A biblioteca do IES Vilalonga tivo a sorte de poder gozar no mes de abril de dúas maletas viaxeiras, procedentes da Secretaría de Igualdade no seu Plan de Actuación para Igualdade nos centros educativos. Primeiro fomos a buscar a que contén materiais para traballar co alumnado e pouco despois avisáronos que podiamos ir pola segunda que trae libros relacionados con este tema. Temos pensado traballar nas titorías cos materiais e expuxemos os libros da segunda na biblioteca, algúns xa foron demandados polo alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario