IX Foro de Automoción no IES de Vilalonga


 Os días 19 e 20 de maio tivo lugar no IES de Vilalonga o IX foro de innovación da FP de Automoción, este curso coa temática: electrificación e hidróxeno. Contouse coa presencia das seguintes autoridades: María Deza (tenente de alcaldesa), Carmen Fernández Dapena (Directora do CFR Pontevedra), Cesar A. Ares (Delegado territorial de educación), José Carlos Barros Pardo (Inspector de educación) e Rafael Arines Gago (Director do IES de Vilalonga).
O 19 de maio, xoves, a partir das 16:30h fixéronse unha serie de talleres de contido diverso: detailing, diagnose sobre vehículo, vehículos eléctricos e simulador de soldadura virtual:


O 20, venres, a partir das 9h empezou o bloque teórico, no auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo. Trataron temas diversos como: "A nova FP no futuro", Innovación LUIKE: " El eléctrico 2.0", Híbridos "Una solución compleja". A partir das 11:45h presentáronse os proxectos de innovación na FP de automoción de Galicia:


 A partir das 17h, tras unha comida de traballo, no IES de Vilalonga fixéronse distintas actividades: un taller práctico sobre vehículo Lexus NX, dúas ponencias: Competición Greenpower Iberia; Taller práctico sobre Porsche Taycan; Taller sobre maquinaria agrícola e taller práctico náutico. Ao mesmo tempo fixéronse actos paralelos como: exposición de ferramentas e útiles, exposición de libros técnicos e exposición de vehículos innovadores.

As 20h clausuráronse as xornadas con unha valoración positiva por parte de todos/as, tanto os organizadores como os asistente, a participación foi moi elevada e os temas tratados innovadores e
necesarios para o avance da FP de automoción. 

A DERRADEIRA VIAXE EN BARCO DE DOMINGO VILLAR

Esta semana foi a do 17 de maio, data que escollemos e iniciamos en Galiza para a homenaxe e celebración de persoas que entregaron parte da súa vida á cultura, lingua e sobre todo literatura galega, mais esta semana das Letras Galegas foi tamén na que partiu unha das persoas que máis teñen feito pola literatura galega nos últimos anos, Domingo Villar. 

Con Ollos de auga Domingo Villar achegounos alá polo 2006 a unha literatura en galego feita para lectores e lectoras de todas as linguas e culturas e nun momento no que as letras galegas precisaban un pulo cara adiante como o que lle deu o inspector Leo Caldas, personaxe que nos levou de visita por Vigo e arredores e que seguimos en A praia dos afogados e O último barco.


Podemos dicir que foi unha sorte que Domingo se decidira a publicar Algúns contos completos deses que tiña agochados nos seus papeis e na súa memoria, porque xa non teremos oportunidade de escoitarllos lembrar.

De seguro que Leo Caldas estaría de novo a pasear por Vigo, tomándose uns viños, no momento que o destino quixo que Domingo Villar collese o barco da súa derradeira viaxe, aínda que esta deixe na súa singradura a pegada das letras inmortais que celebraremos aínda tantas veces.
 
                              

O RACE NO IES DE VILALONGA

Persoal do Real Automóbil Club de España (RACE) estivo este mércores no IES de Vilalonga para darlle unhas charlas, dentro do Plan Nacional de Drogas e Seguridade Vial, ao alumnado de FPBI e II de Automoción e 4ºESO, coa finalidade de sensibilizar a mocidade ante o risco que supón o consumo de drogas e a súa relación letal coa condución.

Esta actividade estendeuse o venres á posta en práctica dun circuíto sobre mobilidade persoal nas inmediacións do IES, coincidindo coa celebración do IX Foro de Innovación na Automoción que tivo lugar este xoves e venres.

Certame Literatio no IES de Sanxenxo.

 

O IES de Sanxenxo convocou, como todos os cursos, o seu Certame Literario para o 20 de maio de 2022. Fomos invitados, igual que todos os centros do concello. Participaron 54 alumnos/as do IES de Vilalonga, nas categorías de 1º e 2º ciclo de  ESO. A cada alumn@ déuselle un folio con dous fragmentos literarios, un de poesía e outro de narrativa. Tiñan que elixir un e continuar con un texto en narrativa ou verso, en ambos casos en lingua galega. A partir de aí deixar voar a imaxinación e crear.

