Amosando publicacións coa etiqueta 2024 biblioteca EDLG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2024 biblioteca EDLG. Amosar todas as publicacións

Fin de curso 2023/2024

 









Despedimos o curso con música, entrega de premios, deporte e moita ledicia. Desexámonos boas vacacións e prometimos votarnos de menos ata setembro.

Bo verán a toda a comunidade escolar!!!!


ACTIVIDADES CLUB DE CIENCIAS

 

Nas últimas semanas o club de Ciencias desenvolveu unha actividade de Física, na que o alumnado realizou o deseño e confección de sistemas sifónicos para a construción de fontes de fluxo infinito.

Parabéns polo traballo desenvolvido durante todo o curso!


ESA: Educación Secundaria para Adultos


 

Oferta de Ciclos Formativos no IES de Vilalonga

 





Festa de graduación de 4º da ESO


O venres, 21 de xuño, o alumnado de 4º de ESO celebrou a súa graduación, remataron o ensino secundario obrigatorio. Rematan un ciclo para poder cursar un novo a partir de setembro. Ao acto asistiron tamén os pais e os profesores. Foi unha tarde chea de ledicia e esperanza. Parabéns a toda a comunidade escolar que fixo posible este momento. Parabéns ao alumnado que eran os protagonistas da festa. Moita sorte a todos/as.


Xuntanza final dos Clubs de Lectura

 

O 17/06/2024 reunimos na cafetería do centro ao alumnado que participou nos clubs de lectura este curso. Os rapaces e rapazas dos diferentes niveles xuntáronse coas súas respectivas profesoras (coordinadoras dos clubs). Comemos e bebemos, tamén festexamos a chegada das vacacións e prometemos continuar coa lectura o próximo curso. Eran en total 46 alumnos/as. 

Club de 1º de bacharelato coas súas profesoras Raquel e Uxía.

Club de 3º da ESO coa súa profesora Cuky.



Entrega de premios do Certame Literario de Sanxenxo

 


O 7 de xuño tivo lugar a entrega de premios do XVIII Certame Literario do IES de Sanxenxo, ás 20h no Auditorio Emilia Pardo Bazán. O noso centro participa todos os anos no mesmo. Foron seleccionados como finalistas un bo número do noso alumnado:

ROI PRADO QUIÑONES

GAEL ROCH CZARNECKI GONZÁLEZ

MATEO MÍGUEZ MONTES

HUGO MONTES PIÑEIRO

SARA SALOMÓN MOURÍN

UXÍA MÍGUEZ BARBEITO

SARA PRIETO PIÑEIRO

Categoría C
 

MIGUEL ÁLVAREZ GONZÁLEZ

IGNACIO CARBALLA MAZA

SARA OTERO MEIS

SUSANA REA POZA

MANUEL PIÑÓN GARCÍA

Resultaron gañadores:

Categoría B: 2º Premio- Sara Solomón Mouriz

Categoría C: 1º premio- Sara Otero Meis

  2º premio- Manuel Piñón García

Taller primeiros auxilios de protecciónc civil de Sanxenxo.

Os días 22 e 28 de maio, o alumnado de Formación profesional das familias de Automoción e Administración recibiron un taller sobre primeiros auxilios impartida polo servizo de protecciónc civil de Sanxenxo. Na charla tiveron a oportunidade de coñecer cómo actuar ante un accidente, practicar a RCP e as técnicas de atragantamento.

ENAPAS


 

Visita do GIAT- Automoción



O venres 3, o noso alumnado de automoción recibiu a visita do GIAT de Pontevedra (Grupo de Investigación e Análise de Tráfico da Garda Civil) . Durante a charla, abordáronse aspectos como os procesos de homologación de vehículos e os controis aos que son sometidos os vehículos para asegurar a súa idoneidade e conformidade coas normativas vixentes. Parabéns ao profesorado e alumnado do IES de Vilalonga!

CURSOS DE CAPACITACIÓN DIXITAL 2024

CARACTERÍSTICAS DOS CURSOS:
- Cursos gratuítos de 30 horas de duración. Haberá varios grupos e diversas quendas e horarios.
- Formación asociada á cualificación de nivel 2 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais IFC748_2 Dixitalización aplicada á contorna profesional.
- Ao remate obterás un certificado de asistencia e aproveitamento, co que se poderán acreditar unidades de competencia de cualificación profesional.
INSCRICIÓN:
- A inscrición realizarase de forma presencial na Secretaría do IES Vilalonga.
- A documentación a entregar será calquera tipo de documento de identidade (DNI, NIE).
- Poden solicitar máis información chamando ao 886159137

Exposición ODS


Os últimos quince días, 13-28 de maio, puidemos desfrutar dunha exposición organizada pola profesora de relixión Ana González. Titúlase: Letras que crean historias, Historias que contan vidas, ODS. A exposición foi cedida pola ONG Mans Unidas. O alumnado puido reflexionar sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (Axenda 2030 da ONU) e practicar coas TICs pois tiñan diversas actividades coas mesmas.



Xornada Clubs de lectura


 O día 14 de maio de 2024 tivo lugar, na cidade da cultura en Santiago de Compostela, a XVI Xornada dos Clubs de Lectura. O Cafi reuníu a representantes de todos os centros de Galicia que organizan clubs de lectura. Puidemos gozar de múltiples actividades: conferencias, obradoiros, visitas de escritores, videoconferencias, etc. Agradecemos a asesoría das bibliotecas escolares de Galicia e ao CAFI a organización e o bo trato.




Entrega de premios

 O 22 de maio de 2024 entregamos, na biblioteca, os premios do concurso Portadas vivas organizado polo departamento de Lingua castelá, con motivo do Día do Libro. Os premios consistiron en material escolar do instituto: bolígrafos, libretas, bolsa..., un vale para a cafetería do centro, outro vale para material escolar ou libros nunha librería da localidade e un diploma. Noraboa aos gañadores.



Gael Roch Czanecki González

de 1º ESOC




Nerea Varela Garrido 

de 3º ESO B

23 de abril. Día do Libro

 O martes 23 de abril celebramos no IES de Vilalonga o Día Internacional do Libro. A biblioteca e a comunidade educativa levamos a cabo diversas actividades. 

O departamento de Lengua e Literatura castelá organizou un mercadillo de libros, consistía nun trueque de libros: traer un e levar un.



A biblioteca organizou o tradicional "un libro unha flor" de todos os cursos, sempre é un éxito rotundo:





Feliz Día do Libros a Tod@s: 
“La lectura es a la mente lo que el ejercicio al cuerpo.” Joseph Addison

CHARLA BRAIS ARRIBAS

O pasado 11 de abril o alumnado de Antropoloxía puido asistir á conferencia do Brais Arribas, un dos novos filósofos galegos máis prolíficos e interesantes. Na súa última obra trata os problemas filosóficos e éticos asociados ao Transhumanismo, que é una corrente de pensamento que reflexiona sobre como mellorar mediante a tecnoloxía á especie humana.