Viaxe didáctica

    O 10 de maio o alumnado de 4º da ESO, acompañados polas profesoras de Ciencias Naturais Inés Giménez e Natalia Docampo de Administrativo, visitaron o IES de Montecelo e o CIFP  Carlos Oroza, ambos en Pontevedra. O obxectivo era facer dúas visitas guiadas aos ciclos que se imparten nestes dous centros de Fp. Dado o carácter terminal de 4º da ESO é conveniente que o alumnado coñeza as distintas opcións que lle esperan.

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario