Entroido do 2024
O venres día 9 celebrouse no IES de Vilalonga un festival de entroido, do que houbo interesantes momentos.
Entroido no IES de Vilalonga
Entrega dos premios de Entroido
O xoves 4 de marzo entregamos os premios do concurso de entroido do
instituto. O alumnado premiado foi:
1º premio: Julia González González de 3º ESO C.
2º premio: Lara Portas Carballa de 2º de bach. E
3ª premio: o grupo de Lucía Sabarís Pazos, Noelia Dopazo Arosa, Nuria Abril
Leiro Poza, Daniel Daporta Otero e Micaela Herrera Lorenzo.
Parabéns a todos/as e a seguir con ánimo!
Resolución do concurso de receitas de entroido
Entroido na pandemia
A comunidade escolar do IES de Vilalonga celebrou o Entroido.
Este curso non nos cansamos de dicir que é diferente, estamos
confinados, limitados e asustados, por iso mesmo decidimos
disfrazarnos. Celebrar estas datas, cambiar un pouco esta
atmosfera opresiva que nos envolve. O venres 12 calquera podía
disfrazarse, a ser posible de personaxe histórico.
Respectouse o horario habitual e déronse as clases, pero os
diferentes atavíos achegaron unha nota de cor.
Á esquerda Miguel en Shakespeare.
Tamén estiveron Quevedo, Valle Inclán, o clero, a realeza,
representantes da moda: Coco Chanel, etc.
O alumnado tamén participou mandando fotos disfrazados
ao correo da biblioteca-EDLG para o concurso que
se convocara on-line.
O día 12 moitos alumnos/as viñeron disfrazados.
Algúns trouxeron atavíos moi elaborados froito
do seu traballo, outros botáronlle imaxinación e
con catro aderezos compuxeron vestimentas
sorprendentes. Todos/as encheron de ledicia a
mañá do venres para non esquecer que a vida
segue e precisamos gozala.
Viva o Entroido rapaces, voltaremos á normalidade!!
Tamén expuxemos no corredor do edificio 1 unha mostra do entroidos tradicionais que se celebran en diferentes lugares de Galicia.
ENTROIDO 2018
2º PREMIO para as do MONSTRO DAS GALLETAS.
3º PREMIO para os dos ANOS 70.
En parellas:
2º PREMIO para @S MÚSIC@S (María e Lucía de 4º de ESO)
3º PREMIO para @S ESPANTALL@S (Diana e Alba de 2º de BAC)
En individual: 1º PREMIO para O MOTORISTA HIPPIE (Lucas de 4º de ESO)
2º PREMIO para O PERSONAXE VIDEOXOGO (Jaime de 2º de ESO)
3º PREMIO para A BOTELLA DE CERVEXA (Jorge de 2º de ESO)


Podedes ver máis fotos premendo na seguinte ligazón.
Grupos de clase que celebran o Entroido con Castelao



















