Practicando as mates


 En decembro visitarou a biblioteca o alumnado de 1º da ESO. Viñeron coa súa profesora de matemáticas Estela Prol para facer un traballo de modelización: Cantas persoas viven aí? O obxectivo é aplicar as matemáticas á realidade para que o alumno/a poida razoar e comprender os conceptos teóricos, así como fixar conceptos básicos que teñen que aprender e que son imprescindibles para etapas posteriores.

Marchamos á universidade!

  

 O día 10 de decembro contamos coa visita dun membro do programa A Ponte que impartiu unha conferencia ao alumnado de 2º de bacharelato e 2º ciclo superior de administrativo.

Desde o Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, como o seu nome indica, queren facer de ponte entre o estudantado de Ensino Medio e a USC, para informar e orientar ao futuro estudante universitario, para que poida elixir os estudos que máis se adapten ás súas preferencias.

O Programa leva en funcionamento dunha forma estruturada desde o curso 2003-2004 e pretende dar a coñecer a oferta académica e o contexto investigador, social, cultural e espacial da Universidade en que se desenvolven eses estudos.

O fío condutor é a difusión do que é a Universidade de Santiago de Compostela: as súas titulacións, a investigación, os servizos académicos, pero tamén o que é a contorna en que se desenvolve a actividade universitaria: servizos de residencia, culturais, deportivos, asociativos, etc. En fin, o que é a vida nunha universidade inserida en pleno corazón de dúas cidades históricas (Lugo e Santiago de Compostela).

Organizaron esta actividade a Subdirectora do Centro: Lidia Fernández Pastoriza xunto co Departamento de orientación: Sara Gómez  Camiña.

CALIGRAMAS DE NADAL

 O alumnado de 4º da ESO fixo coa profesora de LGL  uns caligramas relacionados co tempo de Nadal. Aquí deixamos unha pequena mostra para desexarvos unhas boas festas e un mellor Aninovo!







SESIÓN DE CINE GALEGO

Esta tarde o alumnado 2º de bacharelato tivo a fortuna de contar cunha selección de curtametraxes en lingua galega gañadoras na sección Fetus do FKM (Festival de Cinema Fantástico da Coruña). A marabillosa colaboración do director do festival , Tonecho Otero, e dos directores/as que cederon os dereitos das súas obras para poder facer unha sesión de cine no noso IES é impagable. Grazas a todas esas persoas por darnos acceso a unha fonte de pracer e de coñecemento e reflexión como é o cinema, e moito máis por selo en galego. 

Esperamos poder repetilo ao longo deste curso e doutros vindeiros.

As obras proxectadas foron:

Monte Bravo (Noelia Muiño, 2020), Mare (Guille Vázquez, 2020), O que queda de nós (Miguel Gómez Abad, 2021), Canibalismo (Diego R. Aballe, 2021), Elas (Aaron Siebert, 2021), Galego á medianoite (Martín Caínzos Sanmartín, 2020) e Cineris (Carlos A. Quirós, 2021).



FELICITACIÓN PARA ESTAS DATAS DO EQUIPO DA BIBLIOTECA


 

Estudando os mapas

 O alumnado de 1º da ESO fixo, coa súa profesora de xeografía Patricia Díaz, uns mapas físicos con plastilina. A biblioteca expuxos nos corredores por que pensamos que son moi didácticos e un bo traballo. Parabéns.



VISITA AO GRUPO RADIO VOZ

 O alumnado FPB Administrativo de 1º e 2º curso visitou hoxe as instalacións do Grupo Radio Voz en Vigo. Alí coñecemos en directo como funciona a radio e como é un plató de televisión. Unha boa experiencia que esperamos poder aproveitar para a nosa futura radio de centro.







 

Conferencia sobre as matemáticas

Dende o departemento de matemáticas e en colaboración coa Universidade da Coruña, organizamos unha serie de charlas, enmarcadas no plan de divulgación científica, dirixidas ó noso alumnado de 3º ESO e 4º ESO.

Nestas conferencias, impartidas de xeito virtual por José Manuel Rodríguez Seijo, profesor e investigador universitario na área de matemáticas aplicadas, puidemos profundizar na idea de que as matemáticas xogaron un papel fundamental na historia da humanidade, a través da charla “Matemáticas (y sus aplicaciones) a lo largo de la historia”.  Ademais, ampliamos dita idea a un tempo presente, mediante a charla “Modelización matemática”, onde puidemos apreciar o uso actual de modelos matemáticos para a predicción de comportamentos de diversos sistemas físicos, químicos e/ou biolóxicos.

