Amor en Igualdade.


Con motivo do 14 de febreiro, día dxs namoradxs, o alumnado da materia de Igualdade de Xénero de 2º da ESO estivo a elaborar uns cartaces a favor das relacións afectivas baseadas no respecto e na igualdade, rachando cos mitos do amor romántico que constitúen a base de moitas das formas de violencia machista que vivimos as mulleres.
Ademais, dende o Grupo de apoio ao alumnado LGTBI do noso centro, apostamos por transformar a maneira en que a sociedade ve e trata ás persoas LGTBI pois segue a supoñer un gran desafío, especialmente fronte a crenzas relixiosas e culturais profundamente arraigadas. Como podemos comprobar a diario… non todo está conseguido. É por iso que ante actitudes de non aceptación da diferenza por parte duns poucos, debemos seguir loitando pola visibilización sen complexos, a tolerancia, o respecto, a solidariedade e tamén por todas as formas de amor diverso. Velaquí tendes a nosa contribución a prol dunha sociedade máis xusta e respectuosa coa diversidade…

14 de febreiro. Día do amor.

O 14 de febreiro celebramos no IES de Vilalonga o Día do Amor. O alumnado, como todos os anos, puxo un buzón para cartas na entrada do edificio 1. A biblioteca coordinou esta actividade,  así como a recollida e reparto das cartas.

 
Colocamos tamén flores na biblioteca.






O departamento de Lingua e Literatura galega, a biblioteca eo EDLG celebramos este día con versos e café e convocamos un concurso  de Cartas de Amor á Lingua.No que se premiaría a máis sentida, a máis reivindicativa e a máis orixinal. O motivo e a inspiración foi unha preciosa carta escrita pola alumna de 4º da ESO Inés Costado.As alumnas gañadoras foron: Inés Costado de 4º ESO B, Nerea Vila e Paula Padín de 3º de ESO.
O buzón situouse na biblioteca.



As compañeiras da cafetería decoraron con corazóns dedicados o seu espazo.









"O amor é o significado último de todo o que nos rodea  " 
 Rabindranath Tagore

Guía de Primavera. Cómic.



Non te esquezas! A novela gráfica existe!
Convidámoste á nosa sección de Cómic para que elixas entre un sinfín de exemplares. 

Guía de lectura. Primavera 2020


A nosa biblioteca non para de recibir novos exemplares. Podes escoller entre todas as temáticas: aventuras, fantasía, ciencia, filosofía, historia, romance, igualdade, inclusión, etc.

Achégate e bota unha ollada!!!!

CLUB DE LECTURA 2º DE BACH.


O alumnado de 2º de bacharelato do IES de Vilalonga continúa participando no club de lectura no que seguro será o derradeiro ano no centro para eles. Desta vez atrevémonos  con 
A crueldade de abril de Diego Ameixeiras, unha obra de novela negra proposta conxuntamente co club de lectura do IES Monte da Vila do Grove.
Aínda que o noso club este curso volve ser moi numeroso, desfrutamos da lectura e as xuntanzas que nos serviron para comentar esta obra que tivo unha moi boa acollida.
Ademais, sabemos que isto non remata aquí e, aínda que xa estamos lendo Beleza vermella, de Arantza Portabales, quédannos aínda algunhas sorpresiñas arredor de A crueldade de abril, entre elas a visita do autor o 12 de marzo.

Boa lectura!


 

CME. Visita do Ecuador.


"O martes 18 de febreiro visitáronnos e falaron con nós dous estudantes e un formador do Ecuador, vinculados aos proxectos educativos da   “Federación internacional de Entreculturas". Contáronnos como os Campamentos CEFA e as Escolas Ambulantes fan posible que moita infancia e xuventude teña contacto cunha educación que promove  os Dereitos Humanos e axuda a atoparlle sentido ás súas vidas. Tamén nos gustou moito coñecer, de primeira man, xeografía e cultura  dese pequeno gran país que é Ecuador"

 

Traballando pola igualdade e a educación.



 





"Os días 14, 15 e 16 de febreiro, tres alumnas de 2º de ESO do IES de Vilalonga, Jennifer Lamelas, Daniela Nores e Candela Torres, asistiron, acompañadas pola profesora Ana González, ao Encontro Global da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas. Neste Encontro, que se celebra cada dous anos en Guadarrama (Madrid), participaron 285 persoas, entre mozas e mozos, educadoras e educadores, organizacións invitadas e voluntariado, baixo o lema "A igualdade está nas túas mans".  Este Encontro, con dimensión internacional, ofrece unha experiencia de participación e cidadanía global á mocidade, para seguir incidindo na consecución dun mundo máis xusto, sustentable e igualitario"

Falando de Alterworld



O club de lectura de 1º de bach., coordinado pola profesora Fátima Barreiro, reúnese no mes de febreiro para compartir impresións e preparar a visita de Antonia Huertas o 12 de marzo. Comen xuntos na biblioteca e despois fan unha longa tertulia (estes encontros fixéronos varias veces ao longo do curso).
A visita da escritora débese a que leron o seu libro Alterworld, ademais está dentro das actividades do 2º Festival Montenegro  que organiza o IES Monte da Vila de O Grove, co que o club colabora.

Comezo da andaina do club de lectura de 1º de bacharelato.

















O club de lectura de 1º de bacharelato reuníuse por primeira vez en outubro. Este curso van a introducirse na novela negra da man da súa profesora de Lingua Castelá, Fátima Barreiro, que coordinará o club. Inicianse  no xénero cun cómic titulado Blacksad.
A primeira sesión consistíu na recreación do escenario dun crime e un panel de investigación criminal. O alumnado  seleccionou dun listado as características que debe ter unha novela negra ademais de intercambiar opinións sobre a obra motiva da lectura.

Climetraxes. 1º da ESO.

 

Estes son dous dos catorce vídeos feitos polo alumnado de Xeografía e Historia de 1º da ESO que participa no concurso Clipmetraxes de Manos Unidas.
O alumndo de 1º da ESO xunto cos seus profesores Patricia Díaz e Marcos Chaves están levando a cabo unha experiencia sobre medio ambiente, reciclaxe e ecoloxismo.
Noraboa pola vosa iniciativa e traballo. 


GUERRA AO PLÁSTICO: DESPLASTIFÍCATE!


     Coincidindo coa crise medioambiental que supón as entrañables e consumistas datas navideñas, á volta de
vacacións, o alumnado de 1º de ESO levou a cabo un proxecto de concienciación sobre o uso dos plásticos e o
impacto ambiental que xeran no noso planeta. Este proxecto permitiulles enfocar o problema a nivel teórico
mediante unha investigación en Internet e, a nivel práctico, ao visibilizar os resultados coa reutilización de residuos
e o compromiso de reciclaxe a través do reto do colector, actividades que foron levadas a cabo con verdadeiro

entusiasmo e responsabilidade.
Por medio do traballo de investigación, o
noso alumnado puido coñecer por si mesmo os
diferentes aspectos relacionados con esta materia
prima clave no mundo actual. Dende a historia do
seu primeiro uso como bolas de billar, ata a posta
en práctica de “curiosos” sistemas de reciclaxe que
se levan a cabo en diferentes lugares do mundo
nos que, por exemplo, as persoas que depositan
envases de plásticos en máquinas específicas para
elo, reciben compensacións en forma de puntos
para entradas de cine, billetes de metro ou horas
de aparcamento gratuíto (como sucede en
Sanxenxo), pasando por aqueles datos que explican
canto tardan en desaparecer moitos dos residuos
que se tiran na natureza. Tamén descubriron feitos
tan preocupantes como o a existencia de illas de plástico nos océanos (algunha incluso do tamaño de países como Francia), ou o problema dos alimentos contaminados de microplásticos que están presentes na nosa dieta e os efectos mortíferos que os plásticos poden ter sobre a fauna. Os resultados destes traballos presentáronse a través dunha aplicación que permite realizar uns murais dixitais moi atractivos, os cales foron impresos e colgados no hall de entrada dos que podedes ver algúns exemplos nos seguintes links:



Como o coñecemento do problema é o que nos aproxima á tomar a
concienciación necesaria, o traballo prestou especial atención ás 3R, amosando
ideas prácticas que nos levan a reducir o consumo que facemos practicando a
reutilización de materiais e, finalmente, cando non quede outra solución, como
reciclar correctamente os envases en relación ás cores dos contedores. Para elo, o
noso alumnado fixo gala do seu espíritu creativo cunha moi interesante exposición
de obxectos feitos a partir da reutilización de residuos plásticos, nos que
puidemos ver servilleteros, petos de aforro, títeres ou mesmo unha lámpara feita
con tapóns; sen esquecer que agora disfrutamos de “aulas silenciosas”, baseadas
na reutilización de pelotas de tenis que se colocan nas patas das cadeiras.