DOAZÓN A BIBLIOTECA




A revista Agália nasce em 1985 como “Publicaçom Internacional da Associaçom Galega da Língua” para informar trimestralmente das atividades da AGAL, para contribuir à coexão da sua base associativa e para intervir desde o reintegracionismo no campo académico galego, sustentando a sua proposta normativa (atualizada em 2010 conforme o acordo ortográfico de 1990) e procurando visibilidade e retroalimentação no e com o restante espaço lusófono.

A renovada etapa da Agália, iniciada em 2011 sob a direção do Professor Doutor Roberto L.I. Samartim (da Universidade da Corunha e do Grupo Galabra da USC), foca o reforço da Agália. Revista de Estudos na Cultura como publicação de caráter científico, periodicidade semestral, língua e âmbito galego-português, e impacte e referencialidade internacionais dentro dos estudos da cultura. Para atingir este objetivo, a Agália acompanha o conjunto de regras, parâmetros e procedimentos de avaliação da qualidade estabelecidos no nível internacional para as publicações científicas.
O profesor de Lingua e Literatura galega Roberto Samartín, da Universidade da Coruña tivo a amabilidade de donarnos 13 exemplares da revista Agália. O noso agradecemento ao mesmo e a profesora Lourdes Acuña Miguéns que foi a mediadora da doazón.

CONFERENCIA SOBRE OS DEREITOS HUMANOS


O  martes 20 de febreiro de 2018 tivemos o privilexio de acoller no noso Centro ao profesor e político colombiano Gustavo Pedraza. A súa conferencia titulada: "Impunidade e guerra en tempos de paz" resultounos extremadamente interesante en diferentes aspectos. Primeiro contounos que está refuxiado en España por medio de Amnistía Internacional, ONG que nos serviu de mediadora para a súa visita; a causa do asasinato do seu irmán Carlos Pedraza (maestro e político de esquerdas) e a posterior reclamación de explicacións por parte da súa familia.
Falounos de como os Dereitos Humanos non están sendo respectados en Colombia (onde o Presidente acaba de recibir o Premio Nobel da Paz), como a oposición política é perseguida e encarcelada, como a nivel político, policial e xudicial domina a corrupción, como os medios de comunicación nos manipulan e como son pisoteados os dereitos do pobo en xeral e dos indíxenas en particular.
Realizouse un sondeo entre o alumnado que participou nesta experiencia: 3º ESO A e 2º de bacharelato, e os resultados indícanos que lles resultou interesante e de actualidade, non lles resultou pesada nin larga e suxiren que se fagan máis de este estilo. O seu interese demostrouse, así mesmo, no coloquio que tivo lugar na parte final da actividade no que fixeron numerosas preguntas ao conferenciante.

ENTROIDO 2018




O venres, día 9 de febreiro, recibimos o Entroido no IES de Vilalonga con festa, que incluía música, concurso de disfraces e comparsas, troula e deportes.
Vivan a diversión, a troula e as vacacións!!!!!

Nos premios, o de grupos quedou da seguinte maneira:


1º PREMIO para as ANIMADORAS DE RUGBY.
2º PREMIO para as do MONSTRO DAS GALLETAS.
3º PREMIO para os dos ANOS 70.

En parellas:
1º PREMIO para AS FADAS DO BOSQUE (Sonia e Ainhoa de 4º ESO)
2º PREMIO para @S MÚSIC@S (María e Lucía de 4º de ESO)
3º PREMIO para @S ESPANTALL@S (Diana e Alba de 2º de BAC)


En individual: 
1º PREMIO para O MOTORISTA HIPPIE (Lucas de 4º de ESO)
2º PREMIO para O PERSONAXE VIDEOXOGO (Jaime de 2º de ESO)
3º PREMIO para A BOTELLA DE CERVEXA (Jorge de 2º de ESO)












Podedes ver máis fotos premendo na  seguinte ligazón.

FALLAS E PREGAS

 O alumnado da materia de bioloxía e xeoloxía de 4º da ESO A-B traballaron co seu profesor Jorge José Pérez Maceira a formación do relevo terrestre. Como actividade da mesma fixeron maquetas de pregas e fallas da codia terrestre. Os obxectivos eran:

  1. Comprensión da materia explicada.
  2. Fixar conceptos e coñecementos.
  3. Fomentar o traballo colaborativo e as relacións interpersoais.
  4. Desenvolver as habilidades manuais do alumnado.

Acadaron un bo resultado, con unha bonita exposición que reforzou a autoestima e as actitudes colaborativas dos implicados.


"Maruxas sen prexuízos"



"Maruxas sen prexuízos" é un traballo realizado por alumnas de 2º de bacharelato A (ANA CORES, ANA EIRABELLA, ALBA GARCÍA, CECILIA LORES e NOELIA OTERO) durante o primeiro trimestre do curso para a materia de lingua e literatura galega, que trata de rachar cos prexuízos lingüísticos que afectan ó galego, poñer en valor as súas variedades xeográficas e dialectais e a súa riqueza léxica e literaria.

Botádelle unha ollada e veredes o bo quefacer destas rapazas na causa da defensa da nosa lingua e decatarédesvos de que está  moi ben traído para celebrar o día de mañá 

21 de febreiro
Día 
Internacional 
                          da Lingua 
                                 Materna.

Santiago Lopo visítanos o vindeiro xoves.

Santiago Lopo by salomedm   https://encrypted-tbn0.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcRQazzJrh9pqnZKNO0nKLytDSoVnDtbWGnetivYqRJvypvlV9O0dQ

ANIMACIÓN A LECTURA


O xoves, día 25 de xaneiro, fixemos unha actividade de animación a lectura, foi organizada polo Departamento de Lengua e Literatura Castelá. A editorial Vicens-vives enviou ao actor Hugo Andrade, o cal fora alumno do IES de Vilalonga.             

Hugo dramatizou diferentes mitos gregos, ademais demandou a participación do alumnado en repetidas ocasións. En 1º da ESO leron o libro de Mitos Gregos desta editorial e o alumnado gozou coa representación de algúns dos mesmos.

Os profesores que traballaron  esta lectura con eles foron Mª Teresa González Ordoñez e Vicente Grandal López.
"Carecer de libros propios es el colmo de la miseria" Benjamin Franklin



ANDANDO OUTROS CAMIÑOS


O martes 30 de xaneiro, os alumnos de Relixión de 4º e 1º e 2º Bach. fomos de viaxe a Santiago, a Mesía e a Vilasantar, coa profe Ana, a profe Isabel e o profe Jorge.
En Santiago fixemos un pequeno percorrido pola arte, cultura e relixión da cidade, da man de homes e mulleres que fixeron e aínda fan vida en igrexas e mosteiros.


En A Raíña (Mesía) Víctor acolleunos coma outras veces, ofrecéndonos a casa como nosa. Asamos chourizos, comemos e escoitamos os soños de Víctor, que son tamén os da xente que quere un mundo máis xusto para todos, desde o corazón.


En Vilasantar, granxa ecolóxica, presenciamos como se empezan a facer realidade algúns deses soños de A Raíña, cultivando e distribuíndo produtos da terra con fins sociais. Manchamos mans e pés sementando e limpando terra... pero mereceu a pena.


Voltamos felices, rapaces e rapazas, profes e ata mesmo o condutor do bus, que foi  simpático e colaborador.


Un fermoso 30 de xaneiro...con moita 
paz.

Concurso "RETO LECTOR"

Chega o Reto Lector 2018! Se tes entre 12 e 16 anos, convértete en Blogger literario e gaña un iPad de última xeración! Tes ata o 27 de abril para enviarnos os teus vídeos.


Bases
1. Poderán optar ao premio as rapazas e os rapaces de entre 12 e 16 anos, ambas as idades incluídas.
2. Para participar hai que ler dous libros da Editorial Galaxia das coleccións Árbore, Costa Oeste ou Literaria.
3. Cada participante deberá enviar a galaxia@editorialgalaxia.gal dous arquivos de video a través da plataforma WeTransfer, un por cada libro lido. Comentará o contido da obra, os aspectos que lle gustaron e as razóns polas que recomendaría a súa lectura. A finalidade de cada vídeo é animar a que outras persoas lean. 
4. A Editorial Galaxia resérvase o dereito de divulgar, a través da súa web e das sús redes sociais, os vídeos enviados. Por este motivo, no mail que cada participante nos envíe, ademais dos dous videos deberá achegar a autorización da nai, pai ou titor. Pódese descargar un modelo de autorización en www.editorialgalaxia.gal
5. Os vídeos non poderán superar os 2 minutos de duración.
6. Convidarase a un xurado formado por alumnado da ESO dun centro de Galicia para decidir o vídeo gañador. Automaticamente este centro quedará fora da convocatoria. Cada membro do xurado estará obrigado a elexir os cinco videos que máis lle gusten, de entre todos os recibidos. Deberá valorar os seguintes aspectos cunha puntuación entre 1 e 5:
a. Poder de persuasión
b. Claridade expositiva
c. Creatividade na gravación
7. O rapaz ou a rapaza que gañe o reto lector recibirá un Ipad de última xeración.
8. Ademais haberá cinco lotes de libros coas últimas novidades das coleccións Literaria, Costa Oeste e Árbore para os cinco seguintes clasificados.
9. A data límite para entregar os videos será o 27 de abril de 2018.
10. O fallo do xurado farase público no mes de maio de 2018.
Podes consultar todos os datos completos aquí

EXPOSICIÓN 11 DE FEBREIRO


O  11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, na Biblioteca quixemos lembralo cunha pequena exposición de carteis que teñen como temática a algunhas das científicas máis destacadas da historia, pero tamén ignoradas. É importante sacalas a luz, por una cuestión de xustiza e de igualdade.

Espuxemos tamén  libros relativos a mulleres científicas ou, simplemente, importantes do noso pasado. Temos que superar séculos de discriminación e escurantismo, en favor de todas as mulleres e nenas que loitan por gañarse un lugar no mundo das ciencias, aínda en gran parte vetado polos homes.

Iniciamos o ano de María Vitoria Moreno nas nosas Letras

.

Comezamos o ano 2018 no que as nosas letras conmemorarán a figura da escritora MARÍA VITORIA MORENO, coa peculiaridade de que esta foi profesora no noso centro durante os anos oitenta.

"Para os meus alumnos de Vilalonga, que me aledaron os días en que eu enfiaba esta historia, que me regalaron o bolígrafo co que a escribín."

Con esta dedicatoria do libro Anagnórise queda patente a influencia do noso alumnado nas súas creacións.

Para írmonos achegando a súa figura temos dúas novidades editoriais sobre a súa biografía. Unha delas é:  "A muller que durmía pouco e soñaba moito", autoría de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre. E a outra é: o número tres da colección Mulleres Galegas, no que o colectivo Polo correo do vento realiza unha breve biografía  súa para os máis pequenos. Dela   extraemos unha cita literal das palabras da autora, que é moi representativa do carácter da nosa homenaxeada:


 "Hai xente que non está contenta co seu traballo, pero para min a aula sempre foi unha festa. E eu a festa non a perdía".

Resultado de imagen de maría victoria moreno polo correo do vento

EXPOSICIÓN "A MULLER NA ARTE"

  O Proxecto Artemisa xorde coa fin de difundir a arte feminina, que ao longo do tempo estivo en gran medida silenciada pola Historia da Arte. A presente exposición pretende dar unha visión xeral da pintura das mulleres, temática e estilisticamente variada, dende as primeiras manifestacións asinadas (alá polo século X) ata a actualidade.


Esta exposición fixérona no Instituto Chan do Monte de Marín (Pontevedra) e enviouna ó noso centro a profesora Teresa Moure de Xeografía e Historia. Dámoslle as grazas ao equipo que a fixo e á profesora que se acordou de nós para que poidamos desfrutala.


 

A mostra aparece en galego e en inglés polo que tamén supón un bo exercicio de linguas.

RETIRADA OBITUARIO




Coa colaboración do alumnado de 1º ESO B retiráronse os lazos que serviron de recordo das vítimas de violencia de xénero  do ano 2017.

 IN MEMORIAM!!

A partir do luns 5 de febreiro empezaremos a colocar os lazos morados en memoria das vítimas do 2018.