O día 22 de maio, como xa fixemos en anos anteriores, clausuramos o ano lector cunha viaxe pola Costa da Morte: a primeira parada foi na fermosa vila de Muros, dirixímonos logo a Carnota para coñecer o piorno; baixo a sombra do Pindo chegamos ao Ézaro e desfrutamos da impresionante desembocadura en fervenza do Xallas; no IES Agra de Raíces agardabanos o cálido recibimento do clube de lectura "Libros coma area", contaronnos as súas lendas, escoitaron as nosas e celebraron con nós un especial "cumpreanos lector". Xa pola tarde achegámonos ao Finis Terrae para coñecer a nosa particular fin do mundo e á vila e faro de Finisterre. Moitas grazas a Manuel Carande, a Susana e a Esperanza por recibirnos.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.