GUITIRIZ E DÍAZ CASTRO

Aínda estamos celebrando a Vidal Bolaño e xa nos anuncian que as Letras do vindeiro ano 2014 estarán adicadas ao poeta Xosé María Díaz Castro.
Velaí tendes o excelente traballo co que nos agasalla o IES DÍAZ CASTRO  de GUITIRIZ e que nos permite achegarnos a súa figura. PARABÉNS aos autores e autoras e aos responsables desta iniciativa!!!



Especial do Diario Cultural do día 24/03/13 dedicado a X. Mª DÍAZ CASTRO.

FEIRA DE CIENCIAS 2013



Un ano máis o noso instituto desenvolveu a súa FEIRA DAS CIENCIAS. Organizada polos departamentos de Física e Química e Tecnoloxía, e os seus profesores Nuria, Tomás, Gabriel, Irene e Velay. Participou nela o alumnado de 1º de bacharelato, A e B, 4º de ESO B, 4º de diversificación, 2º e 1º de ESO. O resto do alumnado e profesorado fomos espectadores dos numerosos experimentos e  enxeñosos inventos cos que nos agasallaron. 

Parabéns para todos e cada un dos que  fixeron posible, de novo, esta exitosa actividade.

Días De Cine En Melancólica Primavera

 Carlos Boyero, crítico de cine, fai pouco tempo no seu  aniversario recordaba catro películas que o emocionaran especialmente: 
O buscavidas,  O importante é amar, O último tango en París e Léolo

1) O buscavidas (The Hustler), de Robert Rossen (1961). Drama
 
Excelente película e magnífica interpretación de Paul Newman e Jackie Gleason. Só me resta dicir que a beleza destes actores foi eclipsada pola súa outra beleza, a da  interpretación, e coma tantas veces esta última é a que importa, a que agranda  as demais.

2) O importante é  amar  (L’important c’est d’aimer), de  

Andrzej Zulawski (1975). Drama

Para moitas xoves dos anos setenta Romy Schneider, Paul Newman e tantos outros foron  soños entón e seguen sendo mitos que acompañan as nosas vidas. Detrás viñeron outras mociñas que riron e choraron com eles... Longa vida...!
Crítica
“Mágico encuentro con un cine que busca la emoción, que desconoce el falso pudor, que arremete y conmueve, que remueve el corazón y las tripas y que permanece en la memoria selectiva y en sus sensaciones más íntimas. Ejerce de catarsis”            
Carlos Boyero

“Filme sobrevalorado con la invasora presencia de Schneider: nunca tanta luz creó tanta oscuridad como el rostro de esta mujer”                        

 Ángekl Fernández Santos
3) O último tango en París  (Last Tango in París), de Bernardo Bertolucci 1972. Drama erótico
Nos últimos anos do franquismo moitas persoas vimos este filme fóra e dentro do país...

E outras...
4) A Encaixeira (La Dentellière), de Claude Goretta 1977. Drama
Unha noviña Isabelle Hupper revélase aqui como a grandísima actriz que vai ser. De xove saín desta película con rabia e dor. Nunca a esquecín. A nai dela non lle dixo que sendo pobre, fermosa e intelixente o que debería facer na vida, antes de nada, era estudar. E o estudante, que ela coñeceu en Normandía,  non aprendeu nos libros a escoitar a mirada, non aprendeu na Universidade a se desfacer da sombra de súa nai, que libros lería? Que pena de tanto estrago!

5) América, América  (America, America)

de Elia Kazan

1963. Drama. Emigración/Inmigración
Stavros é um xove grego que vive em Anatolia coa súa família e soña con América. Nada vai ser fácil.  Vista agora é coma um mareo, coma se nós volveramos atrás, aos tempos da película...          
6) A guerra dos botóns  (La nouvelle guerra des boutons), de Christopher Barratier  2011. Comedia de aventuras.
Versión da película clásica. Un ciclo de películas pensadas para o proxecto “ Cine e educación” (La guerra de los botones, Los chicos del coro…). Con esta película volvemos á infancia, ás guerras dos maiores vistas e vividas polos cativos.         

7) Another year (Another year) , Mike Leigh 2010. Comedia dramática

 cine no teatro,  teatro no cine…,  o decorrer da vida cotiá  con toda a súa humanidade          

8) Ludwig. Luis II de Baviera, o rey  tolo (Ludwig II) 

de LuchinoVisconti 1972. Drama histórico

A decadencia  axexa a este mecenas,  breve rei tolo de Baviera, exquisito soñador unicamente protexido e comprendido pola súa prima "Sissi" Emperatriz de Austria. Unha vez máis, unha gran película de L. Visconti. Marabillosa Romy Schneider.

Todas elas están na Biblioteca do centro!
ERey                         

30 anos da LNL, Núm. 3 de "LETRA MIÚDA" e punto.GAL



Destacamos hoxe tres novas normalizadoras:
  • Celebramos os 30 anos da Lei de normalización lingüística (LNL), coas súas luces e sombras. Deixamos aquí unha análise de distintos persoeiros sobre esta nova.
  • A publicación do núm. 3 da revista de sociolingüísta para o ensino: "LETRA MIÚDA".
  • A aprobación de .GAL polo   ICANN, o organismo internacional que goberna os enderezos URL da Internet, dominio que servirá á comunidade lingüística e cultural galega.

MÚSICA DESDE ÁFRICA

"Haiti" 
(from new album "Amanké Dionti")
Ablaye Cissoko & Volker Goetze 


Moita beleza, enorme interpretación, un pouco de historia e un relato, hoxe, desde Senegal, un grito poético.  Illa de Gore, estación de escravos rumbo a América, e denuncia da situación actual de moitas mulleres escravas: 
ÁFRICA

Ablaye Cissoko & Volker Goetze
 

La biblioteca escolar, un centro de recursos


Cristina Novoa desde as Bibliotecas Escolares de Galicia fala do importante papel que as nosas bibliotecas están a ter na toma de contacto e tratamento por parte do alumnado das novas ferramentas da información e a comunicación.