Amosando publicacións coa etiqueta literatura galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta literatura galega. Amosar todas as publicacións

PREMIOS NACIONAIS PARA A LITERATURA GALEGA

Ismael Ramos por Lixeiro e Marilar Aleixandre por As malas mulleres, veñen de ser recocoñecidos co "Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández" e "Premio Nacional de Narrativa", respectivamente. Poeta e narradora de dúas obras de diferentes xéneros da literatura galega actual que deixan constancia do traballo de grande calidade que estamos producindo dende Galicia.

            Parabéns para ambos e para a literatura en galego!

           

             



DURANTE: Manifesto do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL



Os membros da xunta directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) comparten con nós a lectura do manifesto oficial do Día do Libro Infantil e Xuvenil do 23 de abril de 2020, escrito por Peter Svetina, ilustrado por Damijan Stepancic e traducido por Héctor Cajaraville.

DURANTE: UN ADEUS Á NOSA POETA LUZ POZO GARZA



Vai polo sangue un rego de memoria
unha fogueira intacta do tempo doutras vidas
que chamamos amor.
                                       LPG

Esta semana soubemos do pasamento dunha das grandes poetas galegas, a académica Luz Pozo Garza. Deixounos pois a muller, a voz feminina que encheu de poesía todas as xeracións poéticas que foron xurdindo dende a Promoción de enlace ata hoxe. Voz esencial da poesía galega da segunda metade do século XX, a súa última publicación en galego foi Pazo de Tor (2019).


Que a súa poesía siga a vivir en nós e nas vindeiras xeracións galegas.


Real Academia Galega
Entrevista Premio Trasalba 2019
Luz Pozo réndelle homenaxe a Rosalía



ELI RÍOS FALOUNOS DE LUNS



Esta mañá estivo no IES de Vilalonga a escritora ELI Ríos para falar co alumnado de 1º de Bacharelato sobre a súa novela Luns, pero tamén para amosar todos os temas que nesta novela se tratan e que están no discurso da sociedade neste momento, case todos arredor da igualdade de xénero, ou máis ben a desigualdade histórica e as súas consecuencias.

Eli Ríos naceu en Londres en 1976. Ao pouco tempo regresou a Galicia, concretamente a Ordes, onde pasou a súa infancia. Despois dun periplo por diversos territorios da lusofonía, instalouse ao pé do Castro de Elviña.

Colabora en diversas obras colectivas, realiza obradoiros de escrita, contacontos infantís e forma parte da revista dixital de crítica literaria A Sega.

Gañou diversos premios literarios como o XII Premio de Poesía Concello de Carral en 2009, con Nós escoitando o badalo de marienplatz; o XL Premio Modesto Figueiredo en 2014 con Remexido de patacas; XII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración 2014, por Bicha; I Premio de poesía Rosalía de Castro en 2015, con Café intenso; XVIII Certame Francisco Añón de Poesía 2015, con Doe tanto a túa ausencia;  XVII Premio Torrente Ballester 2016 por Luns (polo que hoxe está aquí); ou o IV Premio de Poesía Gonzalo López Abente en 2017 por Culpable, entre outros.

Eli é unha autora polifacética que ten publicado libros de poesía, narrativa infantil e xuvenil e novelas para adultas e dedica moito do seu tempo a espir ou deixarse espir neses textos que un día deixou en papel para as súas lectoras.

Quizais entre tantos textos, ben estaría terlle dado a palabra a Eli con algunha cita dos seus múltiples libros, mais hoxe decidimos que a palabra lla ía dar a voz doutros versos, a dos de alguén que non os pode berrar, os versos da protagonista dunha das noticias que Eli comentou con nós hoxe, Sesé Mateo, unha voz que nos seus últimos textos chegou a escribir:

            Tengo una vida fabulosa.

            Mi vida está llena de amor.

            El amor de mi vida comienza por mi misma.

            Tengo dominio sobre mi vida.

            Soy una mujer poderosa.

            Soy digna de amor y respeto.

            No estoy sometida a nadie, soy libre.

            ...

            Estoy a salvo y todo está bién en mi mundo.



Quizais isto mesmo pensou a nosa Nerea, a protagonista de Luns, á volta da última sesión médica... e entón deixamos que Eli falase.



