O 24 de abril o alumnado de 1º de bacharelato realizou unha saída a Ourense programada polo EDLG. |
Pola mañá, ademais de facer un percorrido pola vila de Ribadavia (castelo, barrio xudeu, Casa da Inquisición...), alumnos e alumnas asistiron a unha visita guiada polas salas dedicadas á pesca, á cerámica, ó liño, á fotografía ou ó viño no Museo Etnolóxico.
Pola tarde, houbo dúas visitas tamén guiadas: Celanova e Vilanova dos Infantes. Na casa natal de Curros, a Casa dos Poetas, o
alumnado achegouse á traxectoria vital do autor de Aires da miña terra. En Vilanova subiu á Torre da Homenaxe, desde a
que se pode contemplar o santuario da Virxe do Cristal, e coñeceu a relevancia que tiveron os zapateiros nesta
vila, na que a mediados do século XX desenvolvían
o seu labor máis dun cento de artesáns
deste gremio. A poucos metros da torre o
noso alumnado visitou a cova de san Vivián, na que teñen os zapateiros o seu
museo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario