O día 3 de abril o
alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a
unha representación no auditorio de Cambados. Foron Os Quinquilláns, partindo de textos de Madein Galiza de Séchu Sende, os encargados de mostrar algúns
dos prexuízos lingüísticos que afectan á nosa lingua.
Estas son
manifestacións do noso alumnado despois de ter asistido á representación:
“Unha obra cunha
mensaxe moi importante. O galego forma parte da nosa cultura, é a nosa lingua e
temos que falala e coidala para que os fillos dos nosos fillos tamén a falen.
(...) Oxalá nunca se perda a nosa lingua”. (Alba González)
“Recomendo
profundamente esta obra para aqueles que consideren que o galego non é unha
lingua. Ó contrario, o galego é unha lingua máis, unha lingua románica e lingua
oficial en Galicia. (...) A adaptación do texto Madein Galiza axuda á normalización lingüística”. (Gabriel Folgada)
“A representación
mostraba unha nena que falara galego ata que un día na discoteca Koyote atopou
un “atrapalinguas” que lle quitou a súa lingua”. (Lucas Cores)
“Falou galego moito
tempo, ata que un día foi de festa e un home de LanguagePlanning lle arrincou
de novo o galego e comezou a falar castelán outra vez”. (Adrián Míguez)
“Hai unha axencia con
persoas que intentan que desapareza o galego. Para conseguilo, vanlle
corrixindo ós falantes de galego cada palabra ata roubarlles a lingua”. (Nuria
Carballa)
“Mediante unha
metáfora, móstrase como o galego vai
sendo menos utilizado debido ós prexuízos: os “ ladróns de palabras” eran un grupo de
persoas pertencentes a unha organización que quería destruír o galego”. (Lucía
Villanueva)
“A perda da lingua
simbolízase cunha persoa chamada Roba Palabras, que animaba á protagonista,
Estrela, a deixar o galego. A pesar das dificultades (a familia, o instituto,
as persoas da empresa que convencen os galegos para que falen en castelán), o galego
séguese utilizando xeración tras xeración”. (Jaime Camiña)
“Chegou á panadaría
de sempre e pediu pan en castelán, pero
o dependente dálle pans galegos (de Carral, de Cea...) e ela probou un cachiño
e recuperou a lingua”. (ÁlexCacabelos)
“Vese a evolución
lingüística que sofre a protagonista. (...) Ao final, Estrela lembra cal é a
súa propia lingua e está decidida a
ensinárllela aos seus fillos , o galego.
(...) Cada vez son máis as persoas que deixan de falar galego para falar
castelán polos prexuízos lingüísticos, pero esta obra ensínanos a apreciar a
nosa lingua”. (Daniel Castro)
“Fronte ó desprezo
dos falantes de castelán cara ó galego e
á obsesión por unificar todos os idiomas para crear unha
única “lingua do futuro”, transmítenos
que o galego non é un castelán mal falado, que cada lingua é unha gran riqueza e
que nós debemos apreciar esa riqueza que posuímos”. (ÁngelBerreco)
“Resultou
interesante porque mostra o desprezo que sofre o galego no seu propio lugar”.
(Alexia González)
“Unha obra
presentada polo grupo Os Quinquilláns, que aínda sendo de corte humorístico,
trata un tema serio como é a conservación da lingua. (...) Unha obra que contén
unha mensaxe moi importante que non debemos esquecer”. (Mario Santiso)
Ningún comentario:
Publicar un comentario