Amosando publicacións coa etiqueta 1º de BACH. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1º de BACH. Amosar todas as publicacións

Anacos de Historia

Estes anos estivemos facendo unha serie de podcast de Historia na que participa parte do Alumnado de 1º de Bacharelato, e que se fai a través da Materia de Historia do Mundo Contemporáneo. 

Aqui vos deixo como van algúns dos episodios deste curso. 






Club de lectura de 1º de bacharelato.

Outro curso máis que vai chegando ao seu fin e toca facer reconto das actividades que se propuxeron dende a Biblioteca, como os clubs de lectura. No caso de 1º de Bacharelato hai moi bos momentos compartidos nesas sesións de mediodía, sempre aderezadas cun biscoito de sobremesa, acompañado de boa conversa e risas. Hoxe toca recordar as actividades que realizou o alumnado en torno aos libros que se compartiron, actividades nas que despregaron o seu talento (algunha ten madeira de artista) e que demostraron que un libro sempre promove creacións marabillosas. Aquí están algunhas mostras do bo saber destes rapaces e rapazas.

A primeira lectura foi o cómic Blacksad, de Juan Díaz Canales e Juanjo Guarnido, e moitos dos rapaces e rapazas se decantaron por facer un “booktrailer”.


Na segunda lectura, as actividades foron máis variadas. Neste caso a obra foi a novela Alterworld de Antonio Huertas, que nos permitiu coñecer, dun xeito moi ameno, algo máis sobre a ciberdelincuencia. Os rapaces e rapazas fixeron unha recomendación en vídeo, un booktrailer e unha recopilación dixital dos lugares onde se deselvolve a historia: https://prezi.com/view/CK0j0tq3u6qv3qdKf0g3/


 

 
E, xa sabedes, o ano que ven vós podedes desfrutar destas lecturas, só tedes que pedilas na Biblioteca.


Comezo da andaina do club de lectura de 1º de bacharelato.

















O club de lectura de 1º de bacharelato reuníuse por primeira vez en outubro. Este curso van a introducirse na novela negra da man da súa profesora de Lingua Castelá, Fátima Barreiro, que coordinará o club. Inicianse  no xénero cun cómic titulado Blacksad.
A primeira sesión consistíu na recreación do escenario dun crime e un panel de investigación criminal. O alumnado  seleccionou dun listado as características que debe ter unha novela negra ademais de intercambiar opinións sobre a obra motiva da lectura.

ELI RÍOS FALOUNOS DE LUNS



Esta mañá estivo no IES de Vilalonga a escritora ELI Ríos para falar co alumnado de 1º de Bacharelato sobre a súa novela Luns, pero tamén para amosar todos os temas que nesta novela se tratan e que están no discurso da sociedade neste momento, case todos arredor da igualdade de xénero, ou máis ben a desigualdade histórica e as súas consecuencias.

Eli Ríos naceu en Londres en 1976. Ao pouco tempo regresou a Galicia, concretamente a Ordes, onde pasou a súa infancia. Despois dun periplo por diversos territorios da lusofonía, instalouse ao pé do Castro de Elviña.

Colabora en diversas obras colectivas, realiza obradoiros de escrita, contacontos infantís e forma parte da revista dixital de crítica literaria A Sega.

Gañou diversos premios literarios como o XII Premio de Poesía Concello de Carral en 2009, con Nós escoitando o badalo de marienplatz; o XL Premio Modesto Figueiredo en 2014 con Remexido de patacas; XII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración 2014, por Bicha; I Premio de poesía Rosalía de Castro en 2015, con Café intenso; XVIII Certame Francisco Añón de Poesía 2015, con Doe tanto a túa ausencia;  XVII Premio Torrente Ballester 2016 por Luns (polo que hoxe está aquí); ou o IV Premio de Poesía Gonzalo López Abente en 2017 por Culpable, entre outros.

Eli é unha autora polifacética que ten publicado libros de poesía, narrativa infantil e xuvenil e novelas para adultas e dedica moito do seu tempo a espir ou deixarse espir neses textos que un día deixou en papel para as súas lectoras.

