Ligazón á TVG para acceder a varios documentais sobre Carlos Casares.
Amosando publicacións coa etiqueta DOCUMENTAL b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DOCUMENTAL b>. Amosar todas as publicacións
"Human", un documental que non podes deixar de ver
Para todos aqueles alumnos e alumnas que si queren ver o final do documental que comezamos a ver nas clases procurando os testemuños de persoas albinas para que nos iluminasen sobre este problema que estabamos a traballar no libro de Manuel Núñez Singala, Camiños na auga, queda aquí o volume tres onde aparecen.
E para quen aínda non o viu que saiba que na biblioteca está ó seu dispor. Con testemuños humanos de todas as razas e condicións que van desde o máis estarrecedor ó máis tenro. E con impresionantes imaxes gravadas con drones que nos fan reflexionar sobre o sentido da vida do ser humano desde o máis profundo de calquera recuncho do planeta.
"Os restos do pasado. Unha viaxe pola Lanzada"
Para todos aqueles que non puidestes escoitar onte a interesante charla que impartiu no noso centro o arqueólogo, Rafael Rodríguez, que dirixiu as escavacións na Lanzada 2010-2016.
Quédavos aquí a curtametraxe documental sobre o xacemento arqueolóxico da Lanzada, presentada ao I Festival de Curtametraxes sobre o Patrimonio Arqueolóxico da Provincia de Pontevedra Telearqueoloxía 2016.
"A lingua dos nenos"
Documental producido por Rinoceronte Editora acerca da perda da lingua materna que sofren os nenos galegofalantes, vista dende a óptica dos seus pais.


"Unitarias. Historia dun mestre galego"
Unitarias. Historia dun mestre galego from Adivina Producciones on Vimeo.
"Eu entraba na escuela e poñíame a falar castelán", esta é unha das frases extraídas deste documental que revisa trinta e cinco anos do noso sistema escolar educativo, desde 1961 ata 1996.
Nesta ligazón encontraredes máis información sobre este interesante documental.
"Contextualizando a Filgueira"
Documental de Gonzalo E. Veloso sobre o escritor, historiador e profesor Xosé Filgueira Valverde, a quen se lle dedica en 2015 o Día das Letras Galegas. Interveñen historiadores, investigadores, familiares e amigos. Participantes: Carlos Reigosa, Xesús Alonso Montero, Francisco Fernández Rei, Xusto Beramendi, Daniel Lanero, Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Míguez, Andrés Rodríguez Almansa, Víctor Freixanes, Ramón Villares, Inma López Silva, Henrique Monteagudo, Pegerto Saavedra, Carlos Valle, Francisco Díaz-Fierros, Xosé R. Fandiño, Anton Lopo, Luis Cochón, Amaia Bóveda, Valentín G. Bóveda, Xavier Fortes, Xosé Fortes e fillos/as de Filgueira Valverde.
OUTROS RECURSOS NA REDE NESTE ENLACE DE BOTÓNS. (PORTAL GALEGO DE EDUCACIÓN)
Engadimos tamén outra proposta de Associaçao Galega da Língua (AGAL) para traballar este autor que se completa co visionado do documental: "Decreto Filgueira".
Engadimos tamén outra proposta de Associaçao Galega da Língua (AGAL) para traballar este autor que se completa co visionado do documental: "Decreto Filgueira".
Documental "Galicia bravú"
Queda aquí este documental realizado polos estudantes de Comunicación Audivisual porque o outro día na clase o meu alumnado, que nunca deixa de sorprenderme, declaraba que aínda que creceu vendo O Xabarín non sabía o que era a denominación de rock bravú.
Galiza Bravú from Xaime Miranda on Vimeo.
"Invisibles. Nenos soldado"
Extracto do documental "Invisibles", producido por Javier Bardem. Este fragmento corresponde á parte dirixida por Fernando León de Aranoa, que levou a súa cámara até Uganda para denunciar a situación dos nenos soldados, que son secuestrados ás súas familias para obrigalos a matar ata morrer.
Baixo este título desenvólvense dúas historia de ficción "O sono de Bianca" e "Cartas a Nora" e tres documentais: "A voz das pedras", "Ouma" e " Crimes invisibles". Estas historias lévanos á República Centroafricana, Colombia, Uganda e a República Democrática do Congo para reflectir e recordar situacións coma as enferrmidades de chagas e do sono, os Night Commuters de Uganda, a violencia de Colombia e a agresión sexual na República Democrática do Congo.
Nesta ligazón podes atopar o documental completo.
DOCUMENTAL: "CHIANDO"
Neste microdocumental o promotor de TWITTER EN GALEGO cóntanos como conseguiu sacar adiante a súa iniciativa, todo un exemplo do activismo persoal do que se nutre a nosa lingua para sobrevir no mundo das novas tecnoloxías.
