Amosando publicacións coa etiqueta NOVAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NOVAS. Amosar todas as publicacións

Unha muller gaña por primeira vez o ‘Nobel’ de matemáticas


A estadounidense Karen Uhlenbeck leva o Premio Abel polas súas revolucionarias investigacións na intersección co mundo da física.
Hai medio século, a estadounidense Karen Uhlenbeck, por entón unha nova e prometedora matemática, púxose a buscar un emprego, tras dous breves traballos temporais como profesora no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts e na Universidade de Berkeley. “Dixéronme que ninguén contrataba a mulleres, porque as mulleres debían estar na casa e ter bebés”, lembrou nun libro en 1997. Hoxe, a Academia de Ciencias e Letras de Noruega decidiu conceder a Uhlenbeck o Premio Abel 2019, dotado cuns 600.000 euros e considerado o Nobel das matemáticas.
 Apenas mo podo crer. Estou profundamente agradecida", explicou Uhlenbeck este martes ao PAÍS nun correo electrónico. "Pertenzo á primeira xeración de mulleres que podían esperar unha progresión profesional. Quizá non igual que os homes, pero as portas xa non estaban pechadas. Nas décadas de 1960 e 1970, cando se eliminaron as barreiras legais para avanzar, esperabamos que as mulleres e as minorías entrarían polas portas e ocuparían o lugar que lles corresponde, polo menos no mundo académico. Quedou demostrado que non era tan fácil, pero conseguiuse un progreso tremendo, polo menos para as mulleres. As mozas matemáticas de hoxe son un grupo de talento impresionante e diverso. Espero contribuír, á miña maneira, xunto a outras persoas, a abrir estas portas pechadas e a mantelas abertas de pao a pao", engade a galardoada.
Periódico El País. 19/03/2019

As poetas galegas en alza


Tamara Andrés (Combarro, 1992) ten o demo cultural no corpo. «Non paro», di ela mentres pasa a mañá do festivo de Todos os Santos ordenando e catalogando libros. Tamara, ademais de tradutora ou creadora escénica, é poeta. E esta semana chamouna por teléfono a escritora Fina Casalderrey para dicirlle que quedara finalista no Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández. Ela nin sabía que estaban valorando o seu poemario, Corpo de Antiochia, xa que son as academias as que propoñen as obras. E no seu caso foi a Real Academia Galega a que o fixo. Di que non deixa de recibir parabéns e que ata resulta algo estraño: «Parece que gañei eu, e non gañei, só quedei finalista. Aínda que para min é xa unha honra grande». O poemario polo que apostou a RAG é unha obra de madurez, di ela. E para que unha moza de 26 anos fale así debe de ser que o seu coqueteo coa escrita vén de bastante lonxe.
María Hermida
 Pontevedra / la voz

       https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2018/11/02/nena-feirante-mudou-poeta/0003_201811V2C12993.htm

Orgullosos da nosa literatura



Falamos dun repunte da literatura galega porque está en constante crecemento desde os seus inicios que fai decadas obrigou, ao sector literario a ampliar os seus horizontes e expor obras por cada xénero literario. Aproximadamente 2 millóns de persoas son falantes habituais de galego e medio millón úsao como segunda lingua ao rededor do mundo. Os expertos coinciden en que a literatura galega nunca deixou de crecer, cada vez hai máis libros, editoriais e autores que ademais, foron galardoados polas súas obras, é o caso de Antonio García Teijeiro recente Premio de Literatura Infantil ou Xuvenil ou o de Ledicia Costas, viguesa e tamén Premio Nacional.

 Cadena SER. Radio Vigo. 2018

EXPOSICIÓN SOBRE OS SUEVOS EN OURENSE


Eran os suevos un pobo “bárbaro”? que fixeron durante case dous séculos na antiga provincia da Galaecia? E, que pegada deixaron no noso país?- “In tempore Sueborum” tentará dar resposta a esas e outras cuestións do que é considerado o primeiro reino de Europa. Ese é o nome da gran exposición monográfica sobre o reino suevo que se organizará en Ourense e contará con pezas de museos de Europa e EE.UU, ademais de Galicia e Portugal -onde os suevos afincaron o seu reinado- e de España.
Será entre novembro de 2017 e febreiro de 2018 cando se inaugure esta exposición cunha colección que reunirá en tres espazos expositivos ao redor de 200 obxectos. Algunhas son pezas singulares de gran valor histórico-arqueolóxico que serán traídas doutros museos e coleccións europeos e mesmo da Dumbarton Oaks Collections, de Washington.