Mergúllate nas rúas da capital irlandesa, Dublín, da man do alumnado de 1º
de bacharelato; coñece a súa cultura, a súa música; adéntrate na incríble
biblioteca do Trinity College, visita a catedral de San Patricio, o Castelo de Malahide;
pasea por San Stephen’s Green. Retrátate xunto a icónica imaxe de Molly Malone;
percorre as pontes do río Liffey… E despois, antes de camiñar polo pintoresco
pobo de Galway, contempla os
impresionantes cantís de Moher!!!
Amosando publicacións coa etiqueta VIAXES b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VIAXES b>. Amosar todas as publicacións
Viaxe a Italia
O Departamento de Francés, xunto co Departamento de Latín e Grego e o de Historia do Arte, organizou unha viaxe cultural a Italia durante 7 días nos que se visitaron as cidades de Roma, Florencia e Pisa.
As visitas guiadas, os monumentos como o Coliseo e o Foro romano, o Panteón, os museos Vaticanos, a Academia, os Uffizi, a Torre de Pisa, as rúas, as prazas das 3 cidades encheron os nosos ollos de admiración e o noso corazón de ganas de voltar logo de lanzar a moeda á Fontana de Trevi en Roma e de meter a moeda na boca do xabarín en Forencia.
Unha magnífica viaxe no espacio e no tempo de 75 alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato e 6 profesores.
Saída dos clubs de lectura a Lugo e á casa de Manuel María
O pasado xoves 19 de maio, 35 rapaces e rapazas dos clubes de lectura do IES de Vilalonga fixeron unha viaxe ata Lugo onde puideron pasear pola súa muralla romana e percorrer o casco histórico no que tiveron a ocasión de admirar abundantes restos romanos (a Domus de Mitreo, a Casa dos Mosaicos, os restos dun acueduto, unha piscina).
Logo de percorrer a vila intramuros e de recitar algúns poemas de Manuel María e o trobador Fernando Esquío en distintos lugares da cidade, fixeron unha pausa para xantar na Praza Maior onde fixeron tamén unha xincana.
Xa pola tarde trasladáronse á casa de Manuel María en Outeiro de Rei onde puideron coñecer de preto unha pequena parte do universo deste autor e da súa obra.
CINE. MÚSICA E CANCIÓN. LECTURA. Moita Beleza!
CINE 1) Los exiliados románticos
El resultado no podría haber sido mejor: muchos espectadores han disfrutado de la película al aire libre, a la fresca y contagiándose de su espíritu veraniego, colorido, alegre y leve, que no simple. Porque aunque se camufle en la ligereza y espontaneidad estival, ‘Los exiliados románticos’ es un canto a la juventud, al amor, a la amistad y hasta a la estupidez masculina. Ahora llega a las pantallas españolas y si tienes la suerte de que llega a tu ciudad, podrás revivir los amores y viajes de verano bajo el filtro referencial del cine francés.
MÚSICA e CANCIÓN 2) Amores efímeros
libro asociado ao filme 
Rb.
PARÍS: inverno-primavera 2015
tous les films du studio Ghibli
dessins animés
Apaixona internarse nas tripas deste poderoso edificio e apoderarse durante dúas horas de todos os seus segredos. Grazas tamén polo guía, un funcionario simpático, encantado co seu traballo e de enorme sensibilidade.
"Esta ópera ultramoderna, obra del arquitecto Carlos Ott, fue inaugurada en 1989. Su arquitectura está marcada por la transparencia de las fachadas y por el empleo de materiales idénticos en el interior como en el exterior. Con una gran sala de 2 700 plazas dotada de una acústica homogénea, sus equipos únicos de escena, sus talleres integrados para los decorados, trajes y accesorios, sus salas de entrenamiento y de ensayos, la Ópera Bastille es un gran teatro contemporáneo."
4) Exteriores: Chantilly,
Château de Chantilly e Mussée Condé
Nos arredores de París é fácil encontrarse con enormes espazos públicos de estilo versallesco que podes visitar. Sempre te sorprenden, é un pracer. Este ofrece, ademais dos espazos naturais e arquitectónicos, unha coidada e selecta pinacoteca no museo do castelo.
Rb.
Enredando versos en SALAMANCA
![]() |
| Barrio do Oeste. Salamanca 2014. Alumnado dos centros de Vilalonga e Tui. |
O 13, 14 e 15 de novembro viaxamos a Salamanca co alumnado de 3º e 4º
de diversificación e o club de lectura de 3º de ESO. Nesta actividade do
grupo ENREDANDO VERSOS tamén participaban outros cinco centros de
Pontevedra: IES de Sanxenxo, IES de Poio, Porriño e Tui e un centro de
Portugal: Macedo dos Cavaleiros.
![]() |
| Alumnado de Vilalonga pintando no Barrio do Oeste |
| Exemplo de Urban Knitting. |
Os seguintes días visitamos a biblioteca municipal G. Torrente Ballester e realizamos un obradoiro poético con Raúl Vacas e unha charla ornitolóxica con José Luis Moreno "Pájaros en la cabeza".
Fixemos un roteiro guiado por Salamanca e visitamos o Museo de Arte Contemporáneo. Pero, sen lugar a dúbidas, o que máis lle gustou ó noso alumnado foi a visita ó Barrio do Oeste en Salamanca, onde puidemos gozar da súa arte urbana pola rúa. Alí quedou a nosa pegada como podedes comprobar na foto. Puidemos tamén contemplar as numerosas invervencións urbanas de urban knitting e déronos a coñecer de cerca o seu intenso labor da súa asociación veciñal, Zoes. (Trátase non só de embelecer o barrio, senón tamén de dinamizalo con actividades culturais e deportivas.)
