1º DE FP BÁSICA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


                                         


“Non é unha festa. Están a matarnos” Miles de mulleres toman as rúas en máis de 50 cidades contra a violencia machista.

Non saíron á rúa para celebrar. Por iso moitas van de negro, con reproducións de féretros ás costas, cos rostros tapados, con fachos, conolleiras pintadas na cara. Miles de persoas —maioritariamente mulleres—

saíron este sábado en máis de 50 cidades de España no Día Internacional da
Eliminación da Violencia contra a Muller. Lembraron as vítimas asasinadas polas
súas parellas, pero tamén denunciaron o acoso sexual ou a discriminación.
Pediron unha sociedade por fin xusta coas mulleres.

No que vai de ano, morreron asasinadas polas súas parellas e ex-parellas 45 mulleres e oito nenos, segundo as estatísticas de
Sanidade.

PANCARTA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO




O alumnado de 1º de FP básica da rama de administrativo fixeron co profesor da materia de Comunicación e Sociedade, Manuel Radío, un mural con imaxes, listas de vítimas e estatísticas sobre a lacra da violencia de xénero na nosa sociedade. O obxectivo principal era educar en valores, como a iguladade e a solidariedade, así como concienciar da importancia e a inxustiza deste problema.

TRABALLEMOS PARA QUE ESTE PROBLEMA DESAPAREZA. QUE AS XERACIÓNS FUTURAS NON TEÑAN QUE SUFRILO. PARA QUE DEIXEMOS DE AVERGOÑARNOS!!!!                                                                              

OBITUARIO



Dende o 25 de novembro de 2016 ata o 25 de novembro de 2017 , con motivo do Día internacional para a eliminación da violencia de xénero, fixemos un panel no que fomos colocando os nomes das vítimas, a data do suceso e o lugar onde ocorreu. O resultado foi abraiante e o espazo insuficiente.

Os obxectivos desta experiencia eran non esquecer as vítimas de esta lacra, concienciar do problema, educar en valores e ter presente que esta non é unha nova esporádica senón que está sempre presente.

O alumnado de antropoloxía contra a violencia de xénero, 1º de bacharelato








A violencia de xénero segue presente na sociedade en forma de agresións e abusos con miles de vítimas en todo o mundo. Cada 25 de novembro, as voces de denuncia elévanse globalmente en pos da súa erradicación definitiva.

ÚNETE!!!!!!!!!!!!!!

Ciberviolencia

O ALUMNADO DE VILALONGA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA



O alumnado de 4º da ESO, da materia de Filosofía, xunto  ao profesor Fernando Prada, fixeron unhos vídeos en contra da violencia de xénero, nos que expuxeron as súas ideas sobre as violencias machistas. Graváronos con motivo do 25 de novembro, día internacional para a eliminación contra a violencia de xénero. 
Proxéctanse na pantalla da entrada do edificio 1.

Botádelle unha ollada! Merece a pena!


IN MEMORIAM

25 DE NOVEMBRO DE 2017

Saída teatral a Pontevedra


O xoves 16 de novembro o alumnado de ESO e de Bacharelato do noso centro asistiu á posta en escena no Teatro Principal de Pontevedra d' A noiva de Don Quixote, comedia escrita por José Luís Esteban e dirixida por José Carlos García.
A compañía Eme2 presenta unha obra na que a actriz Mercedes Castro, coñecida polo gran público como Amelia, a criada que  coida do Padre Casares na serie da TVG, dá vida a unha Aldonza Lorenzo que aparece en escena  levando ás costas  un decorado que irá dispoñendo sobre as táboas ó longo dos cincuenta minutos que dura a representación.
Case unha hora durante a que o público atende ás reflexións de Aldonza Lorenzo sobre a  vida e sobre a identidade da noiva de Don Quixote.



