORTONOVO coordinamos unhas xornadas que tiveron como fin promover a lectura.
Resultado deses encontros foi, entre outros, o seguinte vídeo co que nos sumamos ao acto colectivo: #recitandocelsoemilio o 12/12/12.

"Deitado frente ao mar"



http://cadernodacritica.blogaliza.org/2012/11/27/xogando-e-aprendendo-con-celso-emilio-ferreiro/


No centenario do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) pretende rendérselle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo, que aune un importante número de centros educativos na realización do recitado dun dos seus poemas máis emblemáticos. 

Neste enlace tedes toda a información: RecitandoCelsoemiliO.

Nós estamos a traballar na nosa homenaxe co alumnado de 1º da ESO.