Regueifando con Josiño da Teixeira


Un ano máis desfrutamos coa arte de regueifar que nos ensina Josiño da Teixeira, este xa sería o terceiro no que o seu obradoiro triunfa entre o alumnado de 2º de ESO, e tanto é así, que se nos queda moi curto.




Desigualdade de xénero na Arte


O alumnado da materia de Historia da Arte xunto coa súa profesora Mª Teresa Fidalgo baixaron a ver a exposición de "As mulleres na arte". Fixeron grupos de dous ou tres membros, e cada grupo leu un dos paneis. 

Os obxectivos eran:

  1. Fomentar a curiosidade e o interese do alumnado polas actividades realizadas no Centro.
  2. Formar sobre o papel da muller e a súa discriminación na Historia da Arte.
  3. Concienciar sobre a desigualdade de xénero a nivel histórico e na actualidade.
  4. Desenvolver capacidades como: a observación, a síntese, o compañeirismo e a expresión oral. 
O resultado foi positivo e enriquecedor. Fixemos unha clase diferente na que os protagonistas foron os alumn@s.


                         

Máis María Victoria Moreno

En  PRIMAVERAS DAS LETRAS temos unha serie de recursos para achegarnos á figura de MARÍA VICTORIA MORENO.



Lembremos que María Victoria Moreno foi profesora no noso centro desde o ano 1986 até o ano 1990.

CONFERENCIA 2º DE BACHARELATO


O xoves 15 de marzo tivemos a sorte de contar coa historiadora e profesora de Historia da Arte  do IES Asorey de Cambados, Maribel Iglesias Baldonedo. A charla titulábase: "Ramón Cabanillas e Francisco Asorey, vidas paralelas". Presentounos unha visión global da época en que estes autores viviron, facendo referencia ao Modernismo como movemento artístico-cultural dese momento (1º terzo do século XX). Despois centrouse na obra de ambos autores: poesía e escultura.

Os obxectivos eran:

- Destacar  dúas figuras importantes da cultura galega e da contorna.

- Relacionalas entre si e coa súa época.

- Tratar de reflectir a través da súa obra a mentalidade de principios de século en Galicia.

- Valorar o noso patrimonio literario e artístico.



Para aqueles membros da comunidade escolar que queiran achegarse á figura de Ramón Cabanillas, recomendamos, aproveitando a ocasión, o libro de Maribel Iglesias, xa que tivo a ben visitarnos.  A súa é unha obra especialmente interesante grazas ás imaxes coas que percorre a vida e a obra do noso poeta cambadés.



OS PERIGOS EN INTERNET


 O día 15 de marzo de 2018 tivo lugar no IES deVilalonga unha conferencia organizada polo Departamento de Orientación, nela a Garda Civil espuxo os riscos aos que nos enfrontamos, sen darnos conta, cando usamos internet. O alumnado asistente foi  primeiro de Fp básica de Administrativo e de Mecánica,quenes manifestaron, tras a mesma, que lles resultou interesante e instructiva. Os obxectivos eran:
  1. Dar a coñecer os riscos en internet.
  2. Concienciar ao alumnado da necesidade de protección das súas actividades en internet.
  3. Intertar explicar que todo o que colguen ou publiquen queda exposto a todo o mundo se non se toman precaucións.
  4. Dar a coñecer a abundante delincuencia que circula polas redes a espera de posibles vítimas.
  5. Previr das posibles consecuencias dun uso inadecuado das mesmas. 

8 de marzo Día da Muller


Recordamos o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, con distintas actividades. Os días anteriores a Biblioteca preparou unha exposición sobre mulleres importantes na historia  en diferentes campos : matemáticas, astronomía, física, filosofía, etc. empregamos para a mesma unha serie de carteis enviados pola Xunta de Galicia.


Un grupo de alumn@s de 2º de bachiller e profesoras fixeron pancartas con lemas relacionados con este evento e lazos morados para a comunidade escolar:


Na pantalla da entrada do Edificio 1 proxectamos vídeos sobre igualdade, enviados pola Xunta de Galicia e outras institucións: Ministerio de Educación, Centros escolares, etc.


O día 8 de marzo fixemos unha concentración na entrada do IES a favor da igualdade de xénero, durante a mesma lemos un manifesto sobre as peticións dos diferentes colectivos neste día (sindicatos, partidos políticos, asociacións feministas, etc.)


VIAXE A VILAGARCÍA, 1 DE MARZO 2018




Memoria da representación das NOVELAS EJEMPLARES, La ilustre fregona y La Gitanilla.
O xoves  1 de Marzo  de 2018, asistiu o alumnado de 3º ESO e de 1ºBacharelato ó Auditorio de Vilagarcía de Arousa ás 11.30 do que saíu ás 13.20. Foron acompañados polos profesores Vicente Grandal, Carmen de la Maza, Manuel Radío e Ana Blanco.
A representación foi ben acollida, a obra agrupou -baixo o fío da figura de tres pícaros- a presentación das novelas La Gitanilla e La ilustre fregona;  houbo un pequeno coloquio ó final onde os chavales puideron resolver pequenas cuestións e aclaracións ós actores.
O número de alumnos que participou desta actividade foi de 124, para o que se necesitaron  tres autobuses.
Vilalonga, 2 de marzo de 2018

Ana Blanco Esteban, xefa do departamento de lingua castelá e literatura.

SAÍDA DIDÁCTICA A SIRADELLA


O martes día 20 de febreiro de 2018 o alumnado de 1º da ESO tiveron unha excursión, organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Visitaron o Centro de interpretación da Naturaleza de o Monte Siradella (O Grove).Os obxectivos eran:
  1. Que o alumnado coñeza e repecte o seu entorno.
  2. Que valoren a natureza e tomen conciencia da importancia da mesma para a vida.
  3. Que sepan distinguir as áreas protexidas da súa contorna.
  4. Pasar un día xuntos nun espazo diferente e divertido.
  5. Aprender a aprender no medio natural.
  6. Reforzar valores como: o respecto, o compañeirismo, a educación, etc.

Santiago Lopo sempre é ben recibido entre o noso alumnado.



Santiago Lopo visitou o noso centro o pasado 22 de febreiro para realizar un relatorio sobre varios dos seus libros con distintos grupos do noso alumnado.



Co alumnado de 2º de bacharelato a charla tratou sobre a súa novela "A diagonal dos tolos", foron moitas e moi interesantes as preguntas que tiñan para esta novela que foi Premio de Narrativa Curta de Repsol, explicoulles como coñeceu a illa da Reunión in situ e algúns detalles da carreira que se describe na obra.

Con 1º de bacharelato charlou sobre "Peaxes" e co alumnado de 1º de ESO sobre "Game over"


"O Billar dos prexuízos lingüísticos"



Os alumnos de 2º de bacharelato B: Alfonso Bea, Pablo Lorenzo, Javier Otero e Alberto R. Torres realizaron este vídeo no primeiro trimestre sobre os prexuízos lingüísticos que afectan á lingua galega para a materia de lingua e literatura galega. 

Esperamos que vos guste.