Morre Umberto Eco, o sabio humilde.

“ Que non le, aos 70 anos viviría só unha vida. Quen le viviría 5.000 anos. A lectura é unha inmortalidade cara atrás”

O 19 de febreiro deste 2016 deixounos Umberto Eco; imos facer nesta páxina unha breve reseña biográfica e deixar uns enlaces para que te informes  polo miudo doutros aspectos da súa interesante vida:
Escritor e profesor universitario italiano mundialmente coñecido pola súa novela O nome da rosa. Eco naceu en Turín o 5 de xaneiro de 1932. Despois de estudar na universidade desa cidade, traballou para a RAI (Radio Audizione Italiana) desde 1954 ata 1959, e foi profesor de estética en Turín entre 1956 e 1964. Máis tarde, deu clases na Universidade de Milán durante dous anos, antes de converterse en profesor de comunicación visual en Florencia en 1966. Durante eses anos publicou os seus importantes estudos Obra Aberta (1962) e A estrutura ausente (1968). Entre os anos 1969 e 1971 deu clases na Universidade Politécnica de Milán, e en 1971 pasou a ser profesor de semiótica en Bolonia. Ao mesmo tempo que os seus traballos teóricos sobre a análise dos signos e os significados influíu e creou escola en círculos académicos.
Eco fíxose popular a través de dúas novelas, O nome da rosa (1981) unha historia detectivesca que se desenvolve nun mosteiro no ano 1327, e O péndulo de Foucault (1988), unha fantasía acerca dunha conspiración secreta de sabios. Ambas as novelas baséanse nos amplos coñecementos que Eco foi adquirindo sobre filosofía  e literatura. O nome de la Rosa foi adaptada para o cinema (1986) polo director francés Jean-Jacques Annaud. En 1995 publicou A illa do día de antes( Fonte: El Poder de la Palabra )

En maio de 2000 foi galardoado co premio Principe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

As reflexións que fixo sobre os seguintes temas son eternas e están plenamente vixentes; paga a pena deternos un pouco a pensar sobre o seu significado:

Sobre os posuidores da verdade:
Teme aos profetas e a aqueles que están listos para morrer pola verdade, xa que como regra xeral fan morrer a moitos outros con eles, frecuentemente antes ca eles, e ás veces en lugar deles.
Sobre a corrupción:
Hoxe, cando afloran os nomes de corruptos ou defraudadores e se sabe máis, á xente non lle importa nada e só van ao cárcere os ladróns de galiñas albanesas.
Sobre os pais:
Creo que aquilo no que nos convertemos depende do que os nosos pais nos ensinaron en pequenos momentos, cando non están a tentar ensinarnos. Estamos feitos de pequenos fragmentos de sabedoría. O péndulo de Foucault.
Sobre a internet:
As redes sociais danlle o dereito de falar a lexións de idiotas que antes falaban só no bar despois dun vaso de viño, sen danar á comunidade. Entón eran rapidamente silenciados, pero agora teñen o mesmo dereito a falar que un Premio Nobel. É a invasión dos imbéciles.
Sobre Deus:
Cando os homes deixan de crer en Deus, non quere dicir que cren en nada: cren en todo.
Sobre os libros.
Os libros non están feitos para que un crea neles, senón para ser sometidos a investigación. Cando consideramos un libro, non debemos preguntarnos que di, senón que significa.
Sobre o xornalismo:
Non son as noticias as que fan o xornal, senón o xornal o que fai as noticias, e saber xuntar catro noticias distintas significa propoñerlle ao lector unha quinta.
Sobre a poesía :
Todos os poetas escriben mala poesía. Os malos poetas publícana, os bos poetas quéimana.
Sobre o amor:
O amor é máis sabio que a sabedoría.
Sobre o medo:
Nada dá a un home medorento máis coraxe que o medo dos demais.
Sobre os viláns:
Os monstros existen porque son parte dun plan divino e nas horribles características deses monstros revélase o poder do creador.
Sobre os heroes:
O verdadeiro heroe é heroe por erro. Soña con ser un covarde honesto como todo o mundo.
( Fonte: Elventano )

Non deixes de ler a súa biografía máis polo miúdo na páxina seguinte: Biografías y vidas
e os artigos publicados en El País . Son de especial interés, tamén en El País, os seguintes:
Muere Umberto Eco, el sabio que llegó al público Umberto Eco, eterno y lúcido zarpazo,