De volta á casa paramos en Tábara, onde realizamos a nosa particular homenaxe ó poeta León Felipe, co recitado dalgúns do seus poemas na Praza Maior. E visitamos a románica igrexa parroquial de Santa María, que foi levantada sobre o antigo mosteiro de San Salvador, que fora un scriptorium especializado na elaboración de códices iluminados, así durante o século X realizouse nel o códice coñecido como o Beato mozárabe de Tábara.
D' "A praia das palabras" a "Libros coma area"
O día 22 de maio, como xa fixemos en anos anteriores, clausuramos o ano lector cunha viaxe pola Costa da Morte: a primeira parada foi na fermosa vila de Muros, dirixímonos logo a Carnota para coñecer o piorno; baixo a sombra do Pindo chegamos ao Ézaro e desfrutamos da impresionante desembocadura en fervenza do Xallas; no IES Agra de Raíces agardabanos o cálido recibimento do clube de lectura "Libros coma area", contaronnos as súas lendas, escoitaron as nosas e celebraron con nós un especial "cumpreanos lector". Xa pola tarde achegámonos ao Finis Terrae para coñecer a nosa particular fin do mundo e á vila e faro de Finisterre. Moitas grazas a Manuel Carande, a Susana e a Esperanza por recibirnos.
VIAXE À PARIS DO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS DO IES DE VILALONGA
Outro ano máis levamos os nosos alumnos e alumnas de francés coñecer a capital francesa: os seus monumentos, as súas ruas, as súas prazas, a súa gastronomía, as súas xentes cosmopolitas...
Aquí vos deixamos o programa.
VIAXE A PARIS 2013
Un ano máis o departamento de francés organiza unha viaxe a Paris para os alumnos de francés coa intención de achegar a realidade do país galo a estes mozos e mozas para que poidan descubrir e disfrutar unha das cidades máis visitadas do mundo.
Pasearán polas súas rúas entre os parisinos que seguen o seu ritmo diario e collerán con eles o metro e o RER, visitarán os seus museos, apreciarán a cidade dende o alto da Tour Eiffel, do Arco de Triunfo, da Tour Montparnasse e da colina de Montmartre, disfrutarán como nenos nos parques de Disney, percorrerán un tramo do Sena nun bateau mouche admirando os monumentos que bordean o río, miraranse nos espellos do Rei Sol no Palacio de Versalles e pasearán polos seus xardíns e unha chea de cousas máis.
VIAXE A PARÍS 2012
RESISTIRÉ

Linda CANCIÓN para seguir
(e versión para non aparvar)
Letra orixinal
Cuando pierda todas las partidas / cuando duerma con la soledad / cuando se me cierren las salidas / y la noche no me deje en paz.
Cuando tenga miedo del silencio / cuando cueste mantenerse en pie / cuando se rebelen los recuerdos / y me pongan contra la pared.
Resistiré para seguir viviendo / me volveré de hierro / para endurecer la piel / y aunque los vientos de la vida soplen fuerte / como el junco que se dobla / pero siempre sigue en pie.
Resistiré para seguir viviendo / soportaré los golpes / y jamás me rendiré / y aunque los sueños se me rompan en pedazos / resistiré, resistiré.
Cuando el mundo pierda toda magia / cuando mi enemigo sea yo / cuando me apuñale la nostalgia / y no reconozca ni mi voz./ Cuando me amenace la locura / cuando en mi moneda salga cruz / cuando el diablo pase la factura /o si alguna vez me faltas tú.
Resistiré para seguir viviendo / me volveré de hierro / para endurecer la piel / y aunque los vientos de la vida soplen fuerte / como el junco que se dobla / pero siempre sigue en pie.
Resistiré para seguir viviendo / soportaré / los golpes y jamás me rendiré / y aunque los sueños se me rompan en pedazos / resistiré, resistiré.
SANTIAGO, DA LENDA Á HISTORIA. VIAXES.
4º ESO (DC) ENTRA EN SANTIAGO
POLO CAMIÑO PORTUGUÉS. O día 16 de decembro os alumnos de 4º de ESO (DC) visitan Santiago de Compostela. Fan a pé desde o Milladoiro e guíannos, por quendas, ata a Praza do Obradoiro e o interior da catedral, entrando pola Porta de Faxeiras e a rúa do Franco. Á luz das guías, previamente preparadas, e das súas investigacións sobre a historia do camiño veremos un amplo abano de fermosos recantos da cidade vella. Ademais dispoñen xantar no Parque de Bonaval, esixen unha mirada do Campus Sur desde o balcón da Ferradura e toman a firme decisión de volver en tren para entrar en Vilagarcía a carón da ría, ao solpor, e degustar o luxo das comunicacións das que habitualmente carecen.
EXCELENTE VIAXE!
Guión de traballo: O Camiño de Santiago, unha ficción / De como a lenda se vai fecendo historia / Da historia á publicidade / As vías máis importantes / O Camiño de Santiago unha ruta de cultura e coñecemento, de economía e progreso / Elaboración de guía e plano: Milladoiro-Praza do Obradoiro.
Bibliografía: Otra idea de Galicia, Miguel-Anxo Murado; Guía e rutas da arte. Santiago de Compostela, B. Cegarra, Galaxia; Guía da Catedral de Santiago, A nosa Terra; Hª da arte , Pilar Díaz, Lóstrego; Galicia na I. Media, A. Mª Framiñán, Lóstrego; O Camiño de Santiago, C. A. González, Lóstrego;De acuarelas por Santiago, E. Baamonde.
"Meiga": recursos web; arhttp://www.arteguias.com/camino-santiago-historia.htmte; Wikipedia; http://www.vallenajerilla.com/berceo/santiago/economia.htm
Biblioteca/Ámbito Sociolingüístico
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