Quizais entre tantos textos, ben estaría terlle dado a palabra a Eli con algunha cita dos seus múltiples libros, mais hoxe decidimos que a palabra lla ía dar a voz doutros versos, a dos de alguén que non os pode berrar, os versos da protagonista dunha das noticias que Eli comentou con nós hoxe, Sesé Mateo, unha voz que nos seus últimos textos chegou a escribir:

            Tengo una vida fabulosa.

            Mi vida está llena de amor.

            El amor de mi vida comienza por mi misma.

            Tengo dominio sobre mi vida.

            Soy una mujer poderosa.

            Soy digna de amor y respeto.

            No estoy sometida a nadie, soy libre.

            ...

            Estoy a salvo y todo está bién en mi mundo.



Quizais isto mesmo pensou a nosa Nerea, a protagonista de Luns, á volta da última sesión médica... e entón deixamos que Eli falase.



PERCORRIDO POLO UNIVERSO PONDALIANO con 1º BACHARELATO


O alumnado de 1º de Bacharelato do IES de Vilalonga tivo a oportunidade o xoves 27 de febreiro de facer un percorrido por Ponteceso, vila de Eduardo Pondal, e por outras paraxes que serviron de inspiración e mesmo lle deron nome a personaxes e lugares dalgúns dos seus poemas.
Comezaron a xornada cunha visita ao dolmen de Dombate e o castro de Borneiro e, despois de pasear por Ponteceso, puideron aproximarse a Anllóns e ao mirador de Monte Branco.






AS NOSAS LECTURAS con ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL


Bailemos as rúas
ata desaparecer
no ventre sonoro da noite,
onde exércitos de lucecús
acenden con cóxegas as estrelas.
                                              RFR


Esta tarde os clubs de lectura de 1º de Bacharelato do IES de Vilalonga gozaron da conversa con Rosalía Fernández Rial despois de teren lido, e hoxe disfrutado un pouco máis, o seu Bonus Track



Non foron só letras sobre papel, foi navegar SOS, o mar, o vento e mais nós; foi a música da Banda da Loba, de Narf, de Patti Smith... Foi a lectura máis alá de rapazas e rapaces que se espían falando, a ruptura e o pulso á conxugación das artes.

E cando a música repouse, entrará a literatura a bailar.

Grazas a Rosalía e noraboa á rapazada dos clubs de lectura!

COMEZAN OS CLUBS DE LECTURA NO IES VILALONGA


Entre esta semana e a que vén comeza a reunirse a rapazada do Club de Lectura do IES de Vilalonga nos seus diferentes grupos.

O alumnado de 1º ESO, xunto coa profesora Inés, vai ler e viaxar pola fantasía con Charlie y la fábrica de chocolate, un clásico de Roald Dalh que engaiola cada ano as xeracións que van chegando ao noso Club.



Os grupos de 3º ESO, que xa comezaron esta semana en dúas quendas dirixidas pola profesora Carme Picallo, están a facer un percorrido pola nosa historia a través das profundas e impactantes mensaxes que Castelao nos deixou nas súas Cousas.





Coa profesora Lidia Fernández comezan tamén dúas quendas de 1º BACH, quen os tentará guiar por unha banda, nunha viaxe ao pasado co escenario de fondo da II Guerra Mundial e pasaxes ás veces difíciles de dixerir pero que son unha lección necesaria de realidade para a sociedade actual, neste caso da man de Ledicia Costas e Un animal chamado néboa. Na banda oposta, o segundo grupo tentaremos que poida sentir e danzar ao ritmo das historias e melodías que nos ofrece Rosalía Fernández Rial no seu Bonus Track.



Tamén coa
profesora Lidia, comeza este luns o grupo de 2º ESO, desta vez da man de Iria Misa e a súa novela Mamá, quero ser Ziggy Stardust, que promete ser unha lectura desas que deixan pegada.



Agora só nos queda comezar, ir incorporando os outros grupos, deixarvos as impresións das nosas lectoras e lectores e facervos, na medida do posible, partícipes das súas viaxes particulares.