Amosando publicacións coa etiqueta SAIDA DIDÁCTICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SAIDA DIDÁCTICA. Amosar todas as publicacións

"Edugal 2022"

 O venres 28 de outubro o alumnado de 2º de bacharelato do IES de Vilalonga viaxou a Pontevedra a visitar Edugal 2022: 11º Salón da oferta de educación e formación de Galicia, no Recinto Feiral de Pontevedra.

Punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores, pais e nais, responsables de centros educativos e profesionais da educación. Toda a información sobre formación e orientación educativa en Galicia está presente na feira.

Alumnos e familias teñen á súa disposición a posibilidade de acceder a unha orientación educativa que lles axude a analizar todas as opcións e itinerarios formativos a través dun servizo de atención personalizada e gratuíta, atopando respostas ás súas necesidades e coñecendo as oportunidades do mercado laboral e formativo.




 

Roteiro literario en Celanova



O día nove de xuño o alumnado de 4º da ESO viaxou a provincia de Ourense, acompañados polos profesores Victoria Villar Mosquera de Lingua e Literatura Galega, María Elisa Vidal Cacabelos de Física e Química e Iván García Ambruñeiras de Xeografía e Historia. Fixeron distintas actividades, a pesar da calor que soportaron ese día. Visitaron a casa do escritor galego Curros Enríquez, leron uns poemas na praza maior do concello:


Foron ao Mosteiro de San Rosendo de Celanova, onde visitaron a igrexa, e puideron gozar do órgano e escoitalo, tamén viron o Oratorio mozárabe de San Miguel que se encontra no interior do mosteiro:



Pola tarde visitaron Vilanova dos Infantes que é unha vila medival moi ben conservada situada a dous quilómetros de Celanova e alí visitaron a Torre do Homenaxe do antigo castelo, as covas de San Vivián e o Museo etnográfico dos zapateiros:


Por último foron ao xacemento de Castromao:


A saída foi calificada como moi positiva polo alumnado, quitando a calor. 😓

Excursión do club de lectura de 4º da ESO


Para rematar coas actividades do club visitamos a 

vila de Rianxo onde, acompañados por un guía 

municipal, percorremos a Casa-Museo de Manuel 

Antonio, o Museo do Mar e os lugares onde 

naceron e viviron Castelao e Dieste. Fíxemos un 

pequeno percorrido pola vila para coñecer os seus 

costumes e tradicións e as características desta 

cidade.




VIAXE A VILAGARCÍA, 1 DE MARZO 2018




Memoria da representación das NOVELAS EJEMPLARES, La ilustre fregona y La Gitanilla.
O xoves  1 de Marzo  de 2018, asistiu o alumnado de 3º ESO e de 1ºBacharelato ó Auditorio de Vilagarcía de Arousa ás 11.30 do que saíu ás 13.20. Foron acompañados polos profesores Vicente Grandal, Carmen de la Maza, Manuel Radío e Ana Blanco.
A representación foi ben acollida, a obra agrupou -baixo o fío da figura de tres pícaros- a presentación das novelas La Gitanilla e La ilustre fregona;  houbo un pequeno coloquio ó final onde os chavales puideron resolver pequenas cuestións e aclaracións ós actores.
O número de alumnos que participou desta actividade foi de 124, para o que se necesitaron  tres autobuses.
Vilalonga, 2 de marzo de 2018

Ana Blanco Esteban, xefa do departamento de lingua castelá e literatura.

ANDANDO OUTROS CAMIÑOS


O martes 30 de xaneiro, os alumnos de Relixión de 4º e 1º e 2º Bach. fomos de viaxe a Santiago, a Mesía e a Vilasantar, coa profe Ana, a profe Isabel e o profe Jorge.
En Santiago fixemos un pequeno percorrido pola arte, cultura e relixión da cidade, da man de homes e mulleres que fixeron e aínda fan vida en igrexas e mosteiros.


En A Raíña (Mesía) Víctor acolleunos coma outras veces, ofrecéndonos a casa como nosa. Asamos chourizos, comemos e escoitamos os soños de Víctor, que son tamén os da xente que quere un mundo máis xusto para todos, desde o corazón.


En Vilasantar, granxa ecolóxica, presenciamos como se empezan a facer realidade algúns deses soños de A Raíña, cultivando e distribuíndo produtos da terra con fins sociais. Manchamos mans e pés sementando e limpando terra... pero mereceu a pena.


Voltamos felices, rapaces e rapazas, profes e ata mesmo o condutor do bus, que foi  simpático e colaborador.


Un fermoso 30 de xaneiro...con moita 
paz.

VIAXE DIDÁCTICA A NÁPOLES


Napoli sotterranea
O alumnado da materia de Historia da Arte viaxou a Nápoles (Italia) do día 15 ao 20 de xaneiro, xunto cos profesores Mercedes Mora Calvo, José Dopazo Blanco e Mª Teresa Fidalgo Villaverde.

Os obxectivos da saída eran:
  1. Vivir a experiencia de viaxar ao estranxeiro utilizando distintos medios de transporte.
  2. Coñecer outros lugares, outros pobos e sentirse parte dun mundo global.
  3. Visitar os distintos monumentos, museos e curiosidades da rexión da Campania.
  4. Poder ver e analizar obras de arte fronte a elas, apreciándoas na realidade.
  5. Valorar o patrimonio artístico da zona visitada e en xeral, pois forma parte do noso pasado.
A parte de vivir experiencias diferentes por estar fóra da casa e do centro educativo, visitamos numerosos lugares:
  • Templos gregos e Museo de Paestum.
  • Pompeya.
  • Museo Arqueolóxico de Nápoles.
  • Palacio Real de Capodimonte.
  • Nápoles subterránea.
  • Catedral e Praza do Gesú Nuovo.
  • Porto, Praza do Plebiscito, Castell`Ovo.
  • Cartuja de Sant´Elmo.


COMEMOS DE MARABILLA E PASÁMOLO MOI BEN !!!!!