SAÍDA A RIBADAVIA E CELANOVA



O 24 de abril o alumnado de 1º de bacharelato realizou unha saída a Ourense programada polo EDLG.

Pola mañá, ademais de facer un percorrido pola vila de Ribadavia (castelo, barrio xudeu, Casa da Inquisición...), alumnos e alumnas asistiron a unha visita guiada polas salas  dedicadas á pesca, á cerámica, ó liño, á fotografía ou ó viño no Museo Etnolóxico.
Pola tarde, houbo dúas visitas tamén guiadas:  Celanova e Vilanova dos Infantes.  Na casa natal de Curros, a Casa dos Poetas, o alumnado achegouse á traxectoria vital do autor de Aires da miña terra. En Vilanova subiu á Torre da Homenaxe, desde a que se pode contemplar o santuario da Virxe do Cristal, e coñeceu  a relevancia que tiveron os zapateiros nesta vila, na que a mediados do século XX  desenvolvían o seu labor máis dun cento de  artesáns deste gremio.  A poucos metros da torre o noso alumnado visitou a cova de san Vivián, na que teñen os zapateiros o seu museo.
Curros fai referencia a eles ó versificar a lenda da Virxe do Cristal: “Vilanova dos Infantes / é vila de grande sona: / n’hai zapateiros no mundo / que batan millo-la sola”.


Traballando coas maletas viaxeiras















Ao longo do mes de abril traballamos coas maletas que nos prestaron no CFORE de Pontevedra da Xunta de Galicia con materiais para formar sobre a igualdade de xénero: 1º Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020. Levámolas a diferentes cursos da ESO na hora de titoría, alí o profesorado repartiu os materiais entre o alumnado, despois de ler e curiosear nos mesmos e de facer preguntas sobre o que lían abreuse un tempo de debate, referente o que estiveran vendo e tiñan que explicar a súa opinión sobre o mesmo.







    O alumnado e o profesorado opinan que foi unha actividade interesante.


OBRADOIRO DE BD CON XOSÉ TOMÄS


O martes 17 de abril contamos coa presencia de Xosé Tomás, un dos debuxantes  máis sobresaíntes do panorama actual da ilustración e a BD galegas. Como colaborador na parte  gráfica ou autor do texto e os debuxos publicou moitos traballos, sobre todo no apartado da literatura infantil e xuvenil. Este obradoiro foi dirixido aos alumnos de 4º de ESO, tanto aos de Plástica como a outros interesados no mundo da BD, que puideron gozar da proximidade deste profesional. A charla comezou cunha breve introdución á historia e aos recursos narativos da BD. Unha charla que, dado o reducido número de participantes, foi interrumpida constantemente coas reflexións do alumnado ante as preguntass e as consideracións plantexadas por Xosé. Na segunda parte deste pequeno obradoiro o alumnado tivo a oportunidade de debuxar varias propostas. Unhas encamiñadas a practicar a lóxica narrativa dunha escena en viñetas, outras a experimentar cos globos, os deltas e os encadres e, finalmente, a describir gráficamente varios personaxes. O grao de participación activa neste tipo de talleres fai que sempre se quede curto o tempo empregado neles.


Premio Cervantes - 2017





O nicaraguano Sergio Ramírez foi galardoado o 23 de abril de 2018 co Premio Cervantes 2017, o que lle converte no primeiro escritor centroamericano recoñecido con este galardón. O fallo do xurado feito público polo ministro de Educación, Cultura e Deporte de España, Íñigo Méndez de Vigo, resaltou que Ramírez (1942) foi galardoado por reflectir na súa literatura "a viveza da vida cotiá, convertendo a realidade nunha obra de arte".

Dotado con 125.000 euros (147.500 dólares), esta edición do premio volveu a cumprir a lei non escrita que reparte o galardón de forma alternativa entre Latinoamérica e España.

Doutor en Dereito pola Universidade Nacional Autónoma de Nicaragua, Ramírez é autor dunha prolífica obra na que cultivou numerosos xéneros, desde contos como O reino animal ou Perdón e esquecemento a novelas como Sombras nada máis, Mil e unha mortes, Sara ou  Margarita, está linda a mar, pola que en 1998 recibiu o Premio Alfaguara e o Casa das Américas.
   O país, (23/04/2018)

CARTEIS ENTROIDO - DISEÑOS ADHESIVOS





















 






Despois da exposición do estudo sobre o uso do galego na prensa realizado polo alumnado de 2º de ESO e dos traballos do alumnado de 3º sobre o Entroido, nas próximas semanas poderemos contemplar os debuxos cos que o IES de Vilalonga participou no XXIV Concurso de adhesivos convocado pola Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Salnés.

 A finais do mes de maio chegará ó noso centro a exposición dos traballos gañadores e finalistas.


