Amosando publicacións coa etiqueta concursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concursos. Amosar todas as publicacións

Mans Unidas no IES de Vilalonga


O día 24 de marzo, dous voluntarios da Delegación de Mans Unidas de Pontevedra achegáronse ao IES de Vilalonga para atoparse con Candela Torres, Lola Rea, Jennifer Lamelas e Carla Barreiro. O motivo foi que desde Mans Unidas quixeron darlles a estas alumnas, autoras da clipmetraxe "Curamos a desigualdade?", un agasallo de agradecemento pola súa participación no Festival de Clipmetraxes 2021. Aínda que a súa clipmetraxe non foi gañadora autonómica, si que merecen un recoñecemento estas rapazas por ter contribuído á conciencia de "Contaxiar solidariedade". Aquí vos deixamos foto do encontro con Ilda e Eduardo.


Premios Concurso Castelao








A convocatoria do concurso de creación artística "Castelao no século XXI" non tivo moito éxito, pero as persoas participantes reflectiron a estética e/ou o espírito crítico do noso autor para achegar a súa visión persoal sobre algúns dos males do noso tempo.

Parabéns e a seguir creando!


Resolución do concurso de receitas de entroido


 Tras a reunión do xurado do Concurso de receitas de Entroido resultou gañadora a alumna Tania Esperante Rodríguez de 4º ESO B. Esperamos que vos guste e a poñades en práctica.

Parabéns Tania.




CONCURSO "O MEU OUTONO EN FOTOS"

 A biblioteca e o EDLG do IES de Vilalonga organizan o concurso fotográfico con pé de foto en galego "O meu outono en fotos". Aquí tedes as bases:



Festa fin de curso




O día 23 de xuño remataron as clases e con elas o curso 2016-2017.

VACACIÓNS!!!!!!!!!!!!!!!!

Fixemos unha festa, na que se entregaron os premios do Concurso do Logo do Instituto, e despois tivemos música co grupo "Mensaje siciliano" formado por ex-alumnos do Centro.

Entregaron os premios a directora do IES,  Mª Esther Prol Triñanes, e o subdirector,  José Velay Cascallar.

                                                  1º premio: Samuel Vega Blanco

                                                  2º premio: Carlos Acuña da Silva
                                                     3º premio: Nerea Camiña Touriño


Bo verán a tod@s !!!!!!!!!!!!!!!!!


Entrega de premios do Certame literario de Sanxenxo


O 15 de xuño repartironse os premios do Certame literario do IES de Sanxenxo, no Auditorio Emilia Pardo Bazán. O IES de Vilalonga acudiu como participante e invitado, celebrouse unha festa na que deu unha conferencia o xornalista invitado: Serafín Alonso. Os premiados do noso instituto foron:

Alumnado finalista na categoría C do  centro:
Afoso  Abalo Lucía

e na categoría D:
Anxo Castelo Bravo
Ramón Azores Vázquez
Lara Tacón Martínez
Pablo Rodríquez López
 Roberto  Trigo Lores
 Iván Cores Vázquez
RODRÍGUEZ
 Aarón Ortigueira García
Cecilia Rodiño García
Martina  Basdediós Tilve
Ana Fernández Escudero

PARABÉNS A TO@S !!!!!!!






CONCURSO PARA O LOGO DO CENTRO


A Dirección do IES de Vilalonga convocou un concurso para dotar ó centro dun logo. Aquí podedes ver os logos presentados, os finalistas e o gañador, realizado polo alumno Samuel Vega de 3º ESO.





Concurso en Twitter: "Que se vexa o galego"

Foto de CTNL - Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.

Entrega de premios do Concurso de adhesivos

O pasado xoves, 27 de abril, efectuouse a entrega de premios do XXIII Concurso de adhesivos da Coordinadora de EDLG do Salnés no IES Bouza Brey de Vilagarcía. Lembremos que o noso centro gañou os dous premios da categoría de bacharelato e ciclos formativos, O primeiro premio foi de Tomás Uhía e o segundo para Isabel Martínez.

