Amosando publicacións coa etiqueta ENÓRMIC BANDA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENÓRMIC BANDA. Amosar todas as publicacións

Presentación de ENÓRMIC BANDA

o pasado mércores 6 de xuño realizouse a presentación da revista ENÓRMIC BANDA de banda deseñanada dos EDLG do Salnés no CPI Faro das Lúas en Vilanova de Arousa. 

Este ano os dous alumnos escollidos para publicar o seu traballo na revista foron: María Welss Prol con "Historietas de hospitais" de 3º de ESO e Daniel Castro Besada con "Pokemon" de 2º de ESO.

A revista deste ano ten un toque moi xaponés, dado que no seu limiar colaborou o profesor Takekazu Asaka, profesor da Universidade de Tsudajuku de Toquio e a portada e a contraportada correu a cargo de  Anémona de Río, autora do primeiro manga en galego Tam




O Faro de Vigo e La Voz de Galicia fixéronse eco desta nova. 

PRESENTACIÓN DO NÚMERO 15 DE "ENÓRMIC BANDA"



Hoxe, 5 de maio, tivo lugar a presentacción no IES Ramón Cabanillas de Cambados da revista de cómic ENÓRMIC BANDA, na súa décimo quinta edición. Este ano no noso centro tivemos un alto número de premiados, cinco en total, o máis elevado de todos os centros que forman parte da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Salnés.

Os nosos premiados foron: LUIS IGLESIAS OTERO coa súa obra "Civilización", JOSE PAZOS MOHRI con "Galeghome",  DAVID GÜIMIL VÁZQUEZ co "Desexo", LUCÍA PÉREZ GONZÁLEZ con "Wertesplandor" e ANA OTERO GÓMEZ con "Castelao".  Á vista dos seus títulos podedes comprobar como o noso alumnado desenvolveu un amplo labor crítico cunha ollada aguda da nosa realidade social moi de perto. O que demostra que non viven alleos ós cambios que se están a producir na nosa sociedade.

No acto de presentación da revista contouse co autor do limiar Francisco Fernández Rei, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, que nos falou sobre os novos falantes do galego procedentes doutros países e as múltiples traducións que fan ó xaponés, ou o ruso, entre outros idiomas, da nosa literatura. Tamén estivo presente a pintora autora da portada e contraportada Emérita Méndez. E finalizamos o acto, despendindo ó coordinador Xabier Camba, ó que agradecemos o seu gran traballo durante estes case vinte anos á fronte desta coordinadora comarcal.

Presentación ENÓRMIC BANDA 2012


O pasado xoves presentouse no instituto Bouza Brey de Vilagarcía a edición número trece do ENÓRMIC BANDA. A revista de banda deseñada que editan conxuntamente os equipos de dinamización lingüística dos centros de secundaria do Salnés.

Antón Romero, que publicou nos dous primeiros números desta revista cando estudaba neste centro, é o autor da súa portada e da súa contraportada.

No limiar contamos coa colaboración do poeta e músico Ramón Neto, nado na Illa de Arousa e residente en Bruxelas.

Este ano foron quince os centros que achegaron o traballo dos seus alumnos a esta revista. Os catro centros de Vilagarcía, os dous de Vilanova, o da Illa, os de Cambados, o de Vilalonga, o Monte da Vila do Grove, os de Barro e Meaño, o colexio Mosteiro de Meis e a escola de idiomas de Vilagarcía participaron nesta edición da que se editaron 1 350 exemplares.

Parabéns para a nosa alumna Alba Gándara de 3ª A, que co seu cómic de recreación d' Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete resultou a premiada.