MENUDO VENRES TERRORÍFICO!!

 

🎃 O Samaín  da nosa Biblioteca! 🦇👻

 

ABRE A PORTA E ENTRA (se te atreves)!! 



          Xa pasou o venres, pero aínda temos na retina o ambiente misterioso e divertido que vivimos na nosa biblioteca para celebrar o Samaín. Foi unha xornada máis que especial na que o terror, a literatura e a convivencia foron os grandes protagonistas.

Se non puidestes asistir ou queredes lembrar algúns dos mellores momentos, este venres celebramos o Samaín na Biblioteca e tivemos de todo:

  • 🏆 Entrega de premios do concurso de microrrelatos: Noraboa a todas as persoas participantes e premiadas pola vosa fantástica imaxinación escura! Os vosos relatos deixaronnos coa pel de galiña. Podedes ler algúns dos presentados no corredor inferior do edificio I.

     

     

     

  • 📸 Photocall para levar un recordo: Un espazo onde ninguén puido resistirse a posar coas caracterizacións máis orixinais e terroríficas.


     


  • 📚🎬 Selección de lecturas e películas: Unha coidada mostra de libros e títulos cinematográficos recomendados para pasar momentos de verdadeiro terror e intriga esta fin de semana.

     

     


     

  • 🕸️ Un ambiente do máis arrepiante: Decoracións elaboradas con moito mimo para transportarnos a outra dimensión.

     


     

🎥 O vídeo do día

Non vos perdades detalle! Premede no seguinte enlace para ver en acción todo o que pasamos: 👉 [ Aquí tedes un vídeo resumo do que pasamos ] 


⚠️ Un aviso importante: E non esquezades, os que pasáchedes polo Photocall, vir a próxima semana recoller a vosa foto impresa para gardala de recordo! Estará agardando por vós na biblioteca.

Moi boa fin de semana de Samaín para toda a comunidade escolar!!! 🕷️🍬💀

Xa chegou o Samaín á Biblioteca! Libros, misterio e creatividade!

 

Xa se respira ese ambiente tan especial. As follas caen, os días acurtan e nas rúas (e nos corredores do instituto) comeza a sentirse a maxia do Samaín. Na biblioteca xa temos todo preparado para celebrar estas datas como merecen: con moita imaxinación, un chisco de terror e, sobre todo, boas historias.

 Concurso de cabazas con materiais reciclados: "Imaxina a túa cabaza"



 

Concurso de microrrelatos: "Píldoras terroríficas"



 

O recuncho do medo: Selección de libros e películas

Se o teu plan perfecto para estes días é acubillarte cunha manta e unha boa historia de suspense, pásate pola biblioteca. Preparamos unha selección especial con:

  • Novelas de terror, misterio e intriga que che atraparán desde a primeira páxina.

  • Recomendacións cinematográficas para pasar unha tarde de cine... e moito medo.



 

Este Samaín, non te limites a mirar: participa, le, crea e vive o terror (e a diversión) dende a biblioteca do IES.

Agardamos as vosas creacións e as vosas visitas! 🎃📚👻





FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!!


Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas, unha data para lembrar que estes espazos son moito máis que libros: son puntos de encontro, aprendizaxe, creatividade e comunidade.

Baixo o lema deste ano, «Sen profesionais, non hai bibliotecas», queremos recoñecer e agradecer o traballo de todas as persoas que coordinan as bibliotecas non só nos centros educativos, senón as municipais, grandes dinamizadoras da vida cultural das vilas, sobre todo das pequenas. 

Queremos anirmar a todos e todas a poñelas en valor, porque teñen moito que ofrecer. E imitando unha frase que non é nosa, só podemos dicir:

Longa vida ás Bibliotecas!!!


24 de outubro, Día das Bibliotecas

 

 ¡MISIÓN CUMPLIDA!

Que farías se un virus descoñecido ameazara con borrar por completa a nosa capacidade pensar?

Iso foi o que ocorreu hoxe no noso IES. Pero, tranquilos, o alumnado do IES de Vilalonga puido atopar o antídoto. 

Para celebrar o Día das Bibliotecas, que se conmemora todos os 24 de outubro, a nosa Biblioteca converteuse nunha zona de conrentena e resolución de enigmas.


 

Organizados por equipos, o alumnado aceptou un reto contra o reloxio:

  atopar o antídoto definitivo para desactivar o virus da ignorancia.

🔍 En que consistía a misión?

Para dar co antídoto, non servía calquera busca en internet. Tiveron que converterse en verdadeiros detectives da información e enfrontarse a varios desafíos:

  1. Descifrar a CDU (Clasificación Decimal Universal): Traducir códigos numéricos para saber en que andel se escondía parte da fórmula.

  2. Rastrear libros clave: Localizar dentro da Biblioteca diferentes libros, unicamente co título e autor, dentro dos que atoparían outra parte das pistas.

  3. Ordear correctamente o antídoto: Unha vez atopadas todas as palabras, ordear a oración que, pronunciada en voz alta, aniquilaría para sempre o virus.




🧠 Traballo en equipo e lóxica ao rescate

O ambiente na biblioteca foi incrible. Houbo carreiras entre andeis, traballo en equipo, debates exprés e, sobre todo, moita concentración. Cada libro atopado restaba minutos á propagación do virus e achegaba os grupos á solución final.





Ao final, grazas á axilidade, á intuición e ao bo uso dos recursos da nosa biblioteca, todos os equipos conseguiron desactivar o virus a tempo!

📚 As bibliotecas: o noso mellor antivirus

Esta actividade lembrounos algo fundamental: nun mundo cheo de desinformación, saber buscar, investigar e pensar por un mesmo é o mellor antídoto posible. E para iso, a biblioteca do instituto sempre será o noso mellor refuxio.

Pásate pola biblioteca esta semana, bota unha ollada ás novidades e lembra que as portas (e os libros) sempre están abertos para ti!

ESTAMOS DE VOLTA





 A bibliteca do IES xa está aberta nos recreos para que todo o alumnado poida achegarse a desfrutar dun espazo con algunhas novidades con respecto ao curso pasado. Unha nova organización para que sexa máis doado atopar os recursos que buscas, unha sección de xogos e a sección de cine exposta que funciona modo de videoclub. E, se non tes reproductor de DVD, non te preocupes, tamén temos solución para iso.

 PÁSATE POLA BILIO E DESCOBRE TODO O QUE TEN PARA TI!!!