Visita a Galiciencia e Ourense.















O 24 de maio o alumnado de 3º da ESO foi a visitar Ourense e a mostra de Galiciencia 2019. Organizou a saída o Departamento de Bioloxía e acompañaron o alumnado os profesores: Inés Giménez, J. José Pérez Maceira e Montserrat Ferreirós. Pola mañá fixeron un visita guiada a cidade de Ourense coa colaboración da oficina de turismo da mesma.Recorreron as prazas, visotaron as termas, a catedral, etc.
















Pola tarde das 15h as 18h visitaron Galiciencia no Parque Tecnolóxico de Galicia- Tecnópole. Participaron en dous talleres relacionados coa ciencia e a tecnoloxía e as ciencias da saúde e a alimentación. O alumnado dividiuse en tres grupos- taller que trataron sobre:
Mundos dixitais. 50 minutos. Alumnado de Secundaria/Bacharelato/FP. O taller ten como finalidade facer reflexionar aos participantes sobre os seus hábitos de consumo de contidos dixitais e a falta de privacidade que pode derivarse dun uso inadecuado. Durante a actividade, o alumnado irá descubrindo o seu nivel de uso dos medios dixitais respecto ás recomendacións dos expertos e as implicacións que ten para a súa saúde e a súa seguridade un uso excesivo e/ou imprudente dos mundos dixitais
-Alquimia na cociña: Reaccións químicas, cambios físicos, microbioloxía, anatomía, matemáticas... A cociña é Pura Ciencia. Por que cheira así o pan? Que lle dá ese sabor ao queixo? Por que torna en dourado a carne cando a facemos na grella? Neste taller responderemos dunha forma didáctica, sinxela e divertida a estas e outras tantas preguntas por medio de explicacións teóricas e prácticas mergullándonos neste incrible mundo. Espertaremos nos cativos a curiosidade pola cociña saudable e sustentable concienciándoos para que leven unha alimentación que mellore tanto a súa saúde como a saúde da nosa terra. Charla sobre o uso dos aditivos nos alimentos.

Dirección de enlace a páxina web: https://www.galiciencia.com/

Vamos a correr !!!!!!!!


Un grupo de alumnado de Educación Física coa súa profesora Montserrat  Ferreirós e acompañados polos profesores de Bioloxía  J.Jorge Pérez  e Marcos Chaves de Xeografía e Historia participou na Carreira Escolar do Salnés o 24 de maio de 2019. Esta actividade está organizada polo Colexio Abrente de Portonovo.   
 Está saída encádrase dentro das actividades do Proxecto Deportivo de Centro. A valoración por parte do alumnado foi positiva: volveron cansados pero felices. 

      

Premios do concurso de haikus




"A semana pasada, por fin, e tras unha longa deliberación e varios atrancos, se entregaron os premios do concurso de foto-poemas "Lib(e)ro o meu haiku", organizado pola Biblioteca en colaboración co departamento de Lingua Castelá e Literatura. Para entregar os premios, botaron unha man tanto colaboradoras da biblioteca como integrantes do citado departamento. No acto de entrega púidose ver, ademais, un vídeo cos proxectos realizados por alumnado de 1º BACH que combinaban imaxe, poesía e música. A participación do alumnado foi chamativa na categoría de 1º e 2º da ESO, estando difícil dirimir entre tanto e tan bo. Pero só podía gañar un, e aquí van os agraciados con cadanseu vale para gastar na cafetería do centro e na librería que escollan.

Categoría 1º e 2º da ESO: SARA MARTÍNEZ NOGUEIRA.

Categoría 3º e 4º da ESO: ANTÍA WEIS PROL.

Categoría 1º e 2º de Bacharelato: AITOR GALLEGO GALIÑANES.

Categoría Ciclos Formativos: DESERTO.

Noraboa aos premiados e moitas grazas a todos os participantes."

Día das letras galegas.

















MAXIA PARA AS LETRAS NO IES DE VILALONGA


O martes acollemos no noso centro un espectáculo de maxia co que quixemos celebrar o Día das Letras e, asemade, facer ver que calquera actividade, se de verdade queremos, se pode realizar na nosa lingua.
Todo isto foi posible da man do Mago Teto.
Héctor García Guerra, o Mago Teto, naceu en Viana do Bolo (Ourense) no ano 1977. En 1990 le o seu primeiro libro de maxia e dous anos máis tarde, sendo estudante do que hoxe sería cuarto de ESO, debuta en público no festival do Día das Letras, aquel ano dedicado a Eduardo Blanco Amor, no instituto da súa vila natal.
En 1996 estrea o seu primeiro espectáculo: A maxia dos soños e desde entón sucédense espectáculos de rúa como O afiador, para teatros como A maxia da Santa Compaña ou outros máis versátiles como Tolemias ou Perto de ti.
As súas aparicións en distintas canles televisivas son frecuentes, mesmo con seccións fixas, e tamén en eventos e festivais celebrados por toda a xeografía española.
Foron dúas sesións de As novas tolemaxias dirixidas ó alumnado da ESO, a primeira para 2º e 4º e a segunda para 1º e 3º, nas que o ilusionismo e o mentalismo se desenvolveron no marco do absurdo ou surrealista e cos toques retranqueiros e divertidos tan característicos do Mago Teto.

ABECEDARIO DE ANTONIO FRAGUAS



 

















Por outra banda, áchase a disposición de todo o alumnado do IES de Vilalonga no vestíbulo do instituto, fronte a conserxería, un cuestionario arredor do autor homenaxeado este ano segundo a proposta da Real Academia Galega: Abecedario de Antonio Fraguas.

As respostas  pódense localizar nos carteis expostos no taboleiro situado no exterior da secretaría ou ben nos libros que, tanto da autoría de Fraguas como sobre el, posúe a Biblioteca. Trátase de libros que están expostos na sala e que poderán ser consultados para resolver o cuestionario sen necesidade de seren fichados sempre que esa consulta se realice na propia biblioteca.

Entre os cuestionarios completados correctamente serán sorteados  agasallos ofrecidos pola Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística – EDLG.

Os cuestionarios cubertos deberán ser depositados nunha caixa que permanecerá no vestíbulo ata o día 24 ou, se así se indicou previamente,  entregados ó profesorado que imparta  a materia de Lingua Galega.















(ABECEDARIO????)













Viaje a Londres



Este año 37 alumnos y alumnas de 1º de BACH hemos ido de viaje a Londres. Ha sido una gran experiencia poder visitar un país de habla inglesa.

Las visitas a los museos fue la mejor parte, sobre todo poder entrar en el British Museum y el National Gallery. En esos días también tuvimos tiempo de pasear por Camden town y Hyde Park. Destacaría también poder pasar una mañana en Oxford y sobre todo visitar Stratford, lugar donde nació William Shakespeare.

Me ha encantado estar en Londres, espero volver algún día para   visitar esos lugares  de nuevo. (Alba Moraña)


Entreculturas no IES de Vilalonga.



       O martes 7 de maio, un grupo de alumnas e alumnos quedamos a comer no

 instituto para participar, de 3 a 4 tarde, nun obradoiro chamado "É a hora da 

igualdade", que foi animado por Lorena e Abel, traídos pola fundación Entreculturas. 

 Pasámolo ben reflexionando sobre a situación actual da igualdade de xénero e

 imaxinando planetas futuros alumeados por estrelas de xustiza, compromiso e 

igualdade"











Xornadas de RCP e soporte vital báxico.



