"Os
días 14, 15 e 16 de febreiro, tres alumnas de 2º de ESO do IES de Vilalonga,
Jennifer Lamelas, Daniela Nores e Candela Torres, asistiron, acompañadas pola
profesora Ana González, ao Encontro Global da Rede Solidaria da Mocidade de
Entreculturas. Neste Encontro, que se celebra cada dous anos en Guadarrama
(Madrid), participaron 285 persoas, entre mozas e mozos, educadoras e
educadores, organizacións invitadas e voluntariado, baixo o lema "A
igualdade está nas túas mans". Este
Encontro, con dimensión internacional, ofrece unha experiencia de participación
e cidadanía global á mocidade, para seguir incidindo na consecución dun mundo
máis xusto, sustentable e igualitario"
Ningún comentario:
Publicar un comentario