Amosando publicacións coa etiqueta ANIMACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANIMACIÓN. Amosar todas as publicacións

ANIMACIÓN A LECTURA


O xoves, día 25 de xaneiro, fixemos unha actividade de animación a lectura, foi organizada polo Departamento de Lengua e Literatura Castelá. A editorial Vicens-vives enviou ao actor Hugo Andrade, o cal fora alumno do IES de Vilalonga.             

Hugo dramatizou diferentes mitos gregos, ademais demandou a participación do alumnado en repetidas ocasións. En 1º da ESO leron o libro de Mitos Gregos desta editorial e o alumnado gozou coa representación de algúns dos mesmos.

Os profesores que traballaron  esta lectura con eles foron Mª Teresa González Ordoñez e Vicente Grandal López.
"Carecer de libros propios es el colmo de la miseria" Benjamin Franklin



VILAMOR

O martes día 24 estivo no noso centro o equipo de VILAMOR
o público entregouse sen reservas.Non era para menos!!!
Agora hai que ver a película.
Aquí tedes dous vídeos da charla que deron no instituto.




"Ano 1976, Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade".

"The Blue Bird"



there’s a bluebird in my heart that
wants to get out
but I’m too tough for him,
I say, stay in there, I’m not going
to let anybody see
you.
there’s a bluebird in my heart that
wants to get out
but I pour whiskey on him and inhale
cigarette smoke
and the whores and the bartenders
and the grocery clerks
never know that
he’s
in there.

there’s a bluebird in my heart that
wants to get out
but I’m too tough for him,
I say,
stay down, do you want to mess
me up?
you want to screw up the
works?
you want to blow my book sales in
Europe?
there’s a bluebird in my heart that
wants to get out
but I’m too clever, I only let him out
at night sometimes
when everybody’s asleep.
I say, I know that you’re there,
so don’t be
sad.
then I put him back,
but he’s singing a little
in there, I haven’t quite let him
die
and we sleep together like
that
with our
secret pact
and it’s nice enough to
make a man
weep, but I don’t
weep, do
you?

Animación baseada nun poema de Charles Bukowski.

A nosa biblioteca xa está en marcha.


A nosa biblioteca dá a benvida a todos os recén chegados á nosa comunidade escolar e invítaos a visitala e participar nas súas actividades.

Estamos xa iniciando as actividades do noso Club de lectura A PRAIA DAS PALABRAS. Este ano con importantes novidades: novos grupos (dous grupos de ESO e un grupo de ADULTOS), novos xéneros (álbum ilustrado, cómic, teatro, poesía) e novos idiomas (francés e portugués).

Achégate e apúntate.

Salón do libro 2011



O pasado 4 de marzo visitamos a XII edición do Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra de paso que acudiamos a unha representación teatral no Pazo da cultura de Pontevedra co alumnado de 1º bacharelato e 4ª de diversificación. No vestíbulo recibiunos a súa mascota, o lobo Orbil, e no interior do salón tivemos a oportunidade de ver recreacións sobre o tema deste ano: "É mentira".
Medimos as nosas mentiras a través do nariz de Pinocho, informámonos sobre a escritora homenaxeada deste ano: Gloria Sánchez e atopámonos con numerosas recreacións de mentiras, desde o cabalo de Troia ata Alicia no país das marabillas.