Día das letras galegas.

















MAXIA PARA AS LETRAS NO IES DE VILALONGA


O martes acollemos no noso centro un espectáculo de maxia co que quixemos celebrar o Día das Letras e, asemade, facer ver que calquera actividade, se de verdade queremos, se pode realizar na nosa lingua.
Todo isto foi posible da man do Mago Teto.
Héctor García Guerra, o Mago Teto, naceu en Viana do Bolo (Ourense) no ano 1977. En 1990 le o seu primeiro libro de maxia e dous anos máis tarde, sendo estudante do que hoxe sería cuarto de ESO, debuta en público no festival do Día das Letras, aquel ano dedicado a Eduardo Blanco Amor, no instituto da súa vila natal.
En 1996 estrea o seu primeiro espectáculo: A maxia dos soños e desde entón sucédense espectáculos de rúa como O afiador, para teatros como A maxia da Santa Compaña ou outros máis versátiles como Tolemias ou Perto de ti.
As súas aparicións en distintas canles televisivas son frecuentes, mesmo con seccións fixas, e tamén en eventos e festivais celebrados por toda a xeografía española.
Foron dúas sesións de As novas tolemaxias dirixidas ó alumnado da ESO, a primeira para 2º e 4º e a segunda para 1º e 3º, nas que o ilusionismo e o mentalismo se desenvolveron no marco do absurdo ou surrealista e cos toques retranqueiros e divertidos tan característicos do Mago Teto.

ABECEDARIO DE ANTONIO FRAGUAS



 

















Por outra banda, áchase a disposición de todo o alumnado do IES de Vilalonga no vestíbulo do instituto, fronte a conserxería, un cuestionario arredor do autor homenaxeado este ano segundo a proposta da Real Academia Galega: Abecedario de Antonio Fraguas.

As respostas  pódense localizar nos carteis expostos no taboleiro situado no exterior da secretaría ou ben nos libros que, tanto da autoría de Fraguas como sobre el, posúe a Biblioteca. Trátase de libros que están expostos na sala e que poderán ser consultados para resolver o cuestionario sen necesidade de seren fichados sempre que esa consulta se realice na propia biblioteca.

Entre os cuestionarios completados correctamente serán sorteados  agasallos ofrecidos pola Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística – EDLG.

Os cuestionarios cubertos deberán ser depositados nunha caixa que permanecerá no vestíbulo ata o día 24 ou, se así se indicou previamente,  entregados ó profesorado que imparta  a materia de Lingua Galega.















(ABECEDARIO????)













Ningún comentario:

Publicar un comentario