O día 24 de abril, o alumnado de 2º de bacharelato de Arte e de Física e Química realizou unha visita a Santiago para achegarse a Catedral e o seu entorno e o CHUS (Hospital Clínico Universitario de Galicia) onde visitaron a FGMX o CEGEN e o IDIS , respectivamente. O grupo de ciencias pola tarde visitou o Museo de Historia Natural Luís Iglesias. O vídeo e un resume gráfico da visita do grupo de ciencias e abaixo tedes a unidade didáctica elaborada pola profesora Mercedes Mora para o alumnado de arte.
Música: Muse "The 2nd Law: Isolated System"
CRÓNICA DE Alba Gándara e Daniel Conde de 2º de bacharelato A
CRÓNICA DE Alba Gándara e Daniel Conde de 2º de bacharelato A
O pasado venres 24 de abril,
visitamos o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
(CHUS), onde se atopa o Centro Nacional de Xenotipado. Con motivo do Día do ADN
(25 de abril), recibimos unha charla de enxeñería xenética, en relación coas
PCR (reaccións en cadea da polimerasa), as cales permiten realizar unha
amplificación do ADN co fin se estudar o Xenoma Humano (conxunto dos xenes
dunha especie) e o proteoma (conxunto das proteínas que se expresan nunha
célula nun determinado momento e condicións), co obxectivo de crear unha
medicina máis eficaz e personalizada, pois o ADN permítenos coñecer como poden
ser as determinadas reaccións de cada individuo a un medicamento. Puidemos
observar distintas formas de traballar con ADN dependendo da súa finalidade,
cun equipamento de prezos desorbitados, polo que os laboratorios precisan unha
importante financiación.
Explicáronnos tamén a importancia
deste Complexo Hospitalario, onde traballan en distintas ramas da medicina
punteiras no noso país. Faláronnos das actuais ramas de investigación contra
enfermidades como o cancro ou os ictus cerebrais. Por outra banda, o centro emprega animais para experimentar, o
que provocou a recepción de críticas de certo sector da sociedade. Tamén nos
explicaron a importancia de atoparse situados ao carón dun hospital, pois así é
posible a investigación conxunta, tendo así os investigadores a oportunidade de
traballar co que se atopan os doutores día a día. Aquí traballan persoas
recoñecidas mundialmente, como o experto en xenética molecular Ánxel Carracedo.
Despois dun paseo polo zona antiga da cidade de Santiago, visitamos o Museo de Historia Natural Luís
Iglesias, onde puidemos observar unha magnífica colección de animais disecados,
minerais de todos os confíns do planeta e rochas que nos visitan desde o
espazo.
Este centro ten a súa orixe
no século XIX. O seu primeiro director foi Antonio Casares. Con diversas
compras de coleccións e de exemplares foise incrementando o seu patrimonio
durante este século.
A comezos do século XX
atopábase ocupando dúas plantas da actual facultade de Xeografía e Historia,
para ser trasladado no 1961 á actual facultade de Química.
Hoxe en día atópase no
parque de Vista Alegre. Este
museo constitúe o conxunto de patrimonio histórico-científico máis importante
de Galicia, pois entre o material que alberga destacan os traballos de
investigación dos máis importantes científicos galegos desde o século XIX.
Sen
dúbida un día entretido e moi produtivo, polo que convidamos aos nosos mestres
a que nos volvan levar de excursión cando o desexen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario