O pasado xoves presentouse a revista de banda deseñada da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Salnés ENÓRMIC BANDA no IES Francisco Asorey.
Este ano a portada e contraportada foi deseñada polo artista cambadés Miguel Pérez Ramudo e o prólogo é da autoría da escritora vilagarciana Sabela Muñiz.
Seguimos aí un ano máis a pesar de todas as trabas económicas que nos poidan poñer, e aí están tamén os nosos alumnos, este ano formado por un amplo elenco, dado que non só colaboraron coas súas historietas de cómic, senón que tamén se achegaron con algúns deseños que xa presentaran ó concurso de pegatinas deste ano.
En breve, terédela nas vosas mans coas seguintes obras dos vosos compañeiros:
"O trono e o lóstrego" de Alba Gándara Martínez
"Galeghome 2" de José Pazos Morhi
"Que ocultan as bágoas" de David Güimil Vázquez
"Non é o mesmo guapiña ca ghuapiña" de Álvaro Insua Vidal
" Diferenzas dialécticas" de Anxo Fernández Gómez
E unha obra sen título de María Victoria Castro Aragunde
Ningún comentario:
Publicar un comentario