Amosando publicacións coa etiqueta ENORMIC BANDA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENORMIC BANDA. Amosar todas as publicacións

Presentación de "Enórmic Banda"

A nova no Faro de Vigo

"Enórmic Banda", a revista de banda deseñada dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Salnés,  saíu á luz un ano máis. O milagre fano posible unha serie de profesores entusiastas que este ano renderon homenaxe a unha das súas baluartes, Rosa Feixoo, tristemente desaparecida hai poucos meses. A ela está dedicado o limiar da revista da man do escritor Ramón Caride. Tamén este ano contamos cun debuxante de prestixio, Manel Cráneo, para a nosa portada e contraportada. Pero o máis especial de toda a nosa revista son os traballos do noso alumnado nela. Neste caso desde o IES de Vilalonga, Eva Basdediós e María Camiña de 3º de ESO foron as escollidas, pero non queremos deixar de citar que a colleita de bandas deseñadas deste ano foi especialmente boa e que o alumnado de 1º de bacharelato entregou estupendos traballos que non puideron entrar para a selección da revista por presentárense fóra de prazo. De aí que estean  nunha exposición nos corredores do noso centro para todos aqueles que os queiran ver.


A presentación da revista desenvolveuse o pasado día 30 de maio no IES Ramón Cabanillas. As nosas alumnas non puideron compartila co outro alumnado seleccionado porque se atopaban na saída do Club de lectura na illa de San Simón, pero séntense igualmente premiadas coa publicación dos seus traballos na revista.


Como facer un cómic


Xa empezamos a conta atrás para o noso CONCURSO DE BANDA DESEÑADA que obtén como premio a publicación do teu traballo na revista ENÓRMIC BANDA da Coordinadora de EDLG do Salnés.
💭💭💭💭💭💭💭💭💭
Só te tes que aplicar un pouco, seguindo as seguintes bases:
  • Tema libre.
  • Máximo dous folios só por unha cara.
  • Preferiblemente en branco e negro.
Tes até o 24 de abril para presentar a túa banda deseñada.

Por se precisas bibliografía para o teu traballo. Tes estes dous libros na biblioteca do centro e deixo aquí tamén esta presentación para refrescar ideas.



Presentación da revista ENÓRMIC BANDA


Presentación da portada de ENÓRMIC BANDA 2016


O pasado xoves 26 de maio presentouse no IES Casto Alobre o novo número da revista de cómic da Coordinadora EDLG do Salnés, que este ano contou coa colaboración  na portada  de Luis Davila, o Bichero, e no limiar da xornalista  Monste Fajardo



Este ano os traballos que obtiveron o galardón da súa publicación no noso centro foron o de Ana Rodríguez  Domínguez e Noelia Caneda Rey de 1º de bacharelato C.

Na pantalla temos a obra de NOELIA CANEDA REY
Alumnado premiado no acto de presentación

IES Castro Alobre

"Que sería de nós sen..." ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ from a beira das palabras




Podedes acceder á historia da revista  ENÓRMIC BANDA na ligazón da Wikipedia

Presentación de Enórmic Banda 2015

O pasado xoves presentouse a revista de banda deseñada da Coordinadora de  Equipos de Normalización Lingüística do Salnés  ENÓRMIC BANDA no IES Francisco Asorey.

Este ano a portada e contraportada foi deseñada polo artista cambadés Miguel Pérez Ramudo e o prólogo é da autoría da escritora vilagarciana Sabela Muñiz.

Seguimos aí un ano máis a pesar de todas as trabas económicas que nos poidan poñer, e aí están tamén os nosos alumnos, este ano formado por un amplo elenco, dado que non só colaboraron coas súas historietas de cómic, senón que tamén se achegaron con algúns deseños que xa presentaran ó concurso de pegatinas deste ano.

