D' "A praia das palabras" a "Libros coma area"



O  día 22 de maio, como xa fixemos en anos anteriores, clausuramos o ano lector cunha viaxe pola Costa da Morte: a primeira parada foi na fermosa vila de Muros, dirixímonos logo a Carnota para coñecer o piorno; baixo a sombra do Pindo chegamos ao Ézaro  e desfrutamos da impresionante desembocadura en fervenza do Xallas; no IES Agra de Raíces agardabanos o cálido recibimento do clube de lectura "Libros coma area", contaronnos as súas lendas, escoitaron as nosas e celebraron con nós un especial "cumpreanos lector". Xa pola tarde achegámonos ao Finis Terrae para coñecer a nosa particular  fin do mundo e á vila e faro de Finisterre. Moitas grazas a Manuel Carande, a Susana e a Esperanza por recibirnos.



PREMIADOS. CONCURSO DE POESÍA IES VILALONGA. CURSO 2013-2014




1º PREMIO. CATEGORÍA ESO:

PAXARIÑOS

Eu teño un paxariño
Que é moi feitiño

A súa cor amarela
Brilla coma un estrela

Eu doulle de comer
Eu doulle de beber
E de vez en cando
Tamén falo con el

O seu alegre chiar
A todos lles gusta escoitar

O meu paxaro esta só
Por iso lle vou buscar
  
Unha compañeira pra o acompañar
Encontrei unha ben guapa

E leveilla pra a casa
El ó vela aparvou

E desde entón mudo quedou
Agora nin canta nin pía

E aparvado pasa todo o día.



                                                                          ADRIÁN AGRASO 1º ESO C



2º PREMIO CATEGORÍA ESO:                                                                                                        


UN NADAL CHEO DE HISTORIAS


Vilalonga comeza nun Nadal cargado de historias
historias de almas, historias que choran,
historias que xiran arredor dunha bola
unha bola máxica con galegos que festexan unha vida nova.

Agasallos que se esconden detrás dunha árbore
unha árbore triste sen vida e sen ánimo
que garda segredos sen ser acendida
que ao final alguén virá a acendela o gran día.

Comeza decembro un ano con vida
un ano onde o pobo mostra sorrisos,
sorrisos que xuntan familias con outras
tamén hai finais dun Nadal que rompen historias.

Hai amores que se xuntan
que viven nun paraíso
que choran, que rin
e que rematan cun final tristísimo.

Sorrisos dos nenos que se senten ao lonxe
que xogan e disfrutan correndo e cantando
pero tristes se poñen cando chega a escola
e os nenos protestan porque se acaban as historias.

O Nadal é un soño fermoso
que te namoras e te perdes
que sofres e queres
e tamén que queda na memoria de todos aqueles.



                                                                                               ISABEL GARRIDO MUÑOZ  2º ESO B



1º PREMIO. CATEGORÍA BACHARELATO:


Ti. Eu. Nós.
Fronte a fronte.
Corpo espido ante corpo agochado.
Vida incorrupta ante a corrupción da vida.

Eu devezo por prender por sempre
A inocencia no teu mirar.
Ti xogas,
Irreverente,
co legado que os anos deixaron na miña pel,
na túa pel.

Ámote pola túa inocencia
e desprézote polo que representas.
Porque eu afundo e ti emerxes;
porque o teu abrir é o meu pechar,
son a cara e a cruz dunha moeda que me condena.

E ante todo,
Meu neno,
Envéxote.
Envéxote por ser o comezo do meu fin.
   Ti. Eu. Nós.
                                                                                                                                   
 Sara Martínez García.

1º BACH A. 


2º PREMIO.CATEGORÍA BACHARELATO:



TIC TOC
Tic toc, tic toc.
Dous minutos.
Ano novo nun sen tres.

Tic toc, tic toc.
Tan só un neno da teta
Fai dez anos inda era.
Agora só penso na maleta.

Qué meto? Que levo?
Non importa. Nova vida.
Lonxe, máis non hai remedio.
Eu fágoo pola familia.

