Xa temos persoas gañadoras do concurso "O meu outono en fotos", Cris e Álex de 2º de FPB ADM.
Parabéns!!
Xa temos persoas gañadoras do concurso "O meu outono en fotos", Cris e Álex de 2º de FPB ADM.
Parabéns!!
Por que se celebra o Día Internacional das Bibliotecas?
En 1992, a Biblioteca Nacional de Saraievo quedou totalmente en ruínas debido ao conflito bélico dos Balcáns. A imaxe que quedou gravada na mente do mundo foi a do músico Vedran Smailovic, tocando o seu violonchelo entre os entullos do fermoso edificio.
Pero, Por que atacar unha biblioteca? Máis aló de que ao longo da historia, moitos tiranos como Hitler, visen nos libros unha fonte de franca oposición e os mandasen queimar en grandes fogueiras, a realidade é que o que detonou a destrución da Biblioteca de Saraievo, foi a súa arquitectura que incorporaba elementos de tradición árabe e oriental, lembrando a todos os que pasaban por diante dela que xa non formaban parte do Imperio Otomán (Turco).
Memoricidio, Que é e por que garda relación con esta festividade?
O memoricidio é a palabra que se utiliza para describir a destrución do acervo cultural dun pobo. O médico e historiador croata Mirko D. Grmek, utilizou por primeira vez este termo nun discurso ante as Nacións Unidas, dando orixe non só á palabra senón ao propósito deste organismo de evitar que este tipo de crimes de guerra seguisen ocorrendo no mundo.
A biblioteca do IES de Vilalonga celebra o 24 de outubro publicitando esta data e repartindo libros entre o alumnado. Respetade, coidade e gozade a nosa biblioteca é de todos/as.
O 14 de outubro fixemos un obradoiro de regueifas na biblioteca do IES de Vilalonga, a idea é achegar a poesía, a regueifa e a improvisación, dunha maneira lúdica, ao alumnado; coa finalidade de fomentar a oralidade, a creación artística, eliminar prexuízos lingüísticos e recuperar a regueifa como unha tradición propia e un medio de aprendizaxe da poesía.
Durante este taller, o alumnado de cuarto da ESO aprendeu a improvisar oralmente os seus poemas en galego da man da regueifeira Lupe Blanco. O estudantado tivo ocasión de mostrar os coñecementos adquiridos regueifando cos compañeiros.
Os días 20, 21 e 22 de outubro levouse a cabo no Recinto Feiral de Pontevedra EDUGAL, salón educativo de referencia en Galicia, que trata de darlles resposta ás necesidades de información sobre a oferta formativa e orientación educativa de estudantes, centros, profesionais da educación e familias.
Os gañadores do Premio Planeta 2021 desvelan como xurdiu o nome de Carmen Mola
Quen está detrás de Carmen Mola? Esa é a pregunta que máis se repetía onte á noite cando se deu a coñecer o gañador da 70ª edición do Premio Planeta. O quen resultou ser varios guinistas: Antonio Mercero, Jorge Díaz e Agustín Martínez deron a sorpresa ao desvelarse como os creadores da inspectora Elena Blanco.
En Por fin non é luns de Onda Cero, coñecemos un pouco máis de preto aos tres guionistas que se fixeron co galardón pola obra 'A besta' e que nos relatan como foi o momento no que decidiron utilizar o nome de Carmen Mola.
"O nome saíu en dous minutos. Foi como unha especie de broma. Nun momento saíu o nome de Carmen, alguén dixo "mola" e así quedou: Carmen Mola", revela Agustín Martínez.
Antonio Mercero recoñece que, a pesar de que poida parecer o contrario, non lles resultou nada complexo construír as historias entre os tres porque iso permitiulles escribir contido máis orixinal: "sumabamos os talentos de tres guionistas afeitos a traballar en equipo e, só sendo capaces de deixar o ego na porta, démonos conta de que podía saír algo bonito. Xuntar a tres persoas, seis mans, na mesma habitación mellora moito as cousas".
Antonio Mercero dixo sobre “A besta” que o xurado premiou unha obra ambientada no Madrid de 1.834, cunha epidemia histórica de cólera e restricións "moi similares" ás da COVID-19 e con crimes macabros de ficción.
ondacero.es
Madrid | 16.10.2021 11:17
O autor Xesús Fraga é o recente gañador do Premio Nacional de Narrativa 2021 coa súa obra Virtudes (e misterios).
Este premio é concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte. O xurado escolleu esta obra “por amosar cunha prosa moi coidada, no fondo e na forma, a historia de dúas xeracións de mulleres valentes dunha familia en tempos hostís, e adentrarnos nun relato sobre a emigración galega en Inglaterra e América”.
PONTE EN CONTACTO CON NÓS
(edlgbib.iesvilalonga@gmail.com)
E
AXÚDANOS A CREAR
UNHA BASE DE AUDIOS
CON CONTOS DE MEDO
BASES:
• Participación. Todo o alumnado do IES de Vilalonga dividido en tres modalidades:
ESO+FPB // BAC+ciclos+ESA // PROFESORADO+PND.
A participación pode ser individual ou en grupo. Cada persoa/grupo debe anotarse e asignaráselle un espazo ou mesa para decorar. Estes espazos/mesas só estarán identificados cun número e non poderán levar nome nin ningún outro tipo de elemento que permita identificar a persoa(s) autora(s).
• Temática: decoración con cabazas, elementos do outono (castañas, ourizos, cogomelos, follas...) e outros elementos propios da nosa cultura. Non vale imitar escenas de Halloween nin usar monstros doutras culturas (si serven pantasmas, Santa Compaña, mortos...)
• Será valorada a creatividade, estética, orixinalidade... do conxunto.
• O prazo límite para a montaxe da decoración será o 28 de outubro. O xurado, composto por un membro do equipo directivo, a coordinadora do EDLG e a de Biblioteca, decidirá cales son as decoracións premiadas.
As montaxes gañadoras en cada categoría daranse a coñecer o 2 de novembro e estarán expostas no IES e nas diversas canles de difusión/información deste.
Poderán quedar premios desertos se a calidade das montaxes non alcanza uns mínimos axeitados.
• O premio consistirá nun vale para consumo na cafetería e un cómic de superheroes galegos.
• Participar neste concurso implica aceptar as presentes bases.
O MEU OUTONO EN FOTOS
Con que imaxe e pé de foto reflectirías mellor o teu outono?
BASES:
• Pode participar todo o alumnado do IES de Vilalonga dividido en tres modalidades:
ESO+FPB // BAC+ciclos+ESA // PROFESORADO+PND.
• Temática: imaxes relacionadas co outono (só unha por participante).
• Foto en formato: JPG (ou JPGE), GIF e PNG
• Pé de foto en galego: imprescindible e acorde coa imaxe. Pódense coller prestadas palabras doutras persoas sempre que citemos a autora ou autor.
• Envío: FOTO + PÉ DE FOTO + NOME, APELIDOS E CURSO DO/APARTICIPANTE, escrito a ordenador, debe ser enviado ao enderezo electrónico: biliotecaiesvilalonga@gmail.com
• Será valorada a creatividade, estética, orixinalidade... do conxunto formado pola imaxe e o texto.
• O prazo de entrega remata o 20 de novembro.
• O premio consistirá na conversión da foto nun póster cun exemplar para o/a participante e outro para o centro e un bono dun bocadillo.
• As fotos premiadas daranse a coñecer en decembro e estarán expostas no IES e nas diversas canles de difusión/información deste.
• Participar neste concurso implica aceptar as presentes bases.
EDLG / BIBLIOTECA
A
Academia Sueca resolveu que o Premio Nobel de Literatura 2021 é para o
novelista nado en Tanzania e residente en Reino Unido: Abdulrazak
Gurnah. O xurado concedeu este premio polo seu "interese nos efectos do
colonialismo e o destino dos refuxiados e a súa relación con culturas e
continentes".
Nacido en Zanzíbar en 1948, Gurnah instalouse en Inglaterra a
finais dos anos sesenta e é autor de novelas como ' Memory of
Departure', ' Pilgrims Way', 'Dottie', ' Paradise', ' Admiring
Silence' ou ' By the Sea'.
Parabéns profesor!