LUISA VILLALTA: PAIXÓN E COMPROMISO
Unha poeta galega, Luísa Villalta, como símbolo da paixón e compromiso da muller no seu quefacer, neste caso literario par celebrar que hoxe, 8 de marzo, é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
DOCUMENTAL: "PROFES"
Documental para ver con calma e que o profesorado reflexione un pouco sobre o seu labor docente. É significativa unha das frases que pronuncia un dos profesores:
"Se un neno non se emociona con algunha aprendizaxe, esa aprendizaxe non vai ser significativa"
"O espectacular tempo do mundo vexetal"
Antes de comezar o curso paga a pena pararse un pouco a gozar coa visión deste vídeo documental, que nos serve metaforicamente para pensar na evolución que sufrirán este ano os nosos alumnos.
"EL MARISCAL. MITO, LEYENDA Y REALIDAD"
Documental sobre a figura do MARISCAL PARDO DE CELA, que estivemos a buscar desde que o noso compañeiro, André Fernández, o viu e que nos serve para comentar que este colega nos deixa para xubilarse. Esperamos que a sorte o acompañe nesta nova etapa.
Podes velo integramente picando no enlace.
As linguas minoritarias en Europa
As linguas minoritarias dependen da lexislacións de cadanseu estado, de aí que estean protexidas e sexan promocionadas por uns, mentres están a ser maltratadas por outros.
A Carta Europea de defensa das linguas rexionais ou minoritarias (CELRM) foi asinada por 31 estados o 5 de novembro de 1992 e establece que os adherentes, entre eles o Estado español, comprométense a cumprir os seus artigos e contribuír a manter e desenvolver a riqueza cultural de Europa e as súas tradicións, e recoñece as linguas rexionais ou minoritarias como expresión da riqueza cultural.
"A historia dunha lingua asoballada"
Interesante documental de Andrea Soak (Andrea Martínez), realizado en Cangas e Santiago, no que aparecen testemuños de mestres, políticos de esquerdas e dereitas, estudantes e xentes da rúa para tratar de enxergar de onde proceden os nosos problemas diglósicos actuais.
Está dedicado "ós que loitaron na época franquista e na transición polo noso idioma; e ós que o fan hoxe en día"
O fenómeno do sistema educativo finlandés
Neste documental descríbese o sistema educativo finlandés. Bob Compton xunto ó investigador de Harvard, o doutor Tony Warner, deciden indagar nas causas que sitúan a Finlandia no número un dos sistemas educativos a través de entrevistas con estudantes, profesores, pais, administrativos, directores e funcionarios do goberno.
100% CEF
100% CELSO EMILIO FERREIRO, aquí podes ver o documental completo que estreou o día 12 do 12 do 2012, case ás doce da noite, a TVG. Baixo a dirección de Aser Álvarez e con Luis Tósar, protagonizando a Celso Emilio Ferreiro, esta obra achéganos unha fonda visión da vida do autor a través de moitos persoeiros que o coñeceron e conviviron con el.
Os poemas musicados por autores como Luís Emilio Batallán, Xiana Lastra e Mini e Mero, co punk dos Labregos do Tempo dos Sputniks e co rap máis contemporáneo de Ferriman, Nuno e Fred engaden un fondo musical de grande riqueza.
DOCUMENTAL: Reflexións sobre a lingua hoxe.
Interesante documental de Xosé Bocixa, no que se reflexiona sobre o momento que está a vivir a lingua galega hoxe a través dos testemuños de 10 persoeiros galegos: Lois Diéguez, Xurxo Souto, F. Xosé Fernández Naval, Antía Otero, X. R. Freixeiro Mato, Dores Tembrás, Estíbaliz Espinosa, Pilar Pallarés, Ánxeles Penas e Marcelino Fernández Mallo.
UNIDADE DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA
A profesora Mercedes Mora do Seminario de Xeografía e Historia, levou a cabo unha experiencia pedagóxica moi interesante en 4º da ESO. Consistiu en apoiar a explicación do tema de Ciencias Sociais relativo á 1ª Guerra Mundial con distintos materiais didácticos:
§ Visionado do documental “ A 1ª Guerra Mundial” para que o alumnado recoñecera aos protagonistas do conflito, aos bandos enfrontados, as estratexias empregadas, as fases da Guerra, as consecuencias...
§ Proxección da película: “Senderos de Gloria” e realización do guión de traballo que se inclúe no tema do libro sobre a mesma.
§ Fotocopias dunha selección de fragmentos da novela “ La caída de los gigantes” de Ken Follet. Resumimos o contido das fotocopias:
a. Un nobre inglés xustifica a guerra.
b. Plan Shlieffen: a guerra levaba nove anos en xérmolo; a paz armada e a carreira armamentística.
c. Zimmerman: Alemaña proponlle a México.....
d. Relacionado cos gastos da guerra.
e. Tratado de Versalles: un alemán conta a súa versión.
Os resultados obtidos foron moi satisfactorios o que anima a realizar máis experiencias deste tipo.
Parabéns.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