 A noiva de Don Quixote

“A obra trata un tema tan recorrente como o do  Quixote cun punto de vista innovador e orixinal: o de Aldonza Lorenzo.” (Santiago Reinal, 1º Bach.)
“Un dos detalles que máis me gustou foi que todo o que se utilizou no escenario levábao a actriz enriba e íao collendo conforme lle facía falta.” (Nerea G. Martínez, 1º Bach.)
“Esta é unha obra na que Aldonza Lorenzo se rebela contra a personaxe que Cervantes lle atribuíu na súa novela (Dulcinea do Toboso).(...) É unha obra irónica e a actriz, Mercedes Castro, dálle un toque de humor coa súa interpretación. (...) Aldonza Lorenzo critica a imaxe que Cervantes deixou dela e séntese unha muller a punto de perder a súa propia identidade  e ademais anoxada por unha fama non buscada. (...) A obra transmite así un certo feminismo.” (Sara Agís, 1º Bach.)
“Un papel complicado e unha boa posta en escena, aínda que con pequenos imprevistos. O cambio que dá a protagonista, renegar da súa sona de Dulcinea para ser ela mesma, a verdade é que me impresionou.” 
(Nerea G. González, 1º de Bach.)

Saída didáctica a Santiago


O pasado 31/10/2017 o alumnado da materia de física, de 2º de bacharelato, acompañados polo seu profesor Francisco Casas, foron o Obsrevatorio Astronómico de Santiago de Compostela. A visita, según nos contaron resultou agradable, instructiva e pedagóxica. Está ben saír das aulas e aprender de outras maneiras de vez en cando.


Samaín 2017



 Estas son algunhas das nosas catrinas da Campaña de resurrección de palabras galegas que levamos a cabo como actividade en 2º de ESO durante este Samaín 2017.



Magosto en Vilalonga


O venres, día 17 de novembro, celebramos o outono cun magosto no patio do instituto. Comemos castañas asadas e divertímonos con xogos tradicionais: o aro, a ra, os zancos, etc.
       Foi un exercicio de convivencia e entretemento.


Divertímonos cos xogos populares.




As castañas

estaban moi boas.




                                        Xogamos xuntos._

25N "Contra a violencia institucional. Xustiza para todas"






Para irmos  traballando o 25N
porque, por desgraza, segue sendo necesario tratar estes temas.





Ligazón do STEG para traballar a violencia de xénero, neste caso a violencia institucional.

Concurso de adhesivos do EDLG do Salnés


Resultado de imagen de imaxes fotos do pergamiño vindelXa está en marcha a nova convocatoria para o CONCURSO DE ADHESIVOS da Coordinadora de EDLG do Salnés.

Este ano o tema é "DO PERGAMIÑO Ó DIXITAL"


Os traballos terán que ser orixinais e inéditos e poden presentarse en calquera formato sobre papel ou cartolina, así mesmo poden empregarse cores e a técnica será libre. Por detrás deberás poñer o teu nome, apelidos, curso e centro escolar.


O prazo de entrega remata o 23 de xaneiro de 2018. 
Resultado de imagen de imaxes fotos do pergamiño vindel

Lembrade que hai dous premios por categoría:

- primeiro ciclo de ESO
- segundo ciclo e FPB 
- bacharelato e ciclos



A nosa ex alumna, Eva Mejuto, publica a súa primeira novela.

.
Eva Mejuto na fotografía da Voz de Galicia, autoría de Ramón Leiro.
A nosa ex alumna, Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975), publica a súa primeira novela xuvenil, 22 segundos.Esta novela achégase ó tema da transexualidade a través das vivencias de Alex, o seu protagonista.

Nesta ligazón podedes ler a entrevista completa que lle fan hoxe no xornal La Voz de Galicia, que leva por título "Ser distinto dá medo"

Día da biblioteca 2017



Este curso celebramos o día das bibliotecas: 24 de outubro, cunha exposición titulada: "Visións do máis alá nas artes plásticas". Está exposta no corredor do edificio 1, nela móstranse imaxes da arte galega nas que aparecen demonios, bruxas, pantasmas, etc.

Este tema veunos moi ben, asemade para o samaín que se celebra a finais do mesmo mes.

PARABÉNS A TOD@S @S LECTORES!

ESPERAMOS QUE GOCEDES COA EXPOSICIÓN!