Interesante documental de Andrea Soak (Andrea Martínez), realizado en Cangas e Santiago, no que aparecen testemuños de mestres, políticos de esquerdas e dereitas, estudantes e xentes da rúa para tratar de enxergar de onde proceden os nosos problemas diglósicos actuais.
Está dedicado "ós que loitaron na época franquista e na transición polo noso idioma; e ós que o fan hoxe en día"
Boa tarde,
ResponderEliminarAcabo de ver que está aquí publicado o meu documental, feito xa hai uns aniños. Encántame que vos guste e sobre todo que servise para explicar onde nos atopamos cara a lingua galega; unha labor que temos que herdar a xente nova e non debemos desprezar.
Unha aperta, compañeiros.