Amosando publicacións coa etiqueta CASTELAO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CASTELAO. Amosar todas as publicacións

COMEZAN OS CLUBS DE LECTURA NO IES VILALONGA


Entre esta semana e a que vén comeza a reunirse a rapazada do Club de Lectura do IES de Vilalonga nos seus diferentes grupos.

O alumnado de 1º ESO, xunto coa profesora Inés, vai ler e viaxar pola fantasía con Charlie y la fábrica de chocolate, un clásico de Roald Dalh que engaiola cada ano as xeracións que van chegando ao noso Club.



Os grupos de 3º ESO, que xa comezaron esta semana en dúas quendas dirixidas pola profesora Carme Picallo, están a facer un percorrido pola nosa historia a través das profundas e impactantes mensaxes que Castelao nos deixou nas súas Cousas.





Coa profesora Lidia Fernández comezan tamén dúas quendas de 1º BACH, quen os tentará guiar por unha banda, nunha viaxe ao pasado co escenario de fondo da II Guerra Mundial e pasaxes ás veces difíciles de dixerir pero que son unha lección necesaria de realidade para a sociedade actual, neste caso da man de Ledicia Costas e Un animal chamado néboa. Na banda oposta, o segundo grupo tentaremos que poida sentir e danzar ao ritmo das historias e melodías que nos ofrece Rosalía Fernández Rial no seu Bonus Track.



Tamén coa
profesora Lidia, comeza este luns o grupo de 2º ESO, desta vez da man de Iria Misa e a súa novela Mamá, quero ser Ziggy Stardust, que promete ser unha lectura desas que deixan pegada.



Agora só nos queda comezar, ir incorporando os outros grupos, deixarvos as impresións das nosas lectoras e lectores e facervos, na medida do posible, partícipes das súas viaxes particulares.

Teatralización de "Cousas" de Castelao

Resultado de imaxes para cousas os quinquillánsO vindeiro 23 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de ESO e o de 2º de bacharelato asistirá representación de "Cousas" no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo da man da compañía Os Quinquilláns. Tamén asistirá alumnado do IES de Sanxenxo.



Exposición CASTELAO ARTISTA no museo de Pontevedra

 A exposición  reúne preto dun cento de obras de gran formato  da  primeira etapa do artista entre 1905 e 1920, todas elas conservadas en Galicia.
Os debuxos do Álbum Nós que marcaron un antes e un despois na obra de Castelao tamén se poden ver na exposición que foi inaugurada o Día das Artes Galegas ( a Real Academia Galega de Belas Artes homenaxea este ano a Castelao ) e que estará aberta ata o 5 de xuño.

Fotografía do Diario de Pontevedra

A partir do 9 de abril podedes disfrutar de visitas didácticas os mércores e os sábados ás 19h. Para mais información podedes visitar a web do museo.

Grupos de clase que celebran o Entroido con Castelao





Este é só un adianto das fotos que se publicarán con motivo da celebración do Entroido este ano no IES de Vilalonga. Como vedes a participación na ESO foi case absoluta e até os profesores se achegaron disfrazados con motivos relativos ás súas materias. 


Por iso tivemos a visita de escritores como Valle Inclán e Castelao, personaxes literarios como Sancho Panza e a Celestina. Investigadoras como Madame Curie e até nos visitou Frank de la Jungla. 

En breve, achegaremos as fotos de todos os participantes e premiados no noso Entroido escolar.

Exposición CASTELAO na nosa biblioteca



Durante este derradeiro trimestre contamos cunha exposición de Castelao na nosa biblioteca. Esta exposición é obra do noso compañeiro, o profesor André Fernández.