A entrega de premios contou coa presenza de Bieito Iglesias que impartiu unha charla sobre o homenaxeado das Letras Galegas deste ano, Carlos Casares. Nesta amena conferencia a través dunha serie de fotos persoais do escritor percorreu a súa biografía dun xeito moi didáctico. Desde os seu anos mozos de estudante no Seminario, onde froito da represión lingüística da época lle facían copiar como castigo: "No hablaré más en gallego" até 100 veces, pasando polos seus anos universitarios  e xa como escritor, autor de Ilustrísima, personaxe inspirado nun tío de súa nai, bispo en Cuba. Así mesmo, comentou como o feito de casar cunha muller de orixe sueca provocou que fose todos os anos de vacacións a Suecia e puidese fuxir da opresión do réxime franquista accedendo ás películas e libros que se estaban a ver e ler no resto de Europa.

Concurso fotográfico para o Día escolar da non violencia e da Paz

1º PREMIO: Adrián Castro y Fernando Machado
3º PREMIO: Lucía Martínez













Daniel Castro

Inés Costado
2º PREMIO: Inés Costado
            

Noa García
Álvaro González


Inés Costado

Aquí vos deixamos as fotografías presentadas ao concurso e o veredicto do xurado.

CONCURSO DE ADHESIVOS 2017

Resultado de imagen de imaxes diccionario dos seres míticos gallegos
A Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés organiza como cada ano o CONCURSO DE ADHESIVOS. Nesta ocasión o tema son os SERES MÍTICOS CON PODERES SUPERLINGÜÍSTICOS.


Para achegarnos a esta temática nada mellor que o Dicionario dos seres míticos galegos e a páxina de Galicia Encantada. (Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia.

ALUMNADO PREMIADO NO CONCURSO LITERARIO DO IES DE SANXENXO




As alumnas do noso centro que resultaron premiadas no XI Certame Literario que organiza o IES de Sanxenxo foron: 
 

ÉRIKA CACABELOS FERNÁNDEZ (Primeiro premio na categoría B)



MARTINA BASDEDIÓS TILVE (Segundo premio na categoría C)






ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ (Primeiro premio na categoría D)

EVA GONZÁLEZ KÖLMEL (Segundo premio na categoría D)
INÉS REY SOUTULLO
(Terceiro premio na categoría D)


Resultaron finalistas: 

EVA BASDEDIÓS TILVE (categoría B), LIDIA DADÍN CAMIÑA, IRIA OTERO RIVEIRO, MIREIA OTERO LEIRO, RAQUEL TORRES CHAN, ANDREA PENAS GONDAR, ROCÍO MATILLA NÚÑEZ E CARLOTA DOMÍNGUEZ DOMÍNGUEZ (categoría D).

"Poesía en clave dixital" en Caldas de Reis


O pasado venres 15 celebramos en Caldas de Reis o evento "Poesía en clave dixital". As poetas Rosalía Fernández Rial e Susana Sánchez Aríns e os músicos Sergio Trillo (Serj) e Clara Pino foron os nosos invitados a impartir os obradoiros. 

O alumnado participante proviña de catro centros da provincia (IES de Poio, Vilalonga, Sanxenxo e San Paio de Tui e foi coordinado polo profesor Rafael Arines Gago. Despois dos obradoiros iniciais, realizouse o recital conxunto no Auditorio Municipal, coa participación do alumnado dos institutos e os autores citados. 

Tras o almorzo na Carballeira, realizamos un percorrido polas orillas do río Umia e a zona vella de Caldas. Iniciamos as actividades da tarde coa interpretación de "Adiós ríos, adiós fontes", cantada pola nosa alumna Sara Pombo, acompañada na guitarra por un compañeiro. A continuación tomamos fotografías do río para o concurso de fotografía "Poemas visuais do Umia". Tamén se homenaxeou a Ramón Pérez de Ayala, que escribiu a súa novela "AMDG" durante a súa estancia no balneario de Caldas de Reis, coa lectura dun poema extraído desta obra. O percorrido continuou pola zona vella da vila, ofrecendo versos e poemas ós viandantes e distribuíndo "publicidade poética" polos parabrisas dos coches. No remate, xa de volta á Carballeira, houbo un momento para a lectura dos poemas realizados polo alumnado no concurso de "Parodias musicais"

Faro de Vigo

Presentación de Enórmic Banda 2015

O pasado xoves presentouse a revista de banda deseñada da Coordinadora de  Equipos de Normalización Lingüística do Salnés  ENÓRMIC BANDA no IES Francisco Asorey.

Este ano a portada e contraportada foi deseñada polo artista cambadés Miguel Pérez Ramudo e o prólogo é da autoría da escritora vilagarciana Sabela Muñiz.

Seguimos aí un ano máis a pesar de todas as trabas económicas que nos poidan poñer, e aí están tamén os nosos alumnos, este ano formado por un amplo elenco, dado que non só colaboraron coas súas historietas de cómic, senón que tamén se achegaron con algúns deseños que xa presentaran ó concurso de pegatinas deste ano.

En breve, terédela nas vosas mans coas seguintes obras dos vosos compañeiros


"O trono e o lóstrego" de Alba Gándara Martínez

"Galeghome 2" de José Pazos Morhi


"Que ocultan as bágoas" de David Güimil Vázquez

"Non é o mesmo guapiña ca ghuapiña" de Álvaro Insua Vidal

" Diferenzas dialécticas" de Anxo Fernández Gómez

E unha obra sen título de María Victoria Castro Aragunde



ADHESIVOS PREMIADOS


A Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Salnés convocou un ano máis o seu concurso de adhesivos, en concreto trátase da XXI CERTAME GRÁFICO POLA NORMALIZACIÓN 
Este ano o tema eran as nosas variedades dialectais, na reinvidicación de "así falamos nós"
A participación foi moi grande no noso intituto e os resultados foron moi positivos, como podemos observar nas fotos da exposición dos traballos participantes.



O noso centro resultou gañador porque foi o que obtivo máis alumnos premiados, de aí que esteamos a realizar  exposición de premiados e finalistas.


LUCÍA PÉREZ obtivo o primeiro premio, na categoría de bacharelato, co seu "Ghaiteiro" e ANA OTERO acadou o segundo premio, na mesma categoría, coa súa "Ghoma"



Con estes traballos tentamos eliminar os fortes prexuízos que afectan ás nosas variedades dialectais, sobre todo, á gheada e ó seseo. E reinvindicar o orgullo de termos unhas variedades dialectais que nos identifican como son o "Cantín" e "Mirín"


PRESENTACIÓN DO NÚMERO 15 DE "ENÓRMIC BANDA"



Hoxe, 5 de maio, tivo lugar a presentacción no IES Ramón Cabanillas de Cambados da revista de cómic ENÓRMIC BANDA, na súa décimo quinta edición. Este ano no noso centro tivemos un alto número de premiados, cinco en total, o máis elevado de todos os centros que forman parte da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Salnés.

Os nosos premiados foron: LUIS IGLESIAS OTERO coa súa obra "Civilización", JOSE PAZOS MOHRI con "Galeghome",  DAVID GÜIMIL VÁZQUEZ co "Desexo", LUCÍA PÉREZ GONZÁLEZ con "Wertesplandor" e ANA OTERO GÓMEZ con "Castelao".  Á vista dos seus títulos podedes comprobar como o noso alumnado desenvolveu un amplo labor crítico cunha ollada aguda da nosa realidade social moi de perto. O que demostra que non viven alleos ós cambios que se están a producir na nosa sociedade.

