O alumnado de Vilalonga asistiu a unha visita
didáctica ao centro de Confeccións Industriais de Pull & Bear, en Narón.
Acudiron os estudantes de 2º FP Básica Servizos Administrativos, 2º Ciclo Medio
de Xestión Administrativa e 2º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
A visita consistiu nunha viaxe pola empresa que
partía dende o laboratorio de ideas ata o paso final no que o produto sae cara
a clientela. O alumnado pasou polas diferentes seccións que compoñen a empresa:
Deseño, patronaxe, escaparatismo e tenda piloto, recursos humanos, comercio
electrónico, apertura de novos mercados, centro loxístico…
Ningún comentario:
Publicar un comentario