En breve, terédela nas vosas mans coas seguintes obras dos vosos compañeiros


"O trono e o lóstrego" de Alba Gándara Martínez

"Galeghome 2" de José Pazos Morhi


"Que ocultan as bágoas" de David Güimil Vázquez

"Non é o mesmo guapiña ca ghuapiña" de Álvaro Insua Vidal

" Diferenzas dialécticas" de Anxo Fernández Gómez

E unha obra sen título de María Victoria Castro Aragunde



De novo o ENORMIC





A Coordinadora de Equipos de Normalización celebra os seus quince anos cunha nova edición do «Enormic»
vilagarcía/a voz.
13/5/2010

O edificio da Escola oficial de idiomas no Bosque dos Desamparados foi onte sé da presentación dunha nova edición de Enormic, ou cómic do Salnés, do que se editaron 1.400 exemplares. Este acto serviu tamén para conmemorar os quince anos que cumpre a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Salnés.

Trinta e tres rapaces dous institutos da comarca colaboraron para dar forma ás 27 historias que se incluíron na publicación. Algúns deses alumnos asistiron onte ao acto da escola de idiomas no que puideron ver un breve e interesante vídeo sobre estes primeiros quince anos da coordinadora.

Ademais da arte dous mozos, nesta undécima edición do Enormic hai tamén algunhas colaboracións de luxo. Unha delas é a do escultor Enrique Conde, que se encargou do deseño da portada. Outra é a da escritora Susana Sánchez Aríns, profesora non instituto da Illa, que escribiu un particular limiar. Onte xa se anunciou, tamén, que para ou ano próximo xa se comprometeu ou artista Uxío López para facer a portada.

A Non acto interveu tamén Fernando Arenaz, artista e profesor non instituto A Basella, quen desde a parte profesional lle deu algúns consellos aos novos artistas. Algúns ben oportunos, non só para aqueles que teñan inquedanzas creadoras, senón para todos os novos en xeral. Dixo, por exemplo, que debían incidir nos contidos e, para iso, recomendoulles que leran máis.

A presentación do Enormic, conducida polo responsable da coordinadora, Xabier Camba, serviu tamén como acto reivindicativo. Porque, ao final, tratar de demostrar que en galego pódese facer de todo, ata crear cómics de éxito. «Que nos dea para gozar mentras soñamos» foi ou desexo co que pechou Camba a súa intervención.

Presentación de ENORMIC BANDA

Parabéns ás nosas gañadoras do certame de cómic ENORMIC BANDA:

ANDREA VÁZQUEZ CARBALLA, CARLA ALFONSO CARBALLA, CARMEN AGRASO CASTRO de 3º da ESO e tamén ó resto do alumnado, de 3º e 1º da ESO, que participou nesta actividade.

Todos podedes pasar a recoller un exemplar da revista na biblioteca.

A NOTICIA FOI PUBLICADA NA VOZ DE GALICIA, NA EDICIÓN DE VILAGARCÍA, HOXE 12/5/10

Os Equipos de Normalización presentan unha revista de banda deseñada con traballos das aulas. A coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de Secundaria da comarca do Salnés organizou para a xornada de hoxe a presentación dun novo número da revista de banda deseñada Enormic Banda, que chega este ano a súa undécima edición.

A revista está confeccionada con traballos realizados por alumnos dos centros de secundaria da comarca. A presentación terá lugar esta mañá non salón de actos da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía, a partir das 11.30 horas.

No acto participarán profesores da coordinadora, os alumnos autores da publicación e os autores da portada e do limiar da publicación. O deseñador da portada foi Enrique Conde, artista plástico do Salnés, e a redactora do limiar foi Susana Sánchez, profesora do instituto da Illa.

Nesta iniciativa participaron os institutos de secundaria do concello de Vilagarcía, Vilanova, A Illa, Cambados, Vilalonga, O Grove, Barro e tamén a Escola Oficial de Idiomas, lugar onde terá lugar a presentación prevista para esta mañá.