Traballando as matemáticas


Realizaron un mural sobre tres fórmulas matemáticas coñecidas co nome de Igualdades Notables, son unhas fórmulas moi usadas en álxebra e que lles resultan difíciles de aprender e aplicar pola abstracción que supón pasar do cálculo numérico ao cálculo con variables. Son importantes porque non aprendelas ben este curso pódelles carrexar dificultades os próximos cursos.

O obxectivo é que as aprendan, non só as fórmulas en si,  senón como se len, para que lles resulte máis fácil lembralas e  aplicalas. O traballo realizárono en grupos de 7 alumnos de diferentes niveis para que os que teñen máis dificultades de comprensión se vísen apoiados por aqueles alumnos aos que lles resulta máis fácil e para que na parte máis manual visen que poden achegar tanto ou máis que outros alumnos que a priori sacan mellores notas, tiveron que distribuírse as tarefas e expoñelo en clase.



Xa chegou o Nadal

 Como xa se inaugurou o Nadal achegámosvos unha chea de propostas do catálogo de Nadal da Mesa para regalar en galego e de Galicia. Todo da terra para demostrarlle o teu afecto aos teus. Ollo, podes agasallar no Nadal ou ao longo do ano.




Podes botarlle un ollo nesta ligazón:

https://www.amesa.gal/noticias/noticias-da-mesa/a-mesa-lanza-un-extenso-catalogo-con-centos-de-propostas-de-compras-e-agasallos-de-nadal-en-galego-2



QUEREMOS... DE TODO NA NOSA LINGUA!!!

 Queremos ter acceso a todo o que nos rodea na nosa lingua e, neste caso, a Netflix e ás demais plataformas de entretemento. Son unha parte fundamental do lecer no mundo actual e a nosa mocidade necesita referentes que a acheguen a un uso normalizado do idioma.

Apoia a campaña!

https://www.amesa.gal/noticias/noticias-da-mesa/asina-audiovisual-en-galego









25N - A rapazada de 1º ESO

 As persoas de 1º de ESO participaron nas actividades do 25N e desde a materia de LGL e o EDLG puxemos o noso gran de area para concienciar sobre a necesidade de eliminar da nosa sociedade os comportamentos violentos cara ás mulleres ao mesmo tempo que coñecemos e usamos a nosa lingua.









3 de decembro: día internacional da discapacidade

Os días 30 de novembro e 2 de decembro o alumnado de 1º da ESO tivo a fortuna de gozar da presenza dos membros da Asociación Amizade de Pontevedra. Así puidemos coñecer, de primeira man, o que é a discapacidade e como forma parte das nosas vidas e da nosa sociedade. Do mesmo xeito aprendemos a respectar a diversidade, a reivindicar a igualdade efectiva e a defensa dos dereitos de todas as persoas, sexa cal sexa a súa condición e situación.

Grazas polo voso tempo e traballo!





Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 O 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero no IES de Vilalonga quixemos unirnos a repulsa contra estos feitos. Consideramos que toda a sociedade debe loitar para evitalos, así nos manifestamos toda a comunidade escolar. 

Fixemos moitas actividades e un acto simbólico ás 12h. Aquí vós queda un resumo:

Na biblioteca colocamos pancartas elaboradas pola profesora de  Plástica Alba Piñeiro co seu alumnado de 2º da ESO:


Nos pasillos dos edificios un e dous tamén colocamos destas pancartas, só que de tamaño xigante:


Espuxemos  un cartel feito polo alumnado de Igualdade baixo a coordinación

da profesora Patricia Díaz para medir a violencia machista:



 

 

 

 Pintamos as mans de violeta e puxemos lazos da mesma cor:




Ás 12h toda a comunidade escolar se reuniu no patio para ler un manifesto e gardar un minuto de silencio:







Durante o minuto de silencio izamos unha pancarta que contiña os datos das  vítimas do ano 2021:

 

 

Despois colocamos a pancarta na entrada do instituto e alí estará toda a semana ao igual que as dos corredores e a biblioteca:


A profesora Patricia Díaz elaborou un vídeo sobre igualdade co seu alumnado de Fp básica de administrativo e alumnas de automoción, é moi bo e gañaron o 1º premio da Xunta de Galicia de traballos  audiovisuais dos centros escolares:

 

O Cim de Sanxenxo convocou o concurso Tik Tok sen violencias, o alumnado de Vilalonga participou e resultaron gañadores co 2º premio "non é amor, é control" do alumnado de 3º da ESO e co 3º premio a alumna de 2º da ESO Paula Besada por Humor vacío", parabéns a todas/os: