Bo nadal!
Bo nadal!
O alumnado de 4º ESO de bioloxía e xeoloxía e ciencias aplicadas á actividade profesional colaborarán no proxecto A CAIXA SOSTIBLE proposto por persoal docente e investigador da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo co obxectivo de amosar a necesidade dun emprego sostible da enerxía e dos recursos mineiros dende unha perspectiva máis local e concienciar a nosa mocidade de que a enxeñaría e a ciencia son uns dos motores transformadores da sociedade; fundamental para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.
Estamos moi emocionados, a nosa caixa sostible acaba de chegara o centro!!!

O día 1 de decembro, tivemos no IES de Vilalonga unha actividade dirixida ao alumnado de 1º e 3º de ESO dentro do programa TEI, un programa de convivencia centrado especialmente na prevención do acoso escolar. Nesta ocasión o alumnado viviu unha xornada de presentación titor/a-titorizado/a. Pasómolo en grande!

Durante o venres 25 de
novembro, todo o alumnado do IES de Vilalonga baixou ao patio frontal ás 12 horas.
Na entrada había unha mesa con pintura de mans lila,
para poderen pintar as palmas desa cor.
As xanelas desa fachada (1ºESOA, 1ºESO B, 1ºESO C e
Desdobre 1 no primeiro andar; aula de idiomas, 3º ESO A, 2º ESO C e Desdobre 2 no
segundo andar) estarán abertas e as persianas
fechadas agás a ventá central de 2º ESO C. Unha das
xanelas de 2º ESO C estaba completamente aberta e coa persiana
levantada, porque era onde estaba disposto o equipo de son e as persoas (catro
alumnas) que leron o manifesto.Da fachada colgarán as faixas de igualdade que posúe o centro.
Unha vez concluída a lectura do manifesto, o resto das voluntarias
ergueron as persianas e berraron o lema deste ano: "Caladas
e sumisas, nunca máis". Repetirano varias veces e amosarán as
pancartas que fixeron individualmente, con lemas feministas.
Todo o acto foi gravado desde o patio, e acabou cunha salva de aplausos
e coa reprodución dun tema musical . Despois, o alumnado voltou
ás súas aulas.
Polos corredores do Centro as alumnas de Igualdade coa súa profesora Laura Ramos Cubas colocaron bandeirolos e pancartas con lemas en contra da violencia de xénero.
O alumnado dos segundos cursos dos ciclos de Administración e Xestión dentro da iniciativa de aulas de emprendemento, visitaron as instalacións do grupo Gadisa en Betanzos. A súa visita foi guiada pola encargada de recursos humanos. Coñeceron o funcionamento da empresa, liñas de negocios, principais innovacións que están implementando… Asemade, familiarizáronse co proceso de selección de persoal. Finalmente, visitaron o almacén principal e visualizaron o seu funcionamento, desde o punto de vista de xestión do almacén, preparación de pedidos e a loxística necesaria para o seu reparto.
A semana pasada o alumnado de primeiro de ciclo superior de administración e finanzas realizou unha visita á oficina de Abanca e instalacións da sede de Afundación nas plantas superiores. A visita, promovida polo programa de aulas de emprendemento do centro, consistiu nunha reunión /coloquio na súa sala de xuntas con dúas alumnas que fixeron o ciclo de administración e finanzas e que agora traballan con eles.