Non dexesaba isto,  
Pero obrigoume o estado.
Tomoume de improviso,
Todo por estar parado.

Destino: Bos Aires.
Sigo os pasos do avó.
Naqueles tempos de crise
Que retomaron de novo.

Tic toc, tic toc
Cincuenta segundos,
Pronto será a partida
Revivindo aqueles tempos.

Tic toc, tic toc.
Non me poño alterado
Sei que todo comezo
ten un final mellorado.

DAVID GÜIMIL VÁZQUEZ. 1º BACH. B.



LIBROS:


O PRINCIPIO E O FIN

Llanto unha vez máis.
É o principio da vida,
O LLANTO.
Durmir, comer,soñar, CHORAR,
Nada máis.
É a infancia do afortunado.
Falar, rir, disfrutar, CHORAR,
é máis que unha simple adolescencia.
Oh! E chega o amor,
ese primeiro amor que te cega,
toléate,  faite sentir,
é único, irrepetible.
El marca,si marca, marca
ben fondo, tan fondo que doe.
para algúns este será
o principio do amor.
Para outros … a FIN.
O amor nunca xamais correspondido.
O LLANTO de novo, o LLANTO sempre.
Sorí dinche, continúa dinche,
Es nova dinche.
Máis non é fácil.
Porén ti falo.
Falo?
Continúas a vida erguéndote.
Sentes o recordo pasado,
pésache.
DOE, DIOS, DOE.
PASARÁ?
Non. Agocharalo.
Ese pasado xa é lonxano.
Séntela vellez, na alma, no corpo.
Máis a DOR non remite, permanece,
Ánclate. Non hai avance.
A MORTE está cerca, si,
A FIN da DOR, pensas.
Invádete o FRÍO, sonríes.
Logo CHORAS, o LLANTO xa non parará.
SOA, estás SOA, abandonada,
sen AMOR, sen alma.
Só o LLANTO.
É a fin.

A LUZ. Un inicio.
Un nacemento, outro LLANTO.
Entón alguén DESEXA.
O PRINCIPIO E A FIN DO LLANTO,
Decidiralo ti, só ti.
So existirá
O AHORA.
SI, quizais sexa así.
A FIN DO LLANTO

PATRICIA PÉREZ DOMÍNGUEZ. 2ºBACH. C.




Al cerrar los ojos todo es confuso.
Azul, blanco, calor, color, sonrisas…
Sólo recuerdo aquellos ojos sin prisas,
Ojos grandes, profundos incluso.

Echo de menos su cálido aliento
Que en sueños me sigue, busca y atrapa.
Supongo que todo lo bueno escapa,
Como sus promesas, cenizas al viento.

Vete, fuera ya de mi vida tía.
Ya no te necesito, adiós de veras.
Déjame sólo con la poesía.

Te quise y te quiero, ¿no te enteras?
Eres parte de mi día a día pero…
vete, para qué quiero más quimeras…

RICARDO RODIÑO BALBOA
2º BACH B





Nese instante
no que me ollei nos teus ollos
Nese momento
no que deixei de respirar.
Nese intre sentinnos eternos.
Nese momento
no que os teus beizos pararon a terra.
Nese instante
no que o tempo deixou de contar.
Nese intre sentinnos eternos.
Mais agora marchas, meu amor
e, como o paxaro necesita o aire;
eu necesito a túa calor.
Neste 14 de febreiro fáltame a túa voz.
Mais agora que decides marchar,
fáltanme as túas caricias
fáltame o teu mirar.
Neste 14 de febreiro, pérdome sin o teu ollar.
Espérote nalgún lugar descoñecido,
e nalgún lugar que descoñezo,
onde volverei a sentarte comigo,
onde o noso amor non se perda ao esquezo.
E só nese intre,
no que me volvan bicar os teus beizos
no que me volvan mirar os teus ollos
só nese intre, volverei a sentirnos eternos.


LARA TRONCOSO 4º ESO B.






NOELIA GONDAR MONTERO. 1º ESO C.









Santiago Lopo visítanos por partida dobre.