A Consellería de Educación e a SEMES Galicia, coa intención de dar continuidade ás xornadas iniciadas o curso pasado, ofreceu un ano máis ao IES de Vilalonga unhas xornadas formativas sobre reanimación cardiopulmonar (RCP) e soporte vital básico dirixidas ao alumnado de 1º da ESO, 1º de bacharelato e 1º dos Ciclos formativos. 
   A actividade levouse a cabo o día 25 de abril e foi impartida por médicos, enfermeiros e técnicos da SEMES Galicia coa colaboración da Fundación pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e a Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE).
O alumnado valorou positivamente este obradoiro que considerou de gran importancia e moi práctico en caso de emerxencia sanitaria.






VIAXE A PARIS DO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS 2019


O Departamento de Francés, como vén sendo habitual, realizou a súa viaxe de estudos , este ano o destino elexido foi París. A continuación podedes ver o programa que levamos a cabo catro profesores do centro acompañando a alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1º de bacharelato ao que lle agradecemos a súa actitude aberta e o seu bo comportamento.



Aquí vos deixamos algunhas opinións dos mozos e mozas que participaron na viaxe.


"Saímos cara a París o 6 de abril e pasamos alí 6 días. Foi unha grande experiencia que de seguro a moitos lles gustaría repetir.
Tivemos a oportunidade de visitar algún dos museos de arte máis relevantes do mundo, como poden ser renomeado Louvre, con pezas históricas de arte; ou o Pompidou enfocado na  arte moderna e contemporánea. Tamén visitamos os monumentos máis importantes da cidade, coma o Arco de Triunfo ou Notre Dame e, como non, a Torre Eiffel. Sobre todo, descubrimos París recorrendo en múltiples ocasións as súas rúas e prazas, e algúns mesmo nos atrevemos a probar a gastronomía do lugar!
Ademais, desfrutamos moito pasando o tempo cos nosos amigos, cos de sempre e facendo algún novo. A moitos sorprendeunos tamén a liberdade que tivemos en canto a tempo libre, pero foi moi benvida pois permitiunos explorar a cidade aínda máis pola nosa conta e tamén nos deu máis opción para poder escoller onde comer.
En conclusión, unha viaxe marabillosa que, insisto, volvería repetir. En fin, xa veremos o ano que ven".
                                                                                    Mario Santiso (3º ESO)

"París, impresionante. Impresionante por sus vistas, su cultura, su diversidad, su historia... pero sobre todo por los buenos recuerdos que me llevo de allí. Recuerdo que el primer día, subiendo al autobús en Villalonga, me iba con las expectativas un poco bajas, sin estar del todo convencida si había escogido bien. Pero no, no me equivoqué, de hecho,  no podría haber elegido mejor.
No cambiaría nada, es cierto que regresé un poco decepcionada con algunas cosas: el museo del Louvre, por ejemplo, y el castillo de Disney, ya que me lo imaginaba más grande, pero eso es lo de menos, el resto lo compensó todo, desde la Tour Eiffel hasta el Arco de Triunfo.
Además, si tuviera que quedarme con una actividad sería el museo Pompidou, por su originalidad y diversidad. Fue genial poder ver obras que habíamos estudiado, tanto ahí como en el de Orsay y en el Louvre. La Defensa también fue espectacular, ver un barrio tan diferente al resto de París.
Al final, todos los kilómetros recorridos, las habitaciones pequeñas y los desacuerdos con los amigos fueron lo de menos, detalles que pasaron a un cuarto plano. Sólo hubo un día que cambiaría, el último, y no por lo que hayamos hecho sino por ser precisamente por ser el día de la vuelta".

                                                                                 Antía Martínez (1º BAC)

"Si tengo que describir este viaje sería con una sola palabra: IMPRESIONANTE. Una ciudad llena de magia, calles preciosas y edificios que no puedes dejar de mirar… y qué mejor que visitarla con gente a la que le tienes un cariño especial.
¡Ojalá no sea el último viaje!"
                                                                                 Adela Silva (1º BAC)

E xa para rematar botádelle unha ollada à reportaxe gráfica.