Día da Biblioteca.


 O 24 de outubro  celébrase o Día da Biblioteca e con tal motivo a Biblioteca do IES de Vilalonga realizou unha exposición de fotografías de Antonio Pampliega agrupadas baixo o título O seu futuro depende de nós”.
Son imaxes que reflicten miradas que  transmiten dor, pero tamén ilusión e desexos de seguir loitando por unha vida mellor ou simplemente sobrevivir.
No Congo, en Siria, en Somalia, no Kurdistán a cámara captou cidades convertidas nun campo de cascallos, nenos que foron secuestrados para seren convertidos en soldados, mulleres vítimas de violacións que despois foron repudiadas polos seus homes ou cando menos obrigadas a abandonar os seus fillos, corpos con membros amputados pola guerra...
Noutros casos a imaxe é a de seres que arriscan a súa vida partindo desde países como Libia na procura dun mundo mellor cruzando o Mediterráneo ou a de rapaces que aínda son quen de atopar momentos para o xogo e a ilusión na realidade adversa  que os rodea. Prestounos esta exposición o IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa.




Antonio Pampliega (Madrid, 1982) é un periodista  cuxas reportaxes en numerosas zonas de conflito (Afganistán, Iraq, Líbano, Paquistán,  Siria...) foron difundidas en canles de televisión como a CNN, a BBC ou  xornais como The Times, El País ou El Mundo.
En 2015 permaneceu secuestrado en Siria polo grupo terrorista Al Qaeda durante 299 días, experiencia extrema que recolle no libro En la oscuridad (2017).
Coltán, matrimonios amañados de nenas afganas, secuestros en Venezuela,  Ku Klux Klan, cazadores furtivos,  prostitución infantil...  son temas  captados pola súa cámara para achegarnos unha realidade que non  debería deixar impasible a ninguén.


 
 Eduardo Pérez Baamonde, membro do equipo da biblioteca e profesor de plástica,
fixo este bonito cartel para celebrar o 24 de outubro. A biblioteca ten un papel fundamental no Centro, 
pois garda cantidade de materiais útiles para a aprendizaxe, a información, o lecer, etc. Serve como lazo de unión entre todos os membros da comunidade escolar e presta o seu espazo para xuntanzas, obradoiros, visitas de escritores, exposicións, etc.

Memoria fotográfica 2018/19


Todos os anos empezamos cunha exposición de fotografías do curso anterior. Recordamos, así momentos destacados de actividades extraescolares, obradoiros, visitas de escritores, días de celebración, etc. Non están todos, son só unha mostra. A biblioteca desexa acompañarvos nesta nova  andaina do curso 2019/20.



Simulacro de evacuación dun autobús
















O 16 de outubro tivo lugar no IES de Vilalonga un simulacro de evacuación dun autobús. Foi organizado pola subdirección do Centro para o alumnado de 1º da ESO. Trasladouse  un membro da policía local para explicar ao alumnado como debía proceder en caso de perigo. Esta actividade é moi importante pois a maioría do alumnado acode en autobús ao centro.




Premio Planeta 2019

Javier Cercas Premio Planeta 2019


O Premio Planeta de novela é un premio literario comercial outorgado desde 1952 polo editorial Planeta á mellor obra inédita. Foi creado polo fundador da editorial, José Manuel Lara Hernández. Wikipedia
Data da cerimonia: 15 de outubro de 2019 11:30  p. m.
Categoría de: Premio Planeta
Primeira entrega: 1952

 Javier Cercas:

Terra Alta é o título da novela gañadora, unha historia de plena actualidade, co pano de fondo no  procés e un protagonista chamado Melchor Marín,  exdelincuente  convicto, heroe nos atentados  yihadistas de  Cambrils de 2017 e actual  mosso d’ esquadra en  Gandesa (Tarragona). O seu labor é resolver un triplo asasinato. Cercas ( Ibahernando, 57 anos), moi crítico co independentismo, inicia con esta novela, que presentou ao premio co nome do seu protagonista e baixo o título Cristais rotos, unha serie de historias  policíacas coas que prevé estar un tempo en Planeta. Terra Alta supón unha volta de Cercas á ficción máis pura, máis na liña dos relatos do móbil ou da súa primeira novela, O inquilino, que o xogo coa falsa  autoficción, de inspiración  posmoderna, da súa obra a partir de Soldados de  Salamina (2001).El País: https://elpais.com/cultura/2019/10/15/actualidad/


Manuel Vilas (Barbastro, 57 anos): quedouse ás portas de gañar o galardón co que de xeito evidente parece unha secuela da  súper vendas  Ordesa, é dicir, un libro  autobiográfico, titulado simplemente Alegría, no que a voz do narrador, un escritor de mediana idade que se lamenta polo paso do tempo e a perda dos seus seres queridos, trata de escapar á depresión e ser, definitivamente, feliz. El País

Javier Cercas 1º premio e Manuel Vilas 2º premio.