Un xurado composto por profesores do IES de Sanxenxo lerán e elixirán os mellores. A entrega de premios terá lugar no auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo o 10 de xuño. 

Sorte á rapazada!!!


Audios e podcast do Día das Letras Galegas.

 Audios e podcast do Día das Letras Galegas.

Os alumnos de Primeiro de Bacharelato van realizar a lectura dun par de poemas sobre a obra de Florencio Delgado Gurriarán:

 


Neste caso un alumno de 4º de ESO nos vai ler un poema de Florencio Delgado Gurriarán: 

 
 O alumando de 1º de ESO vainos contar un pouco sobre a vida de Florencio Delgado Gurriarán:

 

Neste fragmento o alumnado de 3º de ESO vai recitar uns cantos poemas de Florencio Delgado Gurriarán:
  

Saída didáctica a Pontevedra


 O alumnado de 2º da ESO do IES de Vilalonga foi de excursión a Pontevedra o venres 13 de maio. Organizaron esta saída as profesoras de Xª e Historia Patricia Díaz e Gala Puy. Fixeron unha visita guiada ao Museo de Pontevedra:


Despois percorreron a zona antiga da cidade acompañados dunha guía local:

Pasaron un día estupendo, a experiencia foi moi positiva segundo nos dixeron.


"Navega con rumbo"

PROGRAMA "NAVEGA CON RUMBO"

Este luns, 9 de maio, o alumnado de 2º ESO asistiu a unha charla dun relator do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) dentro do Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que o alumnado navegue con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos da Internet e coa intención de que se mentalice da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.

Saída didáctica a Ourense


   Visitamos Galiciencia co fin de espertar vocacións científicas e gozar da ciencia, o espectáculo científico celebrado no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense), feira que se celebra dende 2006, dirixida a estudantes de todas as etapas.

   Os nosos alumnos e alumnas de 4º de ESO tiveron a posibilidade de participar en charlas, obradoiros  e moitas outras actividades sobre economía circular: A economía circular (EC) ten por obxectivo reducir o impacto das actividades económicas e sociais sobre o medio natural. Para tal fin, non hai mellor acción que eliminar o consumo de todo o “innecesario” e “superfluo”, é dicir, reducir o consumo, tanto no ámbito das empresas como dos consumidores finais (particulares ou administracións públicas). Feito o anterior, dispoñemos de diversas estratexias para ser máis circulares e deste xeito, traballar e acelerar o progreso cara a consecución do ODS 12. do Desenrolo Sostible: Produción e consumo responsables. 

   Aproveitando a viaxe á cidade de Ourense, visitamos o seu centro histórico, as burgas, a Praza Maior e a súa catedral.  Encantounos, sen dúbida Ourense é un destino recomendable!!!



DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana seguimos coas actividades que xa comezaramos na Semana das Letras para celebrar o Día das Letras Galegas e a figura de Florencio Delgado Gurriarán. 

Deseñamos unha camiseta e unha bolsa con versos do autor de Córgomo:



Vimos o Telexornal dos Dices e colocamos unha exposición sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, que visitamos co alumnado de 1º da ESO para facer unha ficha baseada no autor. 










Para rematar este día, baixamos á radio do centro a gravar a lectura de poemas e textos sobre a figura homenaxeada:


Para a semana seguiremos con máis cousas que xa vos iremos contando.


HOMENAXE AO ESTUDANTADO

O compañeiro Eduardo Baamonde xubilouse. Como mostra do seu agarimo cara ao alumnado que compartu parte da súa traxectoria laboral no IES quixo deixar un último recordo e nada mellor que os debuxos que mostran os momentos de traballo e creación. Non hai palabras para describir a beleza destas imaxes e o significado detrás delas. Un agasallo ben bonito e que nos fixo moita ilusión!!!






 
Achegádevos polo corredor da planta baixa do edificio 1 para poder admiralos. 
As fotos non lles fan xustiza, en persoa son magníficos!



Obradoiro de Emociona-t

Hoxe, 11 de maio, tivemos unha nova sesión do Proxecto Emociona-t con Paco Reigón. Esta vez estaba dirixida ao alumnado de 4º da ESO. O  obxectivo é que os nenos/ as sexan capaces de  verbalizar como senten: cando estean contentos, tristes, enfadados ou teñan medo, e dotarlles de estratexias e recursos persoais para manexar as devanditas emocións de maneira saudable.