2º DE BACH NO OURENSE DE PEDRAYO E BLANCO AMOR

O xoves 7 de marzo, o alumnado de 2º de bacharelato do IES de Vilalonga tivo a oportunidade de facer un percorrido por algúns dos lugares emblemáticos das novelas de dous grandes escritores da Literatura Galega, Ramón Otero Pedrayo e Eduardo Blanco Amor.
Pola mañá visitaron o mosteiro de Oseira, onde puideron gozar da historia agochada na pedra pero tamén dunha das súas grandes marabillas, a biblioteca; a continuación, tiveron a oportunidade de facer camiño da man dalgúns dos personaxes e paisaxes d'Os camiños da vida, de Arredor de si, os espazos d'A Lagarada e de tantas das historias de Don Ramón, con parada obrigada na súa casa de Trasalba - sede da Fundación Otero Pedrayo.
Pola tarde tocoulle a quenda a Blanco Amor, cun pequeno percorrido polas rúas da man do Cibrán e a súa noite d'A Esmorga, nunha actividade na que tamén quixo ter o seu protagonismo a determinante e tan presente chuvia da novela.






Orgullosos da nosa literatura



Falamos dun repunte da literatura galega porque está en constante crecemento desde os seus inicios que fai decadas obrigou, ao sector literario a ampliar os seus horizontes e expor obras por cada xénero literario. Aproximadamente 2 millóns de persoas son falantes habituais de galego e medio millón úsao como segunda lingua ao rededor do mundo. Os expertos coinciden en que a literatura galega nunca deixou de crecer, cada vez hai máis libros, editoriais e autores que ademais, foron galardoados polas súas obras, é o caso de Antonio García Teijeiro recente Premio de Literatura Infantil ou Xuvenil ou o de Ledicia Costas, viguesa e tamén Premio Nacional.

 Cadena SER. Radio Vigo. 2018

Encontro co escritor Miguel Anxo Fernández

Foto de Miguel Anxo Fernández Fernández.
O martes, día 19, o escritor Miguel Anxo Fernández compartiu unha charla co alumnado de 3º e 4º de ESO sobre a súa novela Bícame Frank, protagonizada polo detective Frank Soutelo, que se desenvolve en distintos lugares da na nosa comarca. Explicoulles, entre outras cousas,  como realiza o proceso de construción da historia e como procurou inspiración en distintos personaxes cinematográficos para dar vida e este peculiar detective que xa ten vida propia na nosa historia literaria,  como reflicten os distintos retratos que se teñen feito del por distintos ilustradores galegos.


 



A nosa ex alumna, Eva Mejuto, publica a súa primeira novela.

.
Eva Mejuto na fotografía da Voz de Galicia, autoría de Ramón Leiro.
A nosa ex alumna, Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975), publica a súa primeira novela xuvenil, 22 segundos.Esta novela achégase ó tema da transexualidade a través das vivencias de Alex, o seu protagonista.

Nesta ligazón podedes ler a entrevista completa que lle fan hoxe no xornal La Voz de Galicia, que leva por título "Ser distinto dá medo"

"Cabalos e lobos" de Fran P. Lorenzo




A novela de Fran P. Lorenzo "Cabalos e lobos" foi a protagonista das lecturas obrigatorias do terceiro trimestre de 1º de bacharelato. Esta novela foi Premio Blanco Amor 2014.

Cabalos e Lobos é a clasificación que fai un dos protagonistas da novela, Álvaro, das persoas. Os lobos son aqueles que necesitan depredar para sobreviviren, mentres que os cabalos, como no xadrez, son capaces de saltar con elegancia e beleza, sen ter que danar a ninguén.

Santiago Lopo, o outro lado do espello.

Onte, 16 de febreiro, charlou co alumnado de 2º de ESO o escritor de "Game over", Santiago Lopo. O autor conseguiu que moitos deles pasasen ó outro lado do espello a través desta novela que gañou no seu día o Premio de Novela por Entregas da Voz de Galicia. Esta obra, aínda que inicialmente non está pensada para o público adolescente, engacha a moitos alumnos que non son moi fáciles de atraer ó outro lado deste espello que é a ficción, como ben apunta Santiago na dedicatoria deste libro.

 

  Graciñas pola túa visita.

Outro escritor galego que nos deixa.



Faleceu hoxe, 27/11/2015, o escritor galego Xosé Neira Vilas, nado en Vila de Cruces (Pontevedra) en 1928.
No ano 2011 tivemos o honor de visitalo e homenaxealo como se lembra nesta entradada da
Praia das Palabras.

Viviu en Bos Aires e en Cuba onde levou a cabo un importante labor periodístico e cultural relacionada con Galicia 
Era membro da Real Academia Galega.
Entre as súas obras destacamos: Memorias dun neno labrego, Xente no rodicio, Nai 
Querido Tomás.

As túas obras e o teu recordo quedan con nós, ata sempre !


Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015

A viguesa Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015  








   A escritora gañou o premio coa súa novela "Escarlatina, a cociñeira defunta",unha obra extraordinaria, humorística e rompedora que destaca pola súa fácil lectura, humor escalofriante, e habilidade para desmitificar o mundo da morte"

Parabéns.