Despedimos o curso con música, entrega de premios, deporte e moita ledicia. Desexámonos boas vacacións e prometimos votarnos de menos ata setembro.
Bo verán a toda a comunidade escolar!!!!
Despedimos o curso con música, entrega de premios, deporte e moita ledicia. Desexámonos boas vacacións e prometimos votarnos de menos ata setembro.
Bo verán a toda a comunidade escolar!!!!
Nas últimas semanas o club de Ciencias desenvolveu unha actividade de Física, na que o alumnado realizou o deseño e confección de sistemas sifónicos para a construción de fontes de fluxo infinito.
Parabéns polo traballo desenvolvido durante todo o curso!
O venres, 21 de xuño, o alumnado de 4º de ESO celebrou a súa graduación, remataron o ensino secundario obrigatorio. Rematan un ciclo para poder cursar un novo a partir de setembro. Ao acto asistiron tamén os pais e os profesores. Foi unha tarde chea de ledicia e esperanza. Parabéns a toda a comunidade escolar que fixo posible este momento. Parabéns ao alumnado que eran os protagonistas da festa. Moita sorte a todos/as.
O 17/06/2024 reunimos na cafetería do centro ao alumnado que participou nos clubs de lectura este curso. Os rapaces e rapazas dos diferentes niveles xuntáronse coas súas respectivas profesoras (coordinadoras dos clubs). Comemos e bebemos, tamén festexamos a chegada das vacacións e prometemos continuar coa lectura o próximo curso. Eran en total 46 alumnos/as.
![]() |
Club de 1º de bacharelato coas súas profesoras Raquel e Uxía. |
![]() |
Club de 3º da ESO coa súa profesora Cuky. |
O
pasado mércores 29 de maio as alumnas e alumnos de relixión de 2º e 3º da ESO
viaxaron a Betanzos para coñecer esta vila histórica, pasamos un día de aprendizaxe
e lecer.
Un
guía betanceiro levounos polas rúas antigas ata chegar ás igrexas de San
Francisco de Santa María de
Azougue. Na primeira ademais das explicacións de Julián escoitamos a Enrique
Lista, franciscano, que nos contou como funcionaba o espazo solidario "Familia
aberta" para persoas que viven en soidade e precisan atoparse. Unha desas
persoas contounos a súa experiencia alí.
Logo visitamos Santa María de Azougue onde Julián nos preparou unha busca de "tesouros" medievais que se atopan nesta igrexa. Xa había fame. Marchamos a comer e a descansar a beira do río. Despois paseamos a beira do río e rematamos na praza tomando xeados, repoñendo forzas antes de voler a Vilalonga. Organizou a excursión a profesora de relixión Ana González e acompañárona os profesores Adrián Nespral Valle, Juan Ventoso, Rafael Arines e Carmen Sayáns.
ROI PRADO QUIÑONES
MATEO MÍGUEZ MONTES
HUGO MONTES PIÑEIRO
SARA SALOMÓN MOURÍN
UXÍA MÍGUEZ BARBEITO
SARA PRIETO PIÑEIRO
Categoría C
IGNACIO CARBALLA MAZA
SARA OTERO MEIS
SUSANA REA POZA
MANUEL PIÑÓN GARCÍA
Categoría B: 2º Premio- Sara Solomón Mouriz
Categoría C: 1º premio- Sara Otero Meis
2º premio- Manuel Piñón García
A FP de Automoción do IES de Vilalonga participou o día 8 de Xuño na Carreira de "Green Powe" organizada no Concello das Pontes.
Os días 22 e 28 de maio, o alumnado de Formación profesional das familias de Automoción e Administración recibiron un taller sobre primeiros auxilios impartida polo servizo de protecciónc civil de Sanxenxo. Na charla tiveron a oportunidade de coñecer cómo actuar ante un accidente, practicar a RCP e as técnicas de atragantamento.
O martes 23 de abril celebramos no IES de Vilalonga o Día Internacional do Libro. A biblioteca e a comunidade educativa levamos a cabo diversas actividades.
O departamento de Lengua e Literatura castelá organizou un mercadillo de libros, consistía nun trueque de libros: traer un e levar un.
O pasado 11 de abril o alumnado de Antropoloxía puido asistir á conferencia do Brais Arribas, un dos novos filósofos galegos máis prolíficos e interesantes. Na súa última obra trata os problemas filosóficos e éticos asociados ao Transhumanismo, que é una corrente de pensamento que reflexiona sobre como mellorar mediante a tecnoloxía á especie humana.
Xornada formativa organizada polo Centro
de Formación e Recursos (CFR)
O CFR de Pontevedra vén de organizar
unha xornada formativa dirixida non só a pais e nais, senón tamén a estudantes
de ESO, Ciclos Formativos e Bacharelato. A charla, que terá lugar o próximo
martes 30 de abril no IES de Vilalonga, estará a cargo do medallista olímpico
de esgrima e coach Jose Luis Abajo, “Pirri”. Baixo o título “O método para
conseguir os teus obxectivos”, o poñente abordará cuestións como:
- O autodiagnóstico: coñecer as nosas
mellores habilidades para explotalas ao máximo.
- O autocontrol: disciplina táctica e
xestión emocional.
- A automotivación: planificación de
obxectivos realistas.
Hoxe tivo lugar a terceira sesión do taller "Encaixando Pezas" dentro do programa Iguala-T.
Baixo a guía experta da técnica, o alumnado de 1º de ESO explorou como as diferenzas
individuais poden complementarse para alcanzar obxectivos comúns. Estas sesións
foron un éxito, proporcionando ferramentas prácticas para promover a igualdade de xénero.