A principios deste mes de maio o escritor Santiago Lopo visitou o noso instituto por partida dobre. Na primeira ocasión para departir co alumnado de 1º e 2º de bacharelato sobre a súa obra "Hora zulú".                           E na semana seguinte para encontrarse co alumnado do club de lectura de 2º de ESO e PCPI, que leron as súas obras "Game over" e "Peaxes" Graciñas pola túa visita e parabéns polos teus libros.

Día das Letras Galegas 2014

Bo día das Letras Galegas 2014 a todos e cada un dos alumnos e alumnas que nos apoiades nas tarefas de normalización, ó profesorado e o resto da comunidade educativa que tamén está aí. Grazas por celebrar con nós que as letras son todos os días do ano.

LETRAS GALEGAS: IES POETA DÍAZ CASTRO



De novo, logo de ternos agasallado co fermoso vídeo de "A  lus do mundo" o IES de Guitiriz que leva o nome do poeta volve con outra excelente interpretación musicada dun poema seu. Parabéns.

"Penélope" de Xosé María Díaz Castro

Xosé María Díaz Castro, LETRAS GALEGAS 2014



"Penélope" é o poema máis emblemático de X. M. Díaz Castro. Con el imos celebrar a súa figura e esculcar os múltiples recursos que se nos ofrecen sobre o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014.

A páxina da Coordinadora Galega de EDLG ofrece unha selección estupenda da que podemos botar man para dar a coñecer a figura deste poeta, autor de Nimbos.

O Caderno de lingua de Román Landín tamén achega unha boa compilación sobre Díaz Castro.

TRABALLAMOS O XORNAL NA AULA


O alumnado de 1º de ESO traballa durante todo o ano co xornal na aula grazas ó programa Prensa Escola da Voz de Galicia, deixámosvos aquí unha mostra do seu traballo colgado no taboleiro da aula.

VISITOUNOS A ESCRITORA LEDICIA COSTAS


 O pasado 10 de abril contamos coa presenza da escritora Ledicia Costas no noso centro. A autora departiu co alumnado de 1º de ESO sobre o libro "Mortos de Ningures". Explicoulles ós rapaces como se escribe un libro a medias con outro escritor. Neste caso Pere Tobaruela. Trátase dun proceso no que empregan unha escaleta,  na que ambos os dous van escribindo cada unha das partes individualmente, logo de decidir a temática do libro. As longas conversas telefónicas e o grupo de WhatsApp, no que tamén está incluído o ilustrador do libro, Andrés Meixide, axudan a poñerse de acordo neste labor colectivo. 

 A escritora respondeu todo tipo de preguntas. Comentou que ela comezou a escribir moi nova, sendo adolescente e que seus pais pensaron que sería algo pasaxeiro que se lle pasaría coa idade. Tamén lles contou como coñecera a Pere Tobaruela nun encontro de escritores que realizaban o camiño de Santiago en autobús. 

 Sobre o libro os rapaces expresaron a súa preocupación porque a protagonista, a inspectora Nola non tivese un home para sobrelevar o coidado dos seus xemelgos. O alumnado do club de lectura, que leu tamén a segunda aventura desta teimuda investigadora no libro "Ouro Negro",  preguntou sobre o futuro do seu axudante, o gato Lolo, posto que estaban intrigados coa sorte que puidera correr tras o súa caída ó mar tinguido chapapote.

 Ledicia Costas tamén reivindicou  a importancia da novela infantil e xuvenil, e a súa escrita en galego como a única posible, posto que ela é galega. Con respecto a esta cuestión estes libros tamén verán a luz en setembro en castelán e catalán. Finalmente tentamos agradecer a súa presenza a través da lectura dun dos seus poemas levada a cabo pola alumna Lara Moldes de 1º ESO C. Agardamos poder volver a contar coa súa presenza entre nós.

Para os que queiran saber máis sobre esta autora estes días anda a presentar a súa última novela, "Recinto Gris". Aquí vos queda unha entrevista sobre ela.

"Xornalismo a pesar de todo"


                                  eldiario.es

Otelo Saraiva de Carvalho: Instrucciones para hacer una revolución