XANEIRO, MES DE CASTELAO
A
Biblioteca e o EDLG, coa axuda do alumnado de 3º de ESO, quixeron achegar a
figura de Castelao a toda a comunidade educativa.
Unha
serie de debuxos que os alumnos de 3º ESO B colocaron nun taboleiro do corredor
lembran a vertente artística dopolifacético rianxeiro, nado o 29 de xaneiro de
1886 e finado o 7 de xaneiro de 1950.
Por
outra banda, os de 3º A foron os encargados de darlles visibilidade ás obras do
autor coas que conta a Biblioteca, dispoñendo os libros no moble en que
habitualmente se expoñen as novidades.
Para
rematar, unha alumna de 3º C foi quen realizou o rótulo co nome da actividade: Xaneiro,
mes de Castelao.
Ningún comentario:
Publicar un comentario