23 de abril- Día do libro



                                                                                                           





Hoxe, 23  de abril, celebramos no noso Centro o Día do Libro con varias actividades:

  1. O venres 20 de abril fomos ao teatro co alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO. A ver unha obra sobre Mª Victoria Moreno.
  2. Puxemos un cartel(o modelo sacámolo de internet) anunciando esta data, pintado polo profesor de plástica Eduardo P. Bahamonde e os alumnos de 3º ESO B.
  3. Colocamos cateis por todo o Centro anunciando o día do libro e un préstamo-unha flor.
Trouxemos 100 caraveis e quedaron 6,  NON ESTÁ MAL!!!!!!!!!!!

“O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito”. Miguel de Cervantes

Welcome to Ireland!!!



Mergúllate nas rúas da capital irlandesa, Dublín, da man do alumnado de 1º de bacharelato; coñece a súa cultura, a súa música; adéntrate na incríble biblioteca do Trinity College, visita a catedral de San Patricio, o Castelo de Malahide; pasea por San Stephen’s Green. Retrátate xunto a icónica imaxe de Molly Malone; percorre as pontes do río Liffey… E despois, antes de camiñar polo pintoresco pobo de Galway,  contempla os impresionantes cantís de Moher!!!


Celebramos o Día do Libro cos Premios da Crítica en galego


Este ano celebramos o Día do Libro coas obras das escritoras galegas premiadas nos Premios da Crítica española en lingua galega 2018: "Camuflaxe" da poeta Lupe Gómez e "Bibliópatas e Fobólogos" en narrativa de Emma Pedreira.

descarga
Para comprender a novidosa proposta narrativa de Emma Pedreira neste libro seleccionamos un anaco deste:



"Querida concelleira de medio ambiente: saque o outro medio que este xa está nas últimas.


CARTAS AO DIRECTOR, 6-VIII-2016"


UN MUNDO DE ENCONTROS PARA CAMBIAR O MUNDO


O martes 10 de abril, Abel, monitor representante da fundación Entreculturas, veu ao IES Vilalonga a dar un obradoiro chamado: "Un mundo de encontros para cambiar o mundo". Antes de empezar, comemos todos xuntos. Nese obradoiro participaron os nove alumnos e alumnas do grupo solidario máis outros catorce alumnos/as que se quixeron sumar, de 1º, 2º e 3º da ESO, e 1º e 2º de Bacharelato. Durante unha hora e media Abel fíxonos pensar na importancia da educación para que o mundo funcione mellor e non haxa desigualdades. Partindo dunha reflexión sobre as fortalezas de cada persoa, de onde veñen e a onde nos poden levar, representadas nunha árbore, fomos animados a implicarnos na transformación social. Algúns nos demos conta de que nos empezamos a concienciar para a solidariedade.

Encontro: "Entreculturas".





O mércores 4 de abril de 2018 recibimos a visita dun grupo de alumn@s do colexio "Xesús Maestro de Ferrol. Este centro está "irmandado" co IES Vilalonga a través da Rede Solidaria da Mocidade da fundación Entreculturas. Acompañados pola profesora Ana Martín, o grupo de Xesús Maestro foinos contando e amosando, con fotos e vídeos, como o alumnado pode ser axente activos no cambio, facendo que o mundo mellore se nos movemos en clave solidaria. Así nolo contaron aos de 2º ESO A, e a 3º ESO A e B a sexta hora da mañá.
   Deixaron de recordo un cartel-manifesto que reforza os lazos de unión entre os dous centros. Ao rematar este acto, os compañeiros/as do grupo solidario de entre-culturas do noso IES  quedamos a comer cos de Ferrol e pasamos uns bos momentos de lecer no patio, facendo por coñecernos mellor. Eles marcharon camiño de Vigo, onde recolleron un premio por un vídeo solidario que realizaron. 

Día completo!!!! Que volvamos a encontrarnos.

Viaxe didáctica a Santiago de Compostela



O venres 6 de abril fomos a Santiago, todos os grupos de 2º de bacharelato. O alumnado de ciencias visitou o laboratorio de Medicina Xenómica e o Museo Luís Iglesias de Historia Natural. O alumnado de letras visitamos a Catedral:

  1. O interior: naves, cubertas, presbiterio, capelas,etc.
  2. A Fachada de Platerias.
  3. A Fachada do Obradoiro.
  4. A Fachada do Paraiso.
  5. O conxunto da Quintana: Porta Santa, Pórtico Real, Torre do Reloxo,etc.
  6. O Pórtico da Gloria.
  7. As cubertas e as tribunas.
Os obxectivos eran:
  1. Ver e analizar unha obra de arte na realidade.
  2. Valorar o noso patrimonio.
  3. Desenvolver a capacidade de oratoria do alumnado.
  4. Apreciar en detalle os múltiples aspectos da obra de arte.
  5. Desenvolver valores como o compañeirismo, a solidariedade, etc.
Pasamos un día moi agradable, destacar o comportamento exemplar dos alumn@s e a súa valoración da mesma que foi moi positiva.