Obradoiro de restauración de libros

O tempo deixa sempre a súa pegada e cando se trata de libros non é diferente, a fin de contas como ben dixo Umberto Eco "Los libros se respetan usándolos, no dejándolos en paz". No noso centro,os dicionarios e os libros de lectura obrigatoria ou optativa son os que máis desgaste presentan. Para tentar de recuperalos e educar no seu coidado a Biblioteca do IES de Vilalonga e o EDLG organizaron un obradoiro de restauración e encadernación de libros dirixido ó alumnado que forma parte do Club de Lectura de 2º ESO  que foi impartido por Gregoria Ferrera.
Este obradoiro tivo unha duración de 2 sesións de 2 horas cada unha nas que o alumnado e o profesorado   presentes   durante   a     actividade
aprenderon a recuperar libros sen tapas, con follas soltas que calquera deixaría de lado para mercar uns novos. Aquí  tedes  unha pequena mostra do estado dalgúns deles ANTES





e...

DESPOIS

  

E non esquezades que os libros envellecen ao ser usados, que foron creados para ser lidos e que agardan nos estantes a mirada atenta dos vosos ollos, o calor das vosas mans e deixar algunha pegada no voso corazonciño. Citando outra frase de Umberto Eco "El mundo está lleno de libros preciosos que nadie lee", animádevos a descubrilos.

Estaba el señor don Libro
sentadito en su sillón,
con un ojo pasaba la hoja
con el otro ve televisión.

Estaba el señor don Libro
aburrido en su sillón,
esperando a que viniera...(a leerlo)
algún pequeño lector.

Don Libro era un tío sabio,
que sabía de Luna y de Sol,
que sabía de tierras y mares,
de historias y aves,
de peces de todo color.

Estaba el señor don Libro,
tiritando de frío en su sillón,
vino un niño, lo cogió en sus manos
y el libro entró en calor.
Gloria Fuertes


"Que o galego te acompañe"



JUAN CARLOS PINTOS de 2º de ESO foi este ano o gañador na categoría de 1º ciclo de ESO no noso concurso de adhesivos 2016 coa súa obra "Que o galego te acompañe"

Mostrando IMG-20160201-WA0002.jpgNEREA CAMIÑA con "Irmandiño galáctico" e ÉRIKA CACABELOS con "Galefuturízate" foron finalistas nesta mesma categoría.

Así mesmo, "Galefuturízate" de MARTINA BASDEDIÓS e "Crea o futuro, crea o galego" de ALBA DOMÍNGUEZ foron as finalistas do 2º ciclo de ESO.

En bacharelato as finalistas foron: LAURA GONZÁLEZ con "Que o galego te acompañe", INÉS REY con "Sacho Wars" e NEREA TORRES con "Irmandades robóticas. Gal.16"

SAN VALENTÍN E O AMOR EN VILALONGA


Un ano máis desde a Biblioteca do IES de Vilalonga fomentouse o intercambio de poemas e de cartas co tema do AMOR para celebrar o día de San Valentín.Colaborararon activamente na elaboración do "decorado" e na eleción dos poemas os alumnos de 4º de diversificación curricular.

Santiago Lopo, o outro lado do espello.

Onte, 16 de febreiro, charlou co alumnado de 2º de ESO o escritor de "Game over", Santiago Lopo. O autor conseguiu que moitos deles pasasen ó outro lado do espello a través desta novela que gañou no seu día o Premio de Novela por Entregas da Voz de Galicia. Esta obra, aínda que inicialmente non está pensada para o público adolescente, engacha a moitos alumnos que non son moi fáciles de atraer ó outro lado deste espello que é a ficción, como ben apunta Santiago na dedicatoria deste libro.

 

  Graciñas pola túa visita.

Grupos de clase que celebran o Entroido con Castelao





Este é só un adianto das fotos que se publicarán con motivo da celebración do Entroido este ano no IES de Vilalonga. Como vedes a participación na ESO foi case absoluta e até os profesores se achegaron disfrazados con motivos relativos ás súas materias. 


Por iso tivemos a visita de escritores como Valle Inclán e Castelao, personaxes literarios como Sancho Panza e a Celestina. Investigadoras como Madame Curie e até nos visitou Frank de la Jungla. 

En breve, achegaremos as fotos de todos os participantes e premiados no noso Entroido escolar.