o pasado mércores 6 de xuño realizouse a presentación da revista ENÓRMIC BANDA de banda deseñanada dos EDLG do Salnés no CPI Faro das Lúas en Vilanova de Arousa. Este ano os dous alumnos escollidos para publicar o seu traballo na revista foron: María Welss Prol con "Historietas de hospitais" de 3º de ESO e Daniel Castro Besada con "Pokemon" de 2º de ESO. A revista deste ano ten un toque moi xaponés, dado que no seu limiar colaborou o profesor Takekazu Asaka, profesor da Universidade de Tsudajuku de Toquio e a portada e a contraportada correu a cargo de Anémona de Río, autora do primeiro manga en galego Tam
O Faro de Vigo e La Voz de Galicia fixéronse eco desta nova.
O alumnado de 2º ESO realizou unha pequena antoloxía de citas dos libros de María Victoria Moreno, homenaxeada este ano nas Letras Galegas e compañeira nosa durante un anos, seleccionadas do libro de Monste Fajardo O escalón de Ulises, Colocámolas nos corredores alumnado poida gozar dos seus traballos.
Estas son algunhas das nosas catrinas da Campaña de resurrección de palabras galegas que levamos a cabo como actividade en 2º de ESO durante este Samaín 2017.
Hoxe contamos no centro cunha visita moi especial, uns cadeliños compartiron connosco unha charla impartida pola encargada do Refuxio de Animais de Cambados ó alumnado de 2º de ESO.
O obxectivo é concienciármonos do importante que é adoptar e educar no respecto a todo tipo de animais. Contounos o labor tan importante que fan este tipo de protectoras para dar en adopción a moitos cans e gatos que son abandonados e, en ocasións, maltratados polos seus anteriores donos.
A pasada semana contamos no centro coa exposición dos gañadores e seleccionados no XXII Certame Gráfico pola Normalización Lingüística que organizan os EDLG dos centros escolares da comarca do Salnés. Este ano o gañador do noso centro foi JUAN CARLOS PINTOS CAMIÑA de 2º de ESO A.
Foron seleccionados como finalistas:
NEREA CAMIÑA TOURIÑO e ÉRIKA CACABELOS FERNÁNDEZ na categoría de primeiro ciclo de ESO.
MARTINA BASDEDIÓS TILVE na categoría de segundo ciclo de ESO.
INÉS REY SOUTULLO, NEREA TORRES MONTES e LAURA GONZÁLEZ MUÍÑOS na categoría de bacharelato.
A Coordinadora está composta por un total de 13 centros de Ensino Secundario do Salnés, dos cales 12 presentaron traballos ao concurso: IES Miguel Ángel González, IES Castro Alobre, IES Armando Cotarelo, IES Bouza Brey,IES A Basella, IES Faro das Lúas, IES Illa de Arousa, IES RamónCabanillas, IES Francisco Asorey, IES Vilalonga, IES Monte da Vila, IES de Barro e CPI Mosteiro.
Seguimos dando a coñecer as coñecer as receitas elaboradas polo noso alumnado, neste caso trátase dun "sorbete de limón" moi axeitado para a calor que vai, cuxa elaboración nos ensinan Noa Martínez e Clara Moldes de 2º de ESO A.
O 12 de maio o alumnado de 2º da ESO, cos profesores Mª Luisa Castaño, Sergio Piñeiro e Mª Aurora López, levaron a cabo unha saída cultural a Santiago onde visitaron distintos lugares de interés:
- Museo de Historia Natural da USC, había moitas cousas interesantes: animais, minerais, vexetais, instrumentos, etc:
- Cubertas da Catedral, desde as que se observan vistas extraordinarias:
- Museo do Pobo galego situado no Convento de Sto. Domingo de Bonaval, coa súa impresionante escaleira:
Gozaron das visitas, en especial das dúas primeiras, que foron guiadas. O alumnado atendía as explicacións dos guías e respostaban ás preguntas destes, tamén sacaron fotos, falaron, riron...
Voltaron moi cansos pero a experiencia foi moi positiva.
O pasado xoves 26 de maio presentouse no IES Casto Alobre o novo número da revista de cómic da Coordinadora EDLG do Salnés, que este ano contou coa colaboración na portada de Luis Davila, o Bichero, e no limiar da xornalista Monste Fajardo
Este ano os traballos que obtiveron o galardón da súa publicación no noso centro foron o de Ana Rodríguez Domíngueze Noelia Caneda Rey de 1º de bacharelato C.
O venres 18 de marzo o regueifeiro, JOSIÑO DA TEIXEIRA, impartiu un obradoiro de regueifaspara o alumnado de 2º de ESO que fixo que dunha maneira lúdica estes rapaces aprendesen a improvisar as súas propias regueifas Aquí vos quedan os vídeos coas súas creacións .
O tempo deixa sempre a súa pegada e cando se trata de libros non é diferente, a fin de contas como ben dixo Umberto Eco "Los libros se respetan usándolos, no dejándolos en paz". No noso centro,os dicionarios e os libros de lectura obrigatoria ou optativa son os que máis desgaste presentan. Para tentar de recuperalos e educar no seu coidado a Biblioteca do IES de Vilalonga e o EDLG organizaron un obradoiro de restauración e encadernación de libros dirixido ó alumnado que forma parte do Club de Lectura de 2º ESO que foi impartido por Gregoria Ferrera.
Este obradoiro tivo unha duración de 2 sesións de 2 horas cada unha nas que o alumnado e o profesorado presentes durante a actividade aprenderon a recuperar libros sen tapas, con follas soltas que calquera deixaría de lado para mercar uns novos. Aquí tedes unha pequena mostra do estado dalgúns deles ANTES
e...
DESPOIS
E non esquezades que os libros envellecen ao ser usados, que foron creados para ser lidos e que agardan nos estantes a mirada atenta dos vosos ollos, o calor das vosas mans e deixar algunha pegada no voso corazonciño. Citando outra frase de Umberto Eco "El mundo está lleno de libros preciosos que nadie lee", animádevos a descubrilos.
Onte, 16 de febreiro, charlou co alumnado de 2º de ESO o escritor de "Game over", Santiago Lopo. O autor conseguiu que moitos deles pasasen ó outro lado do espello a través desta novela que gañou no seu día o Premio de Novela por Entregas da Voz de Galicia. Esta obra, aínda que inicialmente non está pensada para o público adolescente, engacha a moitos alumnos que non son moi fáciles de atraer ó outro lado deste espello que é a ficción, como ben apunta Santiago na dedicatoria deste libro.
Este é só un adianto das fotos que se publicarán con motivo da celebración do Entroido este ano no IES de Vilalonga. Como vedes a participación na ESO foi case absoluta e até os profesores se achegaron disfrazados con motivos relativos ás súas materias.
Por iso tivemos a visita de escritores como Valle Inclán eCastelao, personaxes literarios como Sancho Panza e a Celestina. Investigadoras como Madame Curie e até nos visitou Frank de la Jungla.
En breve, achegaremos as fotos de todos os participantes e premiados no noso Entroido escolar.
Desde o grupo do Club de Lectura de 2º de ESO desexámosvos un BO NADAL e un PRÓSPERO ANINOVO, esperando que, cando menos, ese vindeiro 2016 nos traia unha boa morea de lecturas que compartir.
Eles andan a desfrutar lendo As mil e unha noites e queren compartir con vós o seu gusto pola lectura e polos momentos conxuntos que pasamos a falar deses libros e historias que nos engaiolan, porque dalgunha maneira nos están ensinando a descifrar este mundo tan convulso que nos rodea.
A principios deste mes de maio o escritor Santiago Lopo visitou o noso instituto por partida dobre. Na primeira ocasión para departir co alumnado de 1º e 2º de bacharelato sobre a súa obra "Hora zulú".
E na semana seguinte para encontrarse co alumnado do club de lectura de 2º de ESO e PCPI, que leron as súas obras "Game over" e "Peaxes"
Graciñas pola túa visita e parabéns polos teus libros.
Un ano máis o noso instituto desenvolveu a súa FEIRADASCIENCIAS. Organizada polos departamentos de Física e Química e Tecnoloxía, e os seus profesores Nuria, Tomás, Gabriel, Irene e Velay. Participou nela o alumnado de 1º de bacharelato, A e B, 4º de ESO B, 4º de diversificación, 2º e 1º de ESO. O resto do alumnado e profesorado fomos espectadores dos numerosos experimentos e enxeñosos inventos cos que nos agasallaron.
Parabéns para todos e cada un dos que fixeron posible, de novo, esta exitosa actividade.