Guías de outono


A volta das vacacións de Nadal expuxemos no cubo da entrada as Guías de lectura e cine do 1º trimestre. O obxectivo é que vos dean ideas sobre as novas adquisición da biblioteca .
Mercamos moitas máis, só é unha mostra, pasádevos pola biblioteca e preguntádenos ou curioseade nos andeis.

"Quen di que ler é aburrido non encontrou o libro axeitado."

CONFERENCIA DA GARDA CIVIL



Os días 15,16 e 17 de xaneiro recibimos a visita de dous membros da Garda Civil de Sanxenxo. O tema da súa conferencia foi a violencia de xénero e o acoso escolar. Informaron sobre a lexislación  existente  e os pasos a seguir para tratar de solucionar ditos problemas, por desgracia, bastante frecuentes na actualidade.


A valoración do alumnado sobre a mesma foi positiva.

Santiago Lopo presenta A arte de trobrar



O pasado xoves, 17 de xaneiro, o salón de actos do noso centro acolleu unha charla de Santiago Lopo sobre a súa novela A arte de trobar. A actividade, organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura e polo EDLG, estaba dirixida ó alumnado do primeiro curso de  bacharelato, que leu na primeira avaliación a novela gañadora do premio Xerais 2017. O escritor,  antes de asinar exemplares, deu resposta ás numerosas e interesantes cuestións dos estudantes.






Bicentenario do Museo do Prado.

 Dende que o Museo Real do Pado abriu o 19 de novembro de 1819 con fondos procedentes das coleccións reais, esta institución converteuse nunha das principais depositarias da memoria pictórica occidental, en punto de referencia fundamental da cultura española e nun obxecto de orgullo colectivo. Celébrase este ano o bicentenario da mesma considerada unha das mellores pinacotecas do mundo. Un bo momento para visitala, pois van a facer numerosa exposicións para conmemorar o aniversario. 

Exposición: Tectónica de placas.













 O mércores día 9 de xaneiro de 2019 o profesor de Xeoloxía e Bioloxía Jorge José Pérez Maceira colocou, 
na biblioteca,
unha exposición sobre tectónica de placas. Fixérona o alumnado dos grupos de 4º da ESO A e B  que teñen a materia de Bioloxía como optativa. 
Os obxectivos eran:
1.- Que o alumnado realizara pregues e fallas en distintos materiais para levar a práctica a lección teórica do profesor.
2.- Que reflexionara e interpretara sobre a evolución do relevo terrestre.
3.- Que fixaran os conceptos básicos do tema.
4.- Que levaran a práctica os seus coñecementos.













Felicidades o resultado foi moi bo.