No acto de presentación da revista contouse co autor do limiar Francisco Fernández Rei, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, que nos falou sobre os novos falantes do galego procedentes doutros países e as múltiples traducións que fan ó xaponés, ou o ruso, entre outros idiomas, da nosa literatura. Tamén estivo presente a pintora autora da portada e contraportada Emérita Méndez. E finalizamos o acto, despendindo ó coordinador Xabier Camba, ó que agradecemos o seu gran traballo durante estes case vinte anos á fronte desta coordinadora comarcal.

Ricardo Rodiño premiado en concursos literarios dentro e fóra do centro



Ricardo Rodiño  Balboa é un alumno de 2º de bacharelato, 
que leva colleitando premios literarios nos nosos concursos
 desde que está no centro. Agora tamén podemos presumir
de que os seus traballos son premiados fóra del.

Aí vos queda a nova, reflectida na Voz de Galicia do venres 30
de maio, coa noticia do seu premio no certame de relato 
curto convocado pola Federación Provincial de Pais e Nais.

Foto do Faro de Vigo







Os mellores relatos, en familia

O Pazo da Cultura acolleu a entrega dos premios do certame de relato curto

convocado pola Federación Provincial de Pais e Nais


O Pazo da Cultura acolleu onte a festa da creatividades coa entrega dos premios da segunda edición do certame de relato curto convocado pola Federación Provincial de Pais e Nais de centros públicos de Pontevedra. Sen dubida, este concurso cumpriu os seus obxectivos de fomentar a creatividade dos rapaces, potenciar a expresión e comprensión escrita e estimular o uso do galego nas familias. Iso salta á vista ao comprobar a alta participación que tivo este concurso con 445 relatos presentados. Como sempre, os mais pequenos foron os máis comprometidos, xa que a categoría de primaria foi na que competiron maior número de traballos, seguida da de secundaria e con menos participación a de adultos e de bacharelato.
Do que se trataba era de traballar pola lingua en familia, de aí a participación dos adultos que conviven cos escolares, pais ou profesores. As autoras e autores finalistas, 100 en total, recibiron un libro publicado pola editorial Kalandraka con cada un dos seus relatos. E de entre eles o xurado nomeou un gañador en cada categoría. Un duro día no salvaxe Oeste, de Miguel Bouzas Rodríguez, do CEIP Cabanas, foi o galardoado en Primaria. En Secundaria o premio foi para Eugenia García Magaña, do IES Alobre de Vilagarcía, polo relato Quen di adeus non verá o mañá. En Bacharelato gañou Ricardo Rodiño Balboa, do IES Vilalonga de Sanxenxo, co seu relato Memorias de guerra. E na categoría de Adultos, o premio foi para Agás, de Roberto Antón Santiago, do CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra. Ademais da publicación dos seus relatos, todos eles recibiron un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka e unha lámina autenticada polo ilustrador Pablo Otero. Nesta festa da creatividade en familia participaron os concelleiros de Normalización Lingüística e de Educación, Demetrio Gómez e Agustín Fernández, xunto coa diputada Ana Isabel Vázquez, en representación das entidades colaboradoras, Concello e Deputación.
O mal tempo impediu que a homenaxe a primeira directora da antiga Escola Normal de Maxisterio de Pontevedra, Ernestina Otero, se celebrase onte diante do edificio de ladrillo vermello da Alameda que fora sede de este centro. O paraninfo do Instituto Valle Inclán acolleu finalmente este emotivo acto, no que participaron familiares, representantes das institucións públicas, encabezados polo alcalde Fernández Lores, e unha chea de xente do mundo do ensino. Foi un merecido recoñecemento a unha defensora da liberdade e da renovación do ensino público, que estivo moi vinculada a esta cidade. Esta homenaxe serviu de antesala do segundo Simposio Memoria de Mulleres sobre A escola represaliada e resistente, que se celebra hoxe e mañá na Casa das Campás, coa participación de diferentes especialistas. Os relatorios centraranse no compromiso das mulleres educadoras coas futuras xeracións. Na primeira xornada intervirán Anxo Porto Ucha e Raquel Vázquez Ramil.