Novidades xaneiro 2012: libros, música, cine...


Lindo agasallo este libro-disco de César Morán sobre Cunqueiro


...e este



"QUE A TODAS LAS BALAS SE LES HAGA DE NOCHE "

www.pacodamas.com/ : (moitos recursos poéticos musicados para descargar)

Moi ben, Ana


Do mellor cine iraniano de agora


Fermosa película, de Rodrigo García, para maiores e adolescentes


Hai que ver esta película algún día. Agora tamén

...e esta

"The Way Up"

Obradoiro de portugués

OPS! O PORTUGUÊS SIMPLES.


É o nome do obradoiro sobre a lingua portuguesa, que impartiu no noso centro o pasado día 19 de decembro a profesora Noemí Pinheira ó alumnado de 3º da ESO.





Este obradoiro de cen minutos de duración pretende achegarlles ós rapaces as vantaxes que ten o coñecemento do galego para comprendermos facilmente a lingua portuguesa.

Cunha actividade sobre a canción de Adriana Calcanhoto rematou o obradoiro.



Pero a canción que houbo que escoitar e cantar, a petición do alumnado, foi a popular "Ai se eu te pego".



Déixovos aquí o enlace da parodia que lle fixeron os do programa de Tourilandia da TVG a esta canción:"Ai se me opero". Para irmos abrindo boca cara ó Entroido.

CINE E LIBROS. FEBREIRO E MARZO

CINE

para os xoves

"O HAVRE"

Drama deste tempo de policías e ladróns do director finés Aki Kaurismäki, onde a solidariedade e os nobres sentimentos xurden, como a cotío, da parte dos que menos teñen. Filme que desde a costa desolada do Havre reconcílianos co ser humano, fainos cuspir o noxo. Polo de agora podedes vela nos cines, igual que O artista, Non haberá paz para os malditos, Escoitando ao xuíz Garzón, A voz adormentada, O topo, ¿E agora a onde imos? ... Logo estarán na Biblioteca.




"TODAS AS CANCIÓNS FALAN DE MIN"

Comedia romántica ben feitiña desde a exquisita sensibilidade do xove director Jonás Trueba, que fala directamente ao corazón dos máis novos desde a dignidade e a intelixencia
"18 COMIDAS"


Comedia tráxica de Jorge Coira. Cine galego de calidade que é preciso ver
"NOITES BRANCAS"
Drama romántico de Luchino Visconti baseado na novela homónima de
Dostoyevski

Unha obra clásica para os máis maiores

"DÚAS PERSOAS"

Drama de perfecta sinxeleza do dierector danés C. Theodor Dreyer




LIBROS

"Alí e Nino" (historia de amor)

"Un verán sen homes (historia de desamor)

"Hai alternativas" (ensaio sobre a crise)

Cine: Boa Música: The Pogues / Feliz Natal Dixital.Brasil /

Fraseoloxía visual 1 e 2





Fraseoloxía visual 1 e 2 realizados polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.