Desde a materia de lingua e
literatura galega de 2º de bacharelato "animei" o alumnado a que traballasen a oralidade desde distintos puntos de vista. Unha destas formas sería a realización dunha videocreación de tema libre, na que se traballase a dicción, a posta en escena, a imaxinación, a actuación ou teatralización para perderlle o medo a falar en público e facelo, claro está, en lingua galega. É a nosa peculiar maneira de celebrar o idioma propio.
Aquí vos deixo o primeiro vídeo froito deste traballo realizado por un grupo de alumnado de 2º de bacharelato C: Nerea Aragunde, J. Antonio González, Silvia Morgade, Andrea Oubiña, Paula Prieto, Brenda Rodríguez e Isabel Uzal, no que a través do rexistro cómico-paródico versionaron un particular dicionario da familia léxica da palabra "carallo", algo tan noso e singular que amosa como esta familia está tan inserida no noso léxico cotián a través da fraseoloxía común con múltiples significados.
En definitiva, os galegos somos "caralludos" porque nos gusta a "carallada"
Ningún comentario:
Publicar un comentario