Bailemos as
rúas
ata
desaparecer
no ventre
sonoro da noite,
onde
exércitos de lucecús
acenden con
cóxegas as estrelas.
RFR
Esta tarde os clubs de lectura de 1º de Bacharelato do IES de Vilalonga gozaron
da conversa con Rosalía Fernández Rial despois de teren lido, e hoxe disfrutado
un pouco máis, o seu Bonus Track.
Non foron só letras sobre papel, foi navegar SOS, o mar, o
vento e mais nós; foi a música da Banda da Loba, de Narf, de Patti Smith... Foi
a lectura máis alá de rapazas e rapaces que se espían falando, a ruptura e o
pulso á conxugación das artes.
E cando a música repouse, entrará a literatura a bailar.
Grazas a Rosalía e noraboa á rapazada